Premios da Crítica de Galicia 2024

Bases do VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal


O VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal é unha actividade organizada pola AELG co apoio do Concello da Coruña, CEDRO, o Camões-Centro Cultural Português em Vigo, e a subvención da Deputación da Coruña.

BASES DA CONVOCATORIA PARA O VII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2024: GALIZA + PORTUGAL

O Festival terá lugar dentro da IX Xornada da Sección de Literatura Dramática 2024, o domingo 27 de outubro de 2024, no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña, entre as 10:00 e as 21:00 h., aproximadamente.

Convocatoria aberta a 7 proxectos de artes escénicas que utilicen textos en galego ou portugués, individuais ou colectivos, para un espectáculo en calquera das modalidades e xéneros das artes escénicas. Debe tratarse dunha peza ou proposta escénica que estea en proceso de creación/realización.
Un comité de selección, formado por Afonso Becerra, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro (TRC) da Coruña e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português en Vigo (Camões–CCP em Vigo), baseándose en criterios artísticos, escollerá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para ser (re)presentadas no VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal.
Unha vez (re)presentadas, as/os creadoras/es de cada proxecto deberán emitir un voto secreto polo proxecto que consideren mellor, excluíndo na papeleta de votación o seu propio. Estes votos e os do comité organizador e o do convidado de honra, Roberto Pascual, ex-director da MIT de Ribadavia, concederán o III PREMIO VII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2024, que consistirá na estrea da peza. É importante sinalar que, unha vez (re)presentados os proxectos, o xurado pode considerar que ningún deles reúne as características ou condicións necesarias e, por tanto, deixar o premio deserto.
O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para unha breve análise, debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima 15 minutos.
No breve debate posterior ás presentacións búscase coñecer a reacción do público, nun diálogo que pode servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabado desas pezas en proceso.
As (re)presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considere máis axeitado. Para a selección do proxectos privilexiaranse aqueles en que as presentacións reforcen ou indaguen no escénico, máis do que na simple lectura dun texto.
Aínda que o nome deste evento é “Festival”, non contamos coas infraestruturas nin a capacidade de produción dun festival de artes escénicas ao uso. Neste caso trátase dun espazo diáfano, cunha luz xeral e con mínimas posibilidades no que atinxe a equipamento técnico. Tampouco hai tremoias nin persoal técnico ao servizo das (re)presentacións dos proxectos. Por tanto, é necesario que as/os creadoras/es amosen o seu traballo, ou o bosquexo do seu traballo, dentro das súas propias capacidades para facelo.

Condicións:
– Asígnase un orzamento total de 350 euros para cada proxecto seleccionado desde Galiza e 450 euros para cada proxecto seleccionado desde Portugal, onde se entenden incluídos todos os custos (desprazamentos, etc.).
– Prazo para a presentación de propostas: 11 de outubro de 2024.
– A selección dos proxectos será realizada por parte da organización (Afonso Becerra de Becerreá, vogal da Sección de Literatura Dramática da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; e Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo, en función de:
+ Descrición e formulación do proxecto.
+ Breve mostra da peza.
+ Currículum das/os dramaturgas/os.
Estes materiais deberán ser enviados en formato dixital, antes das 24 h. do 11 de outubro de 2024, a: oficina@aelg.org

As/os creadoras/es seleccionados para (re)presentar os seus proxectos escénicos deben comprometerse a estar presentes durante toda a xornada que dura o Festival (dentro da IX Xornada da Sección de Literatura Dramática 2024, o domingo 27 de outubro de 2024, no Teatro Rosalía de Castro da cidade da Coruña, entre as 10:00 e as 21:00 h., aproximadamente) e participar nos debates dos proxectos (re)presentados polas/os súas/seus colegas, de tal xeito que poidan, ao final da xornada, emitir o voto correspondente para o III Premio VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal.

III PREMIO VII FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2024
Ademais do orzamento asignado a cada proposta para a súa (re)presentación no VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal, un comité, formado polo Vogal de Literatura Dramática da AELG, Afonso Becerra, o director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Xosé Paulo Rodríguez, Célia Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Português em Vigo (Camões–CCP em Vigo), e o convidado de honra, Roberto Pascual, dramaturgo, investigador e docente, ex-director da MIT de Ribadavia, e contando cos votos das/os creadoras/es participantes, seleccionará unha das propostas para ofrecerlle a posibilidade de ser estreada. O xurado tamén podería decidir deixar o premio deserto se os proxectos (re)presentados non reunisen as características e condicións necesarias.

***

BASES DA CONVOCATÓRIA PARA O FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2024: GALIZA + PORTUGAL

O Festival terá lugar dentro da IX Xornada da Sección de Literatura Dramática 2024, o domingo 27 de outubro de 2024, no Teatro Rosalia de Castro da cidade da Corunha, entre as 10h00 e as 21h00, aproximadamente.

Convocatória aberta a 7 projectos de artes cénicas que utilizem textos em galego ou português, individuais ou colectivos, para um espectáculo em qualquer das modalidades e géneros das artes cénicas. Deve tratar-se de uma peça ou proposta cénica que esteja em processo de criação/realização.
Um comité de seleção, formado por Afonso Becerra, Vogal de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Corunha, e Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Portugués em Vigo, baseando-se em critérios artísticos, escolherá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para serem (re)presentadas no VII Festival Peças de um Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal.
Uma vez (re)presentadas, as/os criadoras/es de cada projecto apresentado deberão emitir um voto secreto pelo projecto que considerem melhor, excluindo na papeleta de votação o próprio projecto. Estes votos e os do comité organizador e o do convidado de honra, Roberto Pascual, concederão o III PRÉMIO VII FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2024, que consistirá na estreia da peça. É importante indicar que, uma vez (re)presentados os projectos, o júri pode considerar que nenhum deles reúne as características ou condições necessárias e, portanto, deixar o prémio deserto.
O funcionamento deste festival consta de uma exposição ou mostra de um fragmento da peça ou da peça inteira, no caso de ser breve, dentro de uma duração máxima de 15 minutos. Imediatamente a seguir, haverá um tempo complementar para uma breve análise, debate ou conversa ao seu respeito, dentro de uma duração máxima de 15 minutos.
No breve debate posterior às presentações procura-se conhecer a reacção do público, num diálogo que pode servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturgia, o acabado dessas peças em andamento.
As (re)presentações fazer-se-ão no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturgia considerar mais acaído. Privilegiar-se-ão as apresentações que reforcem ou indaguem no cénico, mais do que na simples leitura de um texto.
Embora o nome deste evento é “Festival”, não possuímos as infraestruturas nem a capacidade de produção de um festival de artes cénicas ao uso. Neste caso trata-se de um espaço diáfano, com uma luz geral e com mínimas possibilidades no que atinge a equipamento técnico. Também não há tramóias nem pessoal técnico ao serviço das (re)presentações dos projectos. Portanto, é preciso que as/os criadoras/es mostrem o seu trabalho, ou o rascunho do seu trabalho, dentro das suas próprias capacidades para fazê-lo.

Condições:
– Atribui-se um orçamento total de 350 euros para cada projecto seleccionado desde a Galiza e 450 euros para cada projecto seleccionado desde Portugal, onde se entendem incluídos todos os custos (deslocamentos, etc.)
– O prazo para a apresentação de propostas: 11 de Outubro de 2024.
– A selecção dos projectos será realizada por parte da organização (Afonso Becerra de Becerreá, vogal da Secção de Literatura Dramática da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalia de Castro da Corunha; e Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Portugués em Vigo, em função de:
+ Descrição e formulação do projecto.
+ Breve mostra da peça.
+ Currículo das/os dramaturgas/os.
Estes materiais deverão ser enviados em formato digital, antes das 24 h. do 11 de outubro de 2024, a: oficina@aelg.org
As/os criadoras/es seleccionadas/os para (re)presentarem os seus projectos cénicos devem comprometer-se a estarem presentes durante toda a jornada que dura o Festival (dentro da IX Xornada da Sección de Literatura Dramática 2024, o domingo 27 de outubro de 2024, no Teatro Rosalia de Castro da cidade da Corunha, entre as 10h00 e as 21h00, aproximadamente) e participarem nos debates dos projectos (re)presentados pelas/os suas/seus colegas, de tal modo que possam, ao final da jornada, emitirem o voto correspondente para o III Premio VII Festival Peças de um Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal.

III PRÉMIO VII FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2024
Para além do orçamento atribuído a cada proposta para a sua (re)presentação no VII Festival Peças de um Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal, um comité, formado pelo Vogal de Literatura Dramática da AELG, Afonso Becerra, o director do Teatro Rosalía Castro da Corunha, Xosé Paulo Rodríguez, Célia Guido Mendes, em representação do Camões–Centro Cultural Português en Vigo, e o convidado de honra, Roberto Pascual, dramaturgo, investigador e docente, ex-director da MIT de Ribadávia, e contando com os votos das/os criadoras/es participantes, seleccionaram propostas para oferecer-lhe a possibilidade de ser estreada. O júri também poderia decidir deixar o prémio deserto de os projectos (re)presentados não reunirem as características e condições necessárias.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Alberto Ramos gaña o Premio Abrente de textos teatrais con Os servizos prestados

Desde Nós Diario:
“O escritor e xornalista Alberto Ramos Ríos (Santiago de Compostela, 1986) gañou o 19º Premio Abrente de textos teatrais coa súa obra Os servizos prestados, o cal convoca o Concello de Ribadavia (O Ribeiro) a través da Mostra Internacional de Teatro (MIT).
Segundo informa a MIT de Ribadavia nun comunicado, o xurado concedeu, por unanimidade, este galardón polo seu “interese social, con posibilidade de xerar debate ao redor da explotación e da autoexplotación laboral e o risco que implica de perda de dereitos da clase traballadora conquistados historicamente”. O premio consiste en 4.000 euros e a edición da obra gañadora.
Así mesmo, pon o foco na perda de vínculos de amizade por motivos de relacións laborais. Destaca polos seus cambios de personaxes, ritmo, ruptura da cuarta parede e uso de metáforas que concede ao texto moito interese escénico e calidade artística.
Ademais, o xurado subliña que “non é unha obra plana nin cunha única capa de recepción, xa que a complexidade dos personaxes e a capacidade para demostrar distintos puntos de vista fai de Os servizos prestados unha obra profundamente reflexiva e de recepción activa”.
O xurado está composto pola actriz e dramaturga premiada en 2023, Nerea Brey; o actor Rubén Porto; Marcos Alonso, membro da Sala Ártika, así como polo director artístico da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual.
Alberto Ramos cultivou diferentes galardóns literarios, o último deles foi o Premio Rafael Dieste co que se estreou como dramaturgo en 2023. Actualmente, traballa na área de comunicación da Asociación de Actores e Actrices da Galiza (AAAG).
Por outra parte, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia concedeu a Iribarne, de ButacaZero, peza da dramaturga Esther Carrodeguas, o Premio do Público deste ano 2024, segundo deu a coñecer esta terza feira.”

Roberto Pascual deixa a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no mellor momento do festival en décadas

Desde Nós Diario:
“Coas 40 edicións da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, fecha un ciclo de éxito e crecemento cuantitativo e cualitativo da MIT, que deixa paso a unha nova etapa, anunciou a Dirección da mostra na clausura do evento.
No mellor momento do festival nas últimas décadas, o director da MIT, Roberto Pascual, anunciou a súa decisión de deixar o cargo tras unha moi meditada fase de valoración da situación e do que significa para Ribadavia e para a Galiza un motor sociocultural destas características.
Por un lado, Roberto Pascual valora que despois de 15 anos e 16 edicións na Dirección Artística do festival, é necesario deixar paso a un novo proxecto nun cargo de responsabilidade pública dunha institución cultural coma a MIT.
“Non convén eternizarse nun mesmo posto de responsabilidade pública, débese ter sentido institucional tanto nos momentos de defensa das debilidades coma nos momentos máis florecentes. A honestidade e o sentido de servizo público para os dereitos da cidadanía deben estar por enriba dos sentimentos egoístas que poidan darse en situacións de estabilidade e recoñecemento amplo como esta”, explicou o director da mostra.
“Marchar nun momento tan bo, con premios e apoios, tamén é xenerosidade co proxecto, oportunidade para que a mostra poida seguir no bo camiño e darlle normalidade ás transicións, que na maioría dos casos se dan por motivos non positivos. Debería ser máis normal o legado en positivo para o ben común e as transicións acompañadas”, afirmou Pascual.
Roberto Pascual fará un balance demorado da súa etapa, que foi desde a 25 edición até a número 40, no mes de setembro. Será no pleno deste mes, no Consistorio de Ribadavia, e dará cumprida información e detalles da evolución da Mostra estes anos en termos de transparencia, sustentabilidade e progreso profesional e internacional. (…)”

Alberto Ramos gaña o XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais convocado pola Deputación da Coruña

Desde a Deputación da Coruña:
“O XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña xa ten gañador: o xornalista e escritor Alberto Ramos coa obra Conxo, non restraint, unha peza de texto documento sobre a violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo.
O xurado, presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, estivo composto por autoras e autores cunha recoñecida traxectoria na creación literaria en lingua galega no campo teatral como Teresa Moure, Avelina Pérez, Lois Blanco, Sabela Hermida e o gañador da última edición, Roberto Pascual; e, como secretaria, a xefa da sección de Cultura, Mercedes Fernández Albalat.
O xurado salientou da obra premiada a concreción da denuncia baseada nun afinado proceso de investigación, a linguaxe limpa e estilizada moi acorde co tema que aborda o texto. Tamén valorou positivamente a ousadía á hora de retratar un asunto moi delicado.
Alberto Ramos é xornalista e escritor, dedícase á comunicación cultural e durante seis anos traballou na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
O premio está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra por parte da Deputación da Coruña que, ademais, desenvolverá un procedemento para a selección de propostas e garantir a montaxe e a representación da obra premiada por parte dunha compañía teatral galega.”

Compostela: “Xornada técnica na Biblioteca de Galicia. Un bosque cheo de libros”