Bases do XXXVIII Premio Xerais de novela
Bases do XIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil
Bases do XXXVI Premio Merlín de Literatura Infantil
II Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV 21): programa previsto para os 27 e 28 de marzo
A Insua dos Poetas, O Carballiño: Xela Arias en liberdade: auga, árbores, palabras…
“Vivimos no medio do mar”
Desde Radiofusión:
“Edicións Xerais vén de reeditar o libro de Xurxo Souto O retorno dos homes mariños de 1999, vinte anos despois. Unha ocasión perfecta para falarmos de historias do mar recollidas neste libro e noutros como Contos do mar de Irlanda e o último A gran travesía de Chiruca Macallás. Para falarmos con el das personaxes que manteñen vivas esas historias, entre reais e mitolóxicas, que logo el verque no seu quefacer musical, radiofónico ou literario. Os seus informadores xorden por todas partes, mesmo en Fene, de onde saíu a historia de Cociña, o seu acordeón e o azafrán que escondeu dentro del mentres navegaba e cantaba en pleno océano Atlántico, rumbo á Arxentina.
Xurxo Souto sabe tanto do mar que o converteu na súa obsesión literaria desde que publicara O retorno dos homes mariños hai vinte anos, a súa obra iniciática. Explica o autor coruñés que na escola nunca nos falaron do mar e iso que vivimos onde vivimos, rodeados de mar. Como dixo Steffan Morling: “Non vivimos na fin da terra. Nós vivimos no centro do mar”. A tradición oral sobre o mar é inmensa, e queda moito por contar. Xurso Souto aproveitou o regalo de tempo que lle deixou a pandemia para seguir indagando nestas historias a cabalo entre o real e o mítico, tal e como ocorreron, ou como nos contan que ocorreron. Despedímolo co berro Medre o mar!.
A entrevista pode escoitarse aquí.”