“Recital poético e de textos arredor de Luísa Villalta, dentro do ciclo de actividades As Chaves do Tempo. Interveñen Nacho Pena Maceda, Cesáreo Sánchez, María Xosé Bravo, Beatriz Maceda, Chisco Fernández Naval, Dores Tembrás, Eli Ríos, Lino Braxe, Marica Campo, Olga Patiño, Xavier Seoane, Xulio Valcárcel. Inclúese unha montaxe sonora con texto de Xavier Campos, poesía de Luísa Villalta, locución de Eva Vieites e idea de Clara Soler. Foi celebrado no Monty da Coruña, o 25 de novembro de 2017.”
Arquivos da etiqueta: Beatriz Maceda Abeleira
Vídeo da presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán na Coruña
Ourense: presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda
O xoves 14 de decembro, ás 19:00 horas, en El Cercano (Rúa Cardeal Quevedo, 20), en Ourense, preséntase Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda Abeleira, publicada por Trifolium. A autora estará acompañada por Xián Bobillo e Xan Arias.
A Coruña: presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda
O xoves 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32, baixo), na Coruña, preséntase Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda Abeleira, publicada por Trifolium. A autora estará acompañada por Emma Pedreira.
Entrevista a Beatriz Maceda sobre Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán
Desde Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Entrevista a Beatriz Maceda, autora do libro Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán. Pode escoitarse aquí.”
A Coruña: presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda Abeleira
A Coruña: presentación do número 4 da revista O Dez
O luns 25 de setembro, ás 20:15 horas, na Libraría Sisargas da Coruña (Rúa San Roque, 7), preséntase número 4 da revista O Dez. No acto participan Lino Braxe, Beatriz Maceda e Óscar Losada, editor e director da revista. Neste número da revista, co tema de portada “O meu ídolo futbolístico”, participan Lino Braxe, Ledicia Costas, Xabier P. DoCampo, Pedro Feijoo, Beatriz Maceda, Carlos Meixide, Eduardo Sacheri e Manuel Seixas. Nas ilustracións participan Walter Artola, CaricaTorres, Artur Cousiño, Daniel Diebold, Xulia Pisón e Santy Gutiérrez.
Entrevista a Beatriz Maceda no Diario Cultural
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Beatriz Maceda Abeleira fala da súa novela Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, publicada por Trifolium. Pode accederse aquí.”