Compostela: 1º Encontro da edición galega e portuguesa, o 25 de setembro

O Galeusca de Editoras demanda máis investimentos públicos para o sector e a implicación de industria e comercio

Desde a Asociación Galega de Editoras:
“Galicia acolleu o encontro Galeusca de editoras, no que participaron 25 empresas editoriais pertencentes ás asociacións de Galicia, País Vasco, Cataluña e Valencia. Estes encontros, celebrados na Fundación Seoane da Coruña durante os días 13 a 15 de xuño, consolídanse despois de 16 edicións bianuais de reunións e debates conxuntos.
Organizado pola Asociación Galega de Editoras en colaboración coa Asociación de Editores en Lingua Vasca (Euskal Editoreen Elkartea), a Associació d´Editors en Llengua Catalana e a Associació d’Editors del País Valencià, o Galeusca 2018 demanda ás respectivas administracións implementar e cumprir cos plans integrais de fomento da lectura acordados co sector. Para as editoras e os editores que formaron parte deste encontro é fundamental a discriminación positiva de investimentos estatais con respecto ás linguas do territorio Galeusca.
De igual xeito, as/os representantes editoriais presentes na cita apelan a corrixir as desigualdades de xénero que aínda existen no sector e manifestan a preocupación polos ataques cometidos á liberdade de expresión.
Na súa benvida ás editoras presentes, o presidente da AGE, Xosé Ballesteros, manifestou que “nós, editoras e editores en linguas minorizadas, non desprezamos ningunha lingua, nin dentro das fronteiras do Estado español, nin fóra del. Porque desexamos enriquecer a lingua na que falamos, pero tamén as linguas coas que convivimos, establecer pontes, superar barreiras e fronteiras”.

CONCLUSIÓNS GALEUSCA DE EDITORAS 2018
– Manifestamos a vontade de ampliar e consolidar liñas transversais de colaboración en defensa das linguas nacionais.
– Consideramos que o apoio á cultura non é unha subvención senón un investimento.
– Esiximos, como industrias editoriais, un significativo incremento de investimentos públicos para o sector do libro, coa necesaria implicación dos departamentos de Cultura, Industria e Comercio.
– Constatamos a necesidade de que os respectivos gobernos nacionais se coordinen para establecer políticas conxuntas na defensa das respectivas linguas.
– Demandamos a discriminación positiva de investimentos estatais con respecto ás linguas do territorio Galeusca, garantes da diversidade lingüística.
– Reiterámonos na necesidade da implementación e cumprimento de plans de lectura acordados co sector, con suficiente dotación económica para levalos a cabo.
– Apostamos pola internacionalización das obras dos nosos creadores como mellores embaixadores da nosa literatura.
– Destacamos o traballo e a responsabilidade das mulleres no sector editorial e apelamos a corrixir as desigualdades de xénero que aínda existen.
– Manifestamos a nosa preocupación ante os ataques cometidos por parte dos poderes do Estado contra a liberdade de expresión.

Estas conclusións seranlles trasladadas aos respectivos gobernos nacionais e estatal.”

A Coruña: Encontro Galeusca de Editoras 2018

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (VIII)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

– Premio na categoría de Teatro: Río Bravo, de Chévere (Kalandraka Editora):

– Premio na categoría de Narrativa: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Edicións Xerais de Galicia).

– Premio na categoría de Poesía: Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (VII)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

– Premio á Iniciativa bibliográfica: Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).

– Premio na categoria de Banda deseñada: Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).

– Premio ao Libro mellor editado: Lumes, de Ismael Ramos (Apiario).

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (VI)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións nos premios ás seguintes traxectorias:

– Premio á Iniciativa cultural ou de fomento da lectura: Viñetas desde o Atlántico.

– Premio ao Proxecto literario na rede: Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/

– Xornalismo Cultural: Ana Romaní

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (V)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

– Premio na categoría de Literatura Infantil: A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia):

– Premio na categoría de Literatura Xuvenil: Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia):

– Premio na categoría de Libro ilustrado: Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora):

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (IV)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

– Premio na categoría de Ensaio: Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa (Edicións Laiovento):

– Premio de Tradución: Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).

– Premio á Obra de Divulgación: Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño (Edicións Xerais de Galicia).

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (III)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

– Premio Honorífico á Edición: Xavier Senín:

– Premio Honorífico á Libraría: Xurxo Patiño, de Librouro:

Xosé Ballesteros: “Publicar para a infancia tamén supón opcións políticas e ideolóxicas”

Entrevista de Daniel Salgado a Xosé Ballesteros en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Segue a haber prexuízos contra a literatura infantil?
– Xosé Ballesteros (XB): Iso é como se alguén di que a educación infantil é algo menor, cando está comprobado que a base da cultura dunha persoa e da súa capacidade de desenvolvemento psicolóxico integral ten que ver con como te educan nos primeiros anos da túa vida. A literatura infantil é algo menor, por que? Todos temos lecturas de cando eramos nenos, e a nosa cultura ten unha base que son as lecturas que fixemos de pequenos. Se ti de rapaz tes acceso a grandes obras da literatura pensadas para a idade psicolóxica na que vives, e vante acompañando e tes posibilidades mesmo de escoitar música e ter unha formación musical artística, teatral… Se desde pequeno van cultivándote como se cultiva unha planta ou unha árbore, terás unha vida moito máis rica que se estás todo o día diante dun televisor mirando programas lixo. O que si me preocupa é a pouca visibilidade da literatura infantil nos medios. Aí si que hai prexuízos.
– SG: A literatura infantil como rama menor da cultura.
– XB: Nós somos editores e buscamos a calidade literaria e plástica. Non só para os nenos. Cando publicamos para adultos, cando publicamos a biblioteca de pedagoxía, cando publicamos teatro, queremos publicar o mellor dentro das nosas posibilidades. Hai outras editoras, e non estou pensando nas galegas que abondo teñen con existir, no Estado español que publican Cuentos tradicionales para niños de seis años, color azul; Cuentos tradicionales para niñas de seis años, color rosa. É un mundo complexo e hai xente que publica para nenos e só lles interesa o consumo. E hai outros que queremos publicar non só para o lecer senón para contribuír á evolución integral da persoa. Non chegamos aquí da nada. Temos referentes. E somos un proxecto que sabemos que existe Rodari e a súa Gramática da fantasía, pero tamén sabemos que existiron as Misións Pedagóxicas, a Institución Libre de Enseñanza, os mestres republicanos represaliados. Considerámonos herdeiros deses movementos da escola máis renovadora e de editoras como Felicidad Orquín ou a propia Esther Tusquets. Como di Orquín, ela decidiu ser editora como opción política. Nós seguímolo tendo claro. Publicamos libros e temos claro que publicar para a infancia tamén supón opcións políticas e ideolóxicas. E asumimos esa función social e transformadora. (…)”