Salvaterra: 35 Festival da Poesia no Condado

A Coruña: actividades do 6 de agosto na Feira do Libro 2023

Ponteareas: actividades do 15 de xullo da Feira do Libro 2023

Ponteareas: actividades do 13 de xullo da Feira do Libro 2023

Andreia Costas: “Estar do lado dos gañadores é fácil, o difícil é estar aos outros lados”

Entrevista a Andreia Costas no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Tempo é vida e a vida vive dentro da rebelión, e da ferida”, son versos que agroman nas primeiras páxinas deste libro, Magnolia punk e outras arritmias, de Andreia Costas. Poemas que latexan como a vida mesma. A vida que vive dentro da rebelión e da ferida provocános a arritmia das emocións e Andreia Costas non as disimula, máis ben traza músicas novas con elas. A entrevista pode verse aquí.”

Vigo: actividades do 26 de xuño da Feira do Libro 2023

Redondela: actividades do 18 de xuño da Feira do Libro 2023

Ourense: actividades do 7 de xuño da Feira do Libro 2023

Coñécense os relatos gañadores da 11ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz

Xa temos os relatos gañadores da 11ª edición do Concurso de micro-relatos OZOCOgz.
Unha vez lidos a totalidade das achegas presentadas a concurso pol@s membros do xurado resultou gañador o micro-relato BOTINAS DE AGASALHO, presentado co seudónimo “Catro pelos”, baixo o que se agochaba o nome de Andreia Costas.
Resultou finalista o micro-relato VERDE, presentado co seudónimo “Ulex”, baixo o que se agochaba o nome de María Berini Pita da Veiga.
Parabéns ás gañadoras!!!!!

******************************************************

MICRO-RELATO GAÑADOR
BOTINAS DE AGASALHO
Por: Andreia Costas
“Acarinho os delicados peúgos de perlé branco pola derradeira. Anunciara tamén o berce, o carro de paseo e ata cueiros de linho en artigos de segunda man. Deseguida chegou a primeira notificación ao celular:
–Ola, son Ximena, temos interese na oferta do cenmilcousas.
–… (icona polgar)
–Estamos grávidas a preparar un parto primíparo
–… (icona trevo de catro follas)
Na paupérrima carencia ofrécese e véndese de todo. Disque é o dano colateral da crise sanitaria sumado ao conflito na Ucraína. Sempre usan eufemismos. De súpeto, a “nova normalidade” é vivir no gume da navalla da miseria. O desolador panorama rouba a maternidade de mil ventres a latexar por amor. Renuncio a ser nai. Mais os calcetíns de gancho, feitos a man, serán agasallo para outra criatura. Descúlpame mamá por deixarte sen neta.
Mándolle a Ximena a localización Google e a foto dos peúgos.”

****

MICRO-RELATO FINALISTA
Por: Maria Bepe
“Remexendo entre caixas de roupa vella, Antía narra as vantaxes daquela app diante da súa nai, que escoita queda xunto á porta. «Facer limpeza, uns aforriños para caprichos, loitar contra a industria téxtil, capitalista e antiecolóxica.» Discurso ben xeitoso: tecnoloxía para unha economía circular, o triunfo do erre de reempregar.
App cool, moderna, consciente. Esquecendo que nalgures rempregar nunca foi opción cool, moderna, consciente,
senón necesidade.
Nas caixas, moitas prendas eran de cor verde. A Antía sempre lle gustara. Verde eran na súa nenez as ras de peluche e o plastidecor co que pintaba paisaxes bucólicas de árbores, regatos e paxariños.
Bucólicas paisaxes nun futuro pintadas sen árbores, regatos nin paxariños,
mais con moitos eólicos.
A mais de 2000 km de distancia da casa de Antía, no Sahara occidental, reempregar sustenta existencias e de certo non gusta un verde tinguido da palabra INVASIÓN.
Na Galicia,
no Sahara,
agroman conflitos.”