Arquivos da etiqueta: Emma Pedreira
Xosé Daniel Costas Currás gaña o X Premio de Poesía Novacaixagalicia, coa obra Monicreques
“A X edición do Premio de Poesía Novacaixagalicia, que organiza a Fundación Novacaixagalicia en colaboración co Centro PEN de Galicia, foi para Xosé Daniel Costas Currás. O poeta, nado en Moaña en 1981, impúxose entre os 71 participantes coa obra Monicreques. O xurado destacou “a aposta arriscada por unha estrutura autenticamente novidosa, a teatralidade da mesma, un ritmo e unha musicalidade singulares e unha plasticidade que vai máis alá das imaxes e cromías para construír un mundo poético e pletórico de modernidade, que non por iso deixa de lado a tradición”. Costas levará 12.000 euros e verá publicado o seu traballo na colección Arte de trobar. O presidente do Centro PEN, Luís González Tosar, Emma Pedreira, Ana Salgado, Edelmiro Vázquez Naval, Antón Pulido e Xabier Castro Martínez foron os compoñentes do xurado.” Vía Cultura Galega e Fundación Novacaixagalicia. Recollido tamén en La Voz de Galicia.
Santiago: recital-presentación dos Libros de Caldeirón
O venres 25 de novembro
, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, continúa a xeira de presentacións e recitais poéticos de Os libros de Caldeirón, coa participación de Eduardo Estévez (rúa da cancela), Emma Pedreira (Xoguetes póstumos) e Antonio García Teijeiro (Arredor do teu corpo).
A Coruña: recital poético coordinado por Emma Pedreira e Teresa Seara
O venres 11 de
novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), terá lugar un recital coa participación de 11 poetas, coordinado por Emma Pedreira e Teresa Seara, a quen lle agradecemos a súa información.
Vigo: Mesa redonda de poesía, no VI Ciclo Escritoras/es na Universidade
O xoves 20 de outubro, ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, continúa o VI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, baixo o lema Literatura galega hoxe (alba de gloria ou solpor dos deuses): poesía, narrativa, teatro. Os escritores/as perante a crise, cunha Mesa redonda de poesía, coa participación de Marga do Val e Emma Pedreira, presentadas por Anxo Angueira.
VI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, organiza o VI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, que chega á súa sexta edición, desta volta co lema Literatura galega hoxe (alba de gloria ou solpor dos deuses): poesía, narrativa, teatro. Os escritores/as perante a crise. Os/as autores/as falarán da súa obra persoal e as súas expectativas perante a grande crise (galega, española, europea; literaria, social, de comunicación, de visibilidade…, etc.) na que estamos e como saír dela. Os actos celebraranse no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, ás 12:00 horas. O programa é o seguinte:
– Xoves 6 de outubro. Mesa redonda de narrativa. Marilar Aleixandre e Bieito Iglesias. Presenta Camiño Noia.
– Xoves 20 de outubro. Mesa redonda de poesía. Marga do Val e Emma Pedreira. Presenta Anxo Angueira.
– Xoves 3 de novembro. Mesa redonda de teatro. Afonso Becerra e Quico Cadaval. Presenta Manuel Forcadela.
A Coruña: entrega do IX Premio de Poesía Novacaixagalicia a Emma Pedreira, e recital poético
O mércores 29 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro Social Novacaixagalicia (Avenida da Mariña, s/n.) da Coruña, terá lugar o acto de entrega do IX Premio de Poesía Novacaixagalicia a Emma Pedreira, tras o que a autora recitará poemas do libro premiado Antítese da ruína.
Santiago: recital poético Expulsadas do Parnaso
O venres 17 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes (Rúa Manuel Beiras, 3) de Santiago de Compostela, terá lugar o recital poético Expulsadas do Parnaso, coa participación de Andrea Nunes Brións e Raquel Rei (As Candogas do Quirombo), Ania González, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Ledicia Costas Álvarez, Olalla Cociña, Dores Tembrás, Raquel Rei e Teófila Noemí Ruiz. Segundo comentan os seus promotores: “Poetas de diferentes xeracións e estéticas reúnense co público nunha escoita e espazo non convencionais. Voz, xesto e audiovisuais achegarán a obra destas mulleres que comparten a palabra como canle para dicir pero de xeitos moi diversos”. O acto enmárcase nas xornadas Que ves cando me ves?, que buscan visibilizar e dar voz á muller na produción cultural galega, e promover a reflexión crítica da cidadanía. As xornadas continuarán o sábado 18 coa celebración dun evento central, entre as 11:00 e as 14:30 h., nunha carpa na praza Roxa de Santiago onde se fará estampación en directo de mandís e bolsas da compra con lemas e motivos que traerán a Santiago o espírito do maio francés. Alí haberá tamén contacontos, stands de revistas e editoriais e outros espectáculos sempre abertos á participación do público. Ese mesma mañá o Colectivo Artístico 20 65 levará a cabo unha instalación-performance coa colocación de 300 globos no chan que o público axudará a liberar, unha metáfora do teito de cristal que obstaculiza a ascensión das mulleres nos seus proxectos persoais e profesionais.
Emma Pedreira: “A actitude contra o galego é tan humillante como a de pegar sorrindo”
Carral: entrega do premio de poesía Concello de Carral a Emma Pedreira, e presentación de As crebas, de Miro Villar
O venres
27 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Carral, entregarase o premio da 13ª edición do Certame de Poesía Concello de Carral a Emma Pedreira, polo seu Libro das mentiras, e preséntase o poemario gañador da anterior edición, As crebas, de Miro Villar, publicado en Espiral Maior. Pechará o acto unha actuación poético-musical de Iulius XIII, con poemas de Eli Ríos, Lois Pereiro e Emma Pedreira.