Entrevista
a Marcos Calveiro en Atlántico Diario, desde Xerais:
“Marcos Calveiro é xa un nome ben coñecido dentro da literatora xuvenil e tamén de adultos. “Eu non distingo cando fago unha novela a que público vai dirixida”, confesa este autor vilagarciano, aínda que afincado dende a súa infancia en Vigo. Gañador de numerosos premios (entre outros, foi Premio da Crítica 2008) só lle faltaba nos seus andeis o Premio Merlin, que outorga Xerais, o máximo galardón para un señor galego de literatura xuvenil, e que lle foi entregado o pasado sábado en San Simón. A obra premiada, Palabras de auga, traslada ao lector cara ao interior da África máis profunda. O escritor confía en vela publicada, como libro ilustrado, o vindeiro mes de setembro.
– Atlántico Diario: Que é Palabras de auga?
– Marcos Calveiro: O título é unha pequena imaxe poética, unba metáfora, porque trata dunha tribo nun lugar indeterminado de África que está no medio da sabana, no medio das secas, esfameada, fuxindo das guerillas, da violencia e da fame. Palabras de auga alude a iso, a que non teñen auga. Alude a unha situación desesperada na que teñen que buscar o alimento mentres agardan a que o chamán reciba a inspiración dos deuses e decida sobre o seu futuro. A historia narra, en capítulos alternos e a través de flashbacks, como chegaron ata ese momento, todo visto polos ollos de un neno de once anos que se chama Amadou.”
Arquivos da etiqueta: Marcos Calveiro
Discurso de Marcos Calveiro na entrega do Premio Merlín 2012
Marcos Calveiro: “Amancio Ortega non é exemplo ético de nada. Quen teña cartos que faga algo polo país!”
Entrevista
a Marcos Calveiro en Dioivo:
“(…) – Dioivo (D): Voulle facer unha pregunta tan típica como reiterada. A literatura infantil e xuvenil segue a ter unha inxusta consideración dentro do canon literario?
– Marcos Calveiro (MC): Pese a figuras como Agustín Fernández Paz ou Xabier P.DoCampo, segue a ter unha consideración menor. E iso que no caso de Agustín… Agustín xa é unha figura que se sae do molde da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), xa é un exemplo ético e reivindicativo. Eu lémbrome que cando publicara Festina Lente, alguén me dixera: “Vaia, es escritor!” E xa levaba catro ou cinco novelas escritas! É dicir, a xente segue a ver a LIX coma unha literatura de segunda división. Para min é o contrario. A mellor literatura que se fai en Galicia agora mesmo é a LIX. Hai libros extraordinarios, con moitísimo máis nivel que moita da literatura para adultos. Supoño que ten moito que ver con que os medios poñen moito máis o foco na literatura de adultos. Pero realmente a LIX é a que está a formar lectores, a que máis vende e a que máis traducións ten no mundo adiante. En fin, a min tanto me ten. Eu non escribo un libro pensando se vai ir a unha colección infantil, adolescente ou de adultos. (…)
– D: Por que Calveiro escribe novelas afastadas no tempo e na xeografía? Non lle atraen as novelas ambientadas na Galicia contemporánea, por exemplo?
– MC: Non é algo intencionado. A min préndenme historias na cabeza e acaban saíndo sen máis. Situándote nese tipo de historias, afastadas no tempo e na distancia, tes máis facilidade de narrar, de fabular. A historia actual estase a contar na rede, nos xornais e penso que non se conta na literatura. Agora todo é moi inmediato. Hoxe hai un bombardeo constante e inmediato, iso non pasaba nin no século XIX nin no XX. Eu aprecio moito unha ferramenta tan instantánea como é twitter. Hai grandes reflexións nos tweets, pese a ser de 140 caracteres como máximo. Francamente, un tweet de 140 caracteres pode valer tanto coma unha novela. É unha ferramenta que pode captar a esencia do momento dun xeito incrible… Supoño que todo iso fai que fuxa un pouco da actualidade, pero non o fago dun xeito consciente. Iso non quita que mañá poida comezar a escribir unha novela do que está pasando en Vigo agora mesmo. (…)”.
Entrevista a Marcos Calveiro, gañador do Premio Merlín 2012
Coñécense os gañadores dos Premios Xerais 2012
“O
xurado da XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron corenta e dúas obras, formado por Ledicia Costas (escritora e secretaria de GALIX), Anxo Fariña (escritor, ilustrador e gañador do Premio Merlín 2011), Cristina Fernández Ameal (profesora), Silvestre Gómez Xurxo (escritor e mestre), Ánxeles Saco López (profesora) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar como finalistas as presentadas baixo os lemas Chaeira, Iris Hull e Palabras de auga. Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a obra presentada baixo o lema Palabras de auga, que, despois de aberta a plica, resultou ser de Marcos Calveiro e corresponde ao título Palabras de auga. Segundo os membros do xurado «os pulmóns de África respiran nas follas deste libro coa forza de todo o continente. A inclemencia do sol, a busca desesperada da auga, a sorte do alimento… E as mulleres, pedra angular das tribus africanas, e que nesta obra representan o sólido capaz sobre o cal descansa toda responsabilidade da supervivencia». «Cunha narración liviá entre a que se van entrelazando o galego e o suahili, o autor fai un impecable retrato do ser humano e do seu comportamento sometido a condicións extremas. O libro reborda lirismo e calidade literaria. É desas obras que emocionan, que conmoven, que cautivan». Por último, os membros do xurado, sinalaron que «Palabras de Auga é unha viaxe cara o interior da África máis pura. Pero tamén cara o interior do propio eu, e esta é unha singradura sen posible retorno».
O xurado da XXIX edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros e no que concorreron trinta e dúas obras formado por Xaime da Pena Ceide (avogado), Ernesto Sánchez Pombo (xornalista), María Xosé Porteiro (xornalista), Begoña Rodríguez Outeiro (profesora), Xoán Cruz (profesor) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar como finalistas as presentadas baixo os lemas Faneca brava, Ketos e Pouso da Arcai. Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade acordou declarar como gañadora a presentada baixo o lema Pouso da Arcai que, despois de aberta a plica, resultou ser de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, e corresponde ao título Tonas de laranxa. Os membros do xurado do Premio Xerais de novela 2012, no ditame que elaboraron sobre Tonas de laranxa salientaron que «sen menoscabo para as excelentes novelas presentadas a este premio, tivemos moi clara a escolla desde o primeiro momento, feito que deu como resultado unha rapida elección por unanimidade. Non hai dúbida de que os membros do xurado quedamos engaiolados polo sensitivo perfume a laranxa desta obra na que o lírico, o onírico e o simbólico se conxugan de xeito maxistral para dar lugar a unha novela fermosa». «A partir da recreación dun espazo imaxinario, marabilloso, que rende homenaxe á narrativa de Álvaro Cunqueiro, no lugar de Moreira, que é onde se desenvolve esta historia, vanse tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se introducen coma po nas nosas vidas e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmósfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo».”
Ourense: mesa redonda sobre novela histórica na Feira do Libro
Dentro
da XXVIII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o mércores 6 de xuño, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas, o luns 4 de xuño terá lugar unha mesa redonda ás 20:00 h. arredor do tema Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.
Santiago: actividades destacadas do 1 e 2 de maio na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h.
As actividades máis destacadas do martes 1 e mércores 2 de maio son as seguintes:
* Martes 1:
– 20:00 h. Mesa redonda: Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta. Ao final do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.
* Mércores 2:
– 18:30 h. Presentación do libro Por un común denominador. A esquerda da nación, de Martiño Noriega, publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Martiño Noriega e Manuel M. Barreiro.
– 19:00 h. Presentación do libro O silencio, de Mario Regueira, publicado por Xerais. Xunto co autor, participarán no acto Arturo Casas e Manuel Bragado.
– 20:00 h. Presentación de Dark butterfly de Rexina Vega. Intervirán: Armando Requeixo, Rosa Enríquez, Manuel Bragado e a autora
Ferrol: mesa redonda sobre Segredos da novela histórica, na Feira do Libro, o luns 23
O
luns 23 de abril, a partir das 20:30 horas, na Feira do Libro de Ferrol (no Cantón de Molíns), celebrarase unha mesa redonda baixo o título de Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta.
Vigo: presentación de Os fillos do mar, de Pedro Feijoo
O
mércores 18 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase a novela Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Marcos Calveiro, Manuel Bragado e Sergio Zearreta.
IX Curso de Formación Continua: Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes
A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora, mediante o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso de postgrao.
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas, diplomaturas e graos e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é NARRATIVAS XUVENÍS NO SÉCULO XXI (2000-2010). TENDENCIAS E CORRENTES.
– Directora: Blanca-Ana Roig Rechou, da Universidade de Santiago de Compostela.
– Coordinación e Secretaría: Marta Neira Rodríguez, da Universidade de Vigo, e Isabel Soto López, da Universidade de Santiago de Compostela.
– Carga lectiva e número de prazas: 60 horas (2 créditos de libre configuración, non acumulativos) para licenciaturas e diplomaturas. Número de prazas: 125.
– Datas de realización:
* Parte virtual: Do 28 de xuño ao 31 de xullo de 2012.
* Parte presencial: Do 4 ao 7 de setembro de 2012.
– Lugar:
* Parte virtual: Inauguración: 28 xuño de 2012, de 9:00-14:30 e 16:00 a 20:30 h. Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Salón de Graos.
* Parte presencial: Biblioteca NovaCaixaGalicia, Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16. 15701. Santiago de Compostela
– Requisitos de acceso: Profesionais do ensino, alumnado das facultades de Ciencias da Educación, da Comunicación, Xornalismo, Audiovisual, Publicidade), Maxisterio, Xeografía e Historia, Humanidades, Filoloxías, Tradución e Interpretación, profesionais de bibliotecas e calquera persoa interesada.
– Matrícula:
* Preinscrición: Ata o 30 de marzo de 2012.
* Formalización: Do 16 de abril ao 15 de xuño de 2012.
– Prezo e prazo de pagamento: 90 euros, nun único prazo para matrícula.
– Información:
* Biblioteca NovaCaixaGalicia. Telf. 981 59 34 67. Correo: bibliofundacion@caixagalicia.es
* Universidade de Vigo. Marta Neira Rodríguez. Correo: marta.neirarodriguez@ceu.es
* Universidade de Santiago. Blanca Roig. Correo: blanca.roig@usc.es ou na páxina do Centro de Posgrao.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Correo: oficina@aelg.org
– Organizan:
* Universidade de Santiago de Compostela.
* Departamento de Filoloxía Galega.
* Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
– Colaboran:
* Centro Ramón Piñeiro para Investigación en Humanidades (CRPIH).
* Biblioteca NovaCaixaGalicia.
* Edicións Xerais de Galicia.
* Rede temática As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano.
* Asociacións: ANILIJ e ELOS.
* Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes(CIPPCE)-USC.
Programa parte virtual:
1. As Literaturas Infantís e Xuvenís no marco ibérico. Bibliografía básica.
2. Narrativas xuvenís no século XXI (2000-2010). Tendencias e correntes.
2.1. Estudos teóricos.
2.2. Selección de obras para o mediador.
2.3. Comentarios de narrativas xuvenís.
3. Ferramentas de comunicación: foros, charlas e correo electrónico co alumnado e profesorado.
4. AVALIACIÓN a partir dun comentario sobre o material proporcionado (entregarase ao recoller o material do curso presencial).
Programa parte presencial:
Martes 4 de setembro:
– 09:00-10:00 h. Recollida de material.
– 10:00-11:00 h. Inauguración: Directora do curso e Director da Biblioteca NovaCaixaGalicia.
– 11:00-12:00 h. Informe sobre docencia e investigación 2011-2012 na LIX a partir dos Informes de Literatura (CRPIH): Carmen Ferreira Boo e Mar Fernández Vázquez (AELG/USC).
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-14:30 h. Os inicios da Literatura Xuvenil: Xosé Neira Vilas. Conversa con Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
– 16:00-18:00 h. A ficción científica: Ramón Caride e Anxo Fariña. Conversa con Isabel Mociño (AELG/USC).
– 18:00-18:30 h. Pausa.
– 18:30-20:30 h. Misterio e humor: Santiago Jaureguizar e Pepe Carballude. Conversa con Eulalia Agrelo (AELG/USC).
Mércores 5 de setembro
– 09:00-10:30 h. A tradución das narrativas xuvenís ao galego. Pilar Bendoiro (USC).
– 10:30-12:00 h. Técnicas tradutolóxicas nas narrativas xuvenís. Lourdes Lorenzo (UVigo).
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-14:30 h. Novela histórica e Guerra Civil: An Alfaya e Francisco Castro. Conversa con Marta Neira (AELG/UVigo.CEU).
– 16:00-18:30 h. Novas formas literarias: Rosa Aneiros e Marcos Calveiro. Conversa con Vanessa Ferreira da Silva (USC).
– 18:30-19:00 h. Pausa.
– 19:00-20:30 h. A construción literaria nas obras de Marilar Aleixandre e António Mota. Conversa con Ana Margarida Ramos (Universidade de Aveiro).
Xoves 6 de setembro
– 09:00-11:30 h. A ilustración destinada ao público xuvenil no proxecto de El Patito Editorial. Fausto Isorna e Gemma Sesar (El Patito Editorial).
– 11:30-12:00 h. Pausa.
– 12:00-14:30 h. A fotografía como ilustración para as narrativas xuvenís. José Mª Mesías (UdC).
– 16:00-17:45 h. Informes dos investigadores da Rede sobre a LX nos ámbitos castelán, catalán, galego, portugués, vasco e no ámbito iberoamericano. Conversa con Isabel Soto (AELG/USC) e Blanca-Ana Roig (AELG/USC).
– 17:45-18:15 h. Os novos portais da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes de autores de LIX: Agustín Fernández Paz (Galicia) e Ema Wolf (Arxentina). Ramón Llorens (Universitat d’Alacant).
– 18:15-18:30 h. Pausa.
– 18:30-20:30 h. Obradoiro de creación literaria. AELG.
Venres 7 de setembro
– 09:00-11:00 h. Contos do demo. Espectáculo de narración oral. Inacio.
– 11:00-12:00 h. Presentación do libro A narrativa xuvenil a debate (2000-2011). Manuel Bragado, Blanca-Ana Roig e Alexia Dotras.
– 12:00-12:30 h. Pausa.
– 12:30-13:30 h. Clausura.
– 13:30-14:30 h. Entrega de certificados de participación. Reitor ou representación, Director do Departamento de Filoloxía Galega, Presidente da AELG, Directora do curso.