Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022

A Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022 está organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia.

As gañadoras dos premios Follas Novas 2022 daranse a coñecer na gala a celebrar o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal de Compostela, unha celebración que, despois de dous anos, recupera o seu carácter presencial, pero continuará sendo emitida dixitalmente. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.

Os corenta e cinco finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso que se ampliou neste ano a catro fases, e que supón unha valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso consistiu nunha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras, que supuxo a selección de máis dun centenar de títulos entre os públicados ao longo de 2021. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron un total de noventa obras candidatas aos premios. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado seleccionou as obras finalistas por cada categoría. O proceso terá o seu cumio o vindeiro sábado, 7 de maio, co anuncio das obras, iniciativas e profesionais gañadoras. Nese día celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gala de entrega de premios que, despois de dous anos, recuperará o seu carácter presencial, aínda que manterá a súa emisión dixital desde Youtube, como se fixo nas edicións anteriores.

A gala dos premios estará presentada por AldaoLado coa súa mestura de poesía, humor e música. Tamén formarán parte da festa literaria o trío pontevedrés Peña, gañadores da última edición do premio Narf que organiza a Deputación da Coruña.

Premios honoríficos
Cada unha das tres asociacións organizadoras dos premios entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais. Os premios desta edición son para Xesús Alonso Montero, Mercedes Corbillón e Ana Luísa Amaral.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), é o Premio Honorífico da Edición da Asociación Galega de Editoras como filólogo, crítico literario, escritor, poeta, sociolingüista e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela. A AGE considera que Xesús Alonso Montero é unha figura fundamental na resistencia do libro galego durante a “longa noite de pedra” do franquismo e un incansable impulsor do seu novo rexurdimento trala chegada das liberdades.

Mercedes Corbillón, responsable da Librería Cronopios é a distinguida co premio que anualmente escolle a Federación de Librarías de Galicia. Segundo Ramón Domínguez, a escolla de Mercedes Corbillón como premiada débese a que “representa todo o que debe ser unha librería na actualidade tanto por actividades como pola interrelacións que consegue entre quen escribe e quen le”.

A AELG designa todos os anos un/ha escritor/a galego/a universal. Este ano, a designación correspondeu a Ana Luísa Amaral (Lisboa, 1956), poeta e profesora na Universidade do Porto, con áreas de estudo son as poéticas comparadas, feminismo e estudos queer. Segundo a poeta Marta Dacosta “Amaral é a poeta que contraria a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza”.

FINALISTAS DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2021

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2021

Ensaio e investigación
Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de María Pilar García Negro (Alvarellos Editora)
Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)

Divulgación
H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)
Pandemias. As epidemias que asolaron a humanidade, de Juan J. Gestal Otero (Edicións Bolanda)
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, de Narciso de Gabriel (Editorial Galaxia)

Narrativa
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)
Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)

Infantil
A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de inverno)
Douche a miña palabra, de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de Galicia)
Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)

Xuvenil
A nena lectora, de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de Galicia)
Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de Galicia)
santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)

Libro ilustrado
A Coruña, por David Pintor (Kalandraka Editora)
Guía definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza, por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Sorianourensana de Libros)
Nación Mar, por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)

Banda deseñada, gráfico e humor
Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
Nós seis, de Julia Lago (Deputación da Coruña)
Que tempos!, de Xaquín Marín (Edicións Embora)

Iniciativa bibliográfica
– Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
– Colección Cidades, de David Pintor (Kalandraka Editora)
– Colección Memoria Histórica (Editorial Galaxia)

Obra traducida
Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
O infinito nun xunco, de Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez (Edicións Xerais de Galicia)
O quinto en cuestión, de Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar (Kalandraka Editora)

Poesía
Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta Alonso (Editorial Galaxia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Simún, de Nuria Vilán (Chan da Pólvora Editora)

Teatro
As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans (Edicións Laiovento)
Fillos do sol, de Cándido Pazó (Editorial Galaxia)

Libro mellor editado
A Coruña, de David Pintor (Kalandraka Editora)
Intempériome (libro, CD, caderno, caixa), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)

PREMIOS A TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
– Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
– Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Proxecto literario na rede
– A que cheira, papá?
– O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
Surfeando libros (Instagram), de Irene Pérezc

Xornalismo cultural
– Belén Regueira
– Pilar García Rego
– Susana Pedreira

A Coruña: presentación de Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa

O 6 de maio, ás 19:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, editado por Biblos. Estarán presentes a escritora Pilar García Negro e o escritor Manuel Castelao Mexuto, autores desta edición, e Carmela González responsable da editora da obra, Biblos. As persoas interesadas poden anotarse na presentación aquí.

Os premios Follas Novas do Libro Galego anuncian os seus 45 finalistas

Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria e editorial en Galicia durante o ano 2021, escolleron os finalistas para esta edición, que suman corenta e cinco títulos, iniciativas, proxectos e profesionais. As gañadoras dos premios Follas Novas 2022 daranse a coñecer na gala a celebrar o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal de Compostela, unha celebración que, despois de dous anos, recupera o seu carácter presencial, pero continuará a ser emitida dixitalmente. Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.
Os corenta e cinco finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso que se ampliou neste ano a catro fases, e que supón unha valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso consistiu nunha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras, que supuxo a selección dun centenar e medio de títulos entre os públicados ao longo de 2021. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron un total de noventa obras candidatas aos premios. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado seleccionou as obras finalistas por cada categoría. O proceso terá o seu cumio o vindeiro sábado, 7 de maio, co anuncio das obras, iniciativas e profesionais gañadoras. Nese día celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gala de entrega de premios que, despois de dous anos, recuperará o seu carácter presencial, aínda que manterá a súa emisión dixital, como se fixo nas edicións anteriores.

FINALISTAS DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2021

PREMIOS A OBRAS EDITADAS EN 2021

Ensaio e investigación
Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane (Editorial Galaxia)
Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán, de María Pilar García Negro (Alvarellos Editora)
Um país a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto Miramontes (Através Editora)

Divulgación
H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa (Editorial Galaxia)
Pandemias. As epidemias que asolaron a humanidade, de Juan J. Gestal Otero (Edicións Bolanda)
Vermellos e laicos. A represión fascista do maxisterio coruñés, de Narciso de Gabriel (Editorial Galaxia)

Narrativa
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia)
Golpes de luz, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras (Edicións Xerais de Galicia)

Infantil
A mestra corremundos, de Arancha Nogueira (ilustrado por Ana Varela) (Cuarto de inverno)
Douche a miña palabra, de Fran Alonso (ilustrado por Bea Gregores) (Edicións Xerais de Galicia)
Neko, de Eva Mejuto (ilustrado por Bea Gregores) (Oqueleo)

Xuvenil
A nena lectora, de Manuel Rivas (ilustrado por Susana Suniaga) (Edicións Xerais de Galicia)
Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo (ilustrado por DNL) (Edicións Xerais de Galicia)
santoamaro, de Antonio Manuel Fraga (Edicións Xerais de Galicia)

Libro ilustrado
A Coruña, por David Pintor (Kalandraka Editora)
Guía definitiva dos anfibios e réptiles da Galiza, por Pancho Lapeña e Ignacio Munilla Soriano (Ourensana)
Nación Mar, por Xosé Iglesias (Editorial Bululú)

Banda deseñada, gráfico e humor
Aldara. A lenda do cervo branco, de Inés Vázquez (Demo Editorial)
Nós seis, de Julia Lago (Deputación da Coruña)
Que tempos!, de Xaquín Marín (Edicións Embora)

Iniciativa bibliográfica
– Colección Chave Mestra, VV. AA. (aCentral Folque)
– Colección Cidades, de David Pintor (Kalandraka Editora)
– Colección Memoria Histórica (Editorial Galaxia)

Obra traducida
Canto eu e a montaña baila, de Irene Solá. Tradución de María Alonso Seisdedos (Kalandraka Editora)
O infinito nun xunco, de Irene Vallejo. Tradución de María López Suárez (Edicións Xerais de Galicia)
O quinto en cuestión, de Robertson Davies. Tradución de Alejandro Tobar (Kalandraka Editora)

Poesía
Notas sobre a extinción, de Marta Dacosta Alonso (Editorial Galaxia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)
Simún, de Nuria Vilán (Chan da Pólvora Editora)

Teatro
As desterradas, de Carme Varela (Edicións Xerais de Galicia / Xunta de Galicia)
DFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans (Edicións Laiovento)
Fillos do sol, de Cándido Pazó (Editorial Galaxia)

Libro mellor editado
A Coruña, de David Pintor (Kalandraka Editora)
Intempériome (libro, CD, caderno, caixa), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia)
O que fica fóra, de Manuel Rivas (Apiario)

PREMIOS A TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla
– Poetas Di(n)versos, por Yolanda Castaño
– Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

Proxecto literario na rede
A que cheira, papá?
O Arquivo das Trasnas (Instagram), VV. AA.
Surfeando libros (Instagram), de Irene Pérez

Xornalismo cultural
– Belén Regueira
– Pilar García Rego
– Susana Pedreira

Ferrol: programa da Feira do Libro 2022

A Coruña: presentación do número 6 da revista Follas Novas

O luns 18 de abril, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o número 6 de Follas Novas. Revista de estudos rosalianos, editada pola Fundación Rosalía de Castro. No acto participan o director da revista, Xosé Luís Axeitos; e varias das persoas contribuidoras deste número: Pilar García Negro, Patricia Carballal, Xosé A. Fraga Vázquez, Martín Pawley e Xabier Pérez Couto.

A Coruña: presentación de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) Tomo I. A relevancia do reino galego medieval, de Francisco Rodríguez

Beatriz Maceda Abeleira: “Rosalía situounos na sociedade galega da súa época desde un punto de vista feminista”

Entrevista de Antón Escuredo a Beatriz Maceda Abeleira en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Como afrontou a realización do manifesto do Día de Rosalía da AELG?
– Beatriz Maceda Abeleira (BMA): Recibino como unha honra. Era honrar a quen tanto nos honrou. Rosalía é unha icona para a literatura moderna galega. Levamos moitos anos con manifestos por esa data e entendín que era difícil ser orixinal. Centreime en como sería Rosalía se vivise hoxe.
Desde o meu humilde punto de vista o que máis falta na sociedade actual é pensamento e reflexión. Pensei que Rosalía, se vivise, falaría deste tema, unha cuestión da que xa falara no seu momento. Relacioneino coa súa flor preferida, os pensamentos, facendo un dobre xogo que nos levaría á ética que estamos perdendo.
Nun manifesto non se pode lembrar todas as mulleres mais quixen recordar as nosas devanceiras. Non debemos esquecer o pasado para poder facer un presente e un futuro mellor. É algo urxente nestes momentos tan insolidarios, cun capitalismo tan atroz e individualista, cando Rosalía non o era. Foi rompedora e estaba sempre coa xente máis humilde. A través dos seus poemas situounos na sociedade galega da súa época desde un punto de vista feminista. Tentei provocar ese pensamento.
– ND: Quedan aspectos por actualizar da figura de Rosalía de Castro?
– BMA: Si. Hai unha imaxe de Rosalía que pouco a pouco imos rachando na sociedade, que era triste e melancólica. Creo que era todo o contrario. Para min era atrevida, ousada. O tema da melancolía vén da propia paisaxe galega e, en todo caso, sería reflexiva.
Niso están as publicacións que dos últimos anos, como as da Fundación Rosalía de Castro ou Pilar García Negro, que dan a visión dunha Rosalía forte fronte á idea dunha muller débil. Tivo valentía para escribir o que escribiu no seu momento. Debemos axudar a entendela e interpretala.
– ND: A sociedade actual interiorizou esta nova imaxe de Rosalía?
– BMA: Pouco a pouco estase a conseguir. Eu son optimista. A AELG, que leva moitos anos realizado o Día de Rosalía e foi a gran promotora desta homenaxe, ten sacado moitos carteis cunha imaxe moi moderna e actualizada. Agora está pensando en facer obradoiros nos centros educativos que transmitirán, a través da música e do feminismo, unha Rosalía moderna.
Os centros educativos son fundamentais neste labor. Son os que máis realizan actos o Día de Rosalía. Todas as crianzas están a coñecer a Rosalía desde unha perspectiva feminista, de muller que contemplaba todos os eidos da sociedade e que foi rompedora no seu momento. Será, iso si, un proceso lento. Vivimos nun momento de rapidez nas noticias e nos traballos que se fan e falta de dedicarlle tempo á lectura.
Por outro lado, están a saír moitos grupos de rapazas e rapaces que cantan versións de Rosalía moi contemporáneas. En todo caso habería que apoialos. O ensino é o mellor vehículo. Aínda así, os programas literarios que hai nos centros educativos ou son obsoletos ou transmítense de maneira obsoleta.
– ND: Debería coñecerse máis o seu período histórico?
– BMA: O maior perigo que corremos é que se está a mentir e transformar a historia. Hai un problema no ensino, non se dá chegado á historia contemporánea. Non teño nada en contra da Prehistoria mais neste momento é máis oportuno comezar pola Historia Contemporánea e ir avanzando cara ese período.
Teño na mente unha anécdota que me aconteceu na rúa. Atopei un grupo de rapazas e rapaces que paseaban cantando o “Cara al sol”. Pareime e pregunteilles se sabían o que cantaban e non tiñan nin idea. Cando lles expliquei o seu significado causoulles abraio e comentaron que estaban en contra desas ideas. Temos un ensino obsoleto que non conecta co alumnado actual.”