Bonito pra chover 2025. Festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela

A AELG colabora co Bonito pra chover, contando co apoio de CEDRO.

Bonito pra chover é un Festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela, con diversas actividades que terán lugar durante o mes de outubro de 2025.

Do 20 ao 26 de outubro de 2025 Santiago acollerá a fusión de culturas galega e brasileira: o II Festival Bonito Pra Chover. O festival é unha homenaxe a Galiza, adoptada como casa propia. O presente a compartir será a arte que desborda o Brasil chegando á Galicia. Como na primeira edición no 2024, en outubro Compostela vai ter chuvia de poesía, música, cine, imaxes diversas, sabores e encontros que o Bonito Pra Chover traerá á cidade. O festival rende homenaxe á riqueza cultural que entrelaza acentos e historias das dúas bandas do océano. Bonito Pra Chover reflicte esta pluralidade. En 2024 estiveron presentes distintos estados do Brasil: Ceará, Roraima, Rio de Janeiro e Tocantins. Nesa segunda edición, ampliamos e a maiores recibimos representantes de Bahia e Minas Gerais. O Bonito Pra Chover trae a Galicia un Brasil que non se ve nos titulares, senón que pulsa en cada recuncho, coas súas cores, voces e sabores. Serán distintas expresións e ámbitos culturais, dende a música á poesía ou o cinema, nesa semana iremos cantar, bailar, recitar e ver o cinema brasileiro. Tamén provaremos a súa gastronomía, compartindo coa Galicia un Brasil diverso. Así que agardamos encher Santiago de arte para mergullalo nos matices culturais do Brasil. Máis que un evento, Bonito Pra Chover é unha oportunidade para coñecer. Unha invitación ao intercambio entre culturas irmás, un abrazo cálido que estende as mans de Galiza ao Brasil e viceversa. O programa variado e atractivo trae unha axenda inescusable para quen queira sentir, escoitar e degustar esta unión cultural. Estamos seguros de que cada evento ha ser unha celebración dese encontro feito de artistas, pobos e desexos.

Programación:

– 21 e 22 de outubro II Mostra de Cinema Brasileiro en Santiago de Compostela. Proxección das películas: Corisco e Dadá, Mãe e Filha, Pequenos Guerreiros, e Mais pesado é o céu. Lugar: Museo das Peregrinacións de Santiago. Organizado en colaboración co Siará+, primeiro streaming dedicado ao audiovisual cearense, iniciativa da Secretaria da Cultura do Ceará (Secult), Cineteatro São Luiz e Instituto Dragão do Mar (IDM), co apoio técnico e de licenciamento do Instituto Tamanduá Synapse Cultural.

– 23 de outubro Recital poético-musical na Casa do Taberneiro. Horario: 18:00. Recital poético: Cesáreo Sánchez Iglesias, Diana Kurich e Luiza Fernandes. Participación musical: Bartira Fortes, Léo Pinheiro e Viny Brasil. Organizado en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), co apoio de CEDRO.

– 24 de outubro Concertos de Bartira Fortes e de Viny Brasil. Lugar: Sala Moon. Horario: a partir das 21:00 horas.

– 26 de outubro Concerto de Léo Pinheiro. Lugar: Sala Moon. Horario: a partir das 19:00 horas.

– Do 20 de outubro ao 26 de outubro. Rota de tapas brasileiras nos restaurantes: TS A Casa, O Dezaseis e O Piorno.

Para máis detalles sobre o evento, horario completo e información adicional sobre os artistas, visite a web e siga o Instagram.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora no recital poético-musical que terá lugar o 23 de outubro de 2025, ás 18:00 horas, na Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade.

O programa previsto é o seguinte:

Leituras de textos do poeta brasileiro Eliakin Rufino: Cesáreo Sánchez Iglesias Diana Kurich Luiza Fernandes

– Música ao vivo con: Bartira Fortes Léo Pinheiro Viny Brasil

O resto de actividades do Festival poden consultarse nesta ligazón.

Bonito pra chover 2025. Festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela. Recital poético-musical, o 23 de outubro

A AELG colabora co Bonito pra chover, contando co apoio de CEDRO.

Bonito pra chover é un Festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela, con diversas actividades que terán lugar durante o mes de outubro de 2025.

Do 20 ao 26 de outubro de 2025 Santiago acollerá a fusión de culturas galega e brasileira: o II Festival Bonito Pra Chover. O festival é unha homenaxe a Galiza, adoptada como casa propia. O presente a compartir será a arte que desborda o Brasil chegando á Galicia. Como na primeira edición no 2024, en outubro Compostela vai ter chuvia de poesía, música, cine, imaxes diversas, sabores e encontros que o Bonito Pra Chover traerá á cidade. O festival rende homenaxe á riqueza cultural que entrelaza acentos e historias das dúas bandas do océano. Bonito Pra Chover reflicte esta pluralidade. En 2024 estiveron presentes distintos estados do Brasil: Ceará, Roraima, Rio de Janeiro e Tocantins. Nesa segunda edición, ampliamos e a maiores recibimos representantes de Bahia e Minas Gerais. O Bonito Pra Chover trae a Galicia un Brasil que non se ve nos titulares, senón que pulsa en cada recuncho, coas súas cores, voces e sabores. Serán distintas expresións e ámbitos culturais, dende a música á poesía ou o cinema, nesa semana iremos cantar, bailar, recitar e ver o cinema brasileiro. Tamén provaremos a súa gastronomía, compartindo coa Galicia un Brasil diverso. Así que agardamos encher Santiago de arte para mergullalo nos matices culturais do Brasil. Máis que un evento, Bonito Pra Chover é unha oportunidade para coñecer. Unha invitación ao intercambio entre culturas irmás, un abrazo cálido que estende as mans de Galiza ao Brasil e viceversa. O programa variado e atractivo trae unha axenda inescusable para quen queira sentir, escoitar e degustar esta unión cultural. Estamos seguros de que cada evento ha ser unha celebración dese encontro feito de artistas, pobos e desexos.

Para máis detalles sobre o evento, horario completo e información adicional sobre os artistas, visite a web e siga o Instagram.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora no recital poético-musical que terá lugar o 23 de outubro de 2025, ás 18:00 horas, na Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade.

O programa previsto é o seguinte:

Leituras de textos do poeta brasileiro Eliakin Rufino: Cesáreo Sánchez Iglesias Diana Kurich Luiza Fernandes

– Música ao vivo con: Bartira Fortes Léo Pinheiro Viny Brasil

O resto de actividades do Festival poden consultarse nesta ligazón.

Compostela: Festival de Filosofía de Galicia. Sexo e filosofía

Máis información e inscrición aquí.

Salvaterra: 36º Festival da Poesia no Condado

Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (V)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Poesía e lingua:

Por último, publicamos tamén hoxe o vídeo do recital poético que clausurou esta actividade:

Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (IV)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Poesía. Unha visión de xénero e identidades:

Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (III)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Internacionalización da poesía galega e diálogo con outros sistemas poéticos:

Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (II)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Edición, profesionalización. Novos camiños?:

Crónica videográfica do Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía 2023 (I)


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o IX Congreso de Poesía Nova. Novas Voces da Poesía, co apoio da Deputación da Coruña e CEDRO, 24 e 25 de novembro de 2023, no Pazo de Mariñán (Bergondo).

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe o vídeo da mesa Os novos públicos da poesía e vínculos con outras artes e soportes: