Compostela: actividades do 21 de marzo no Festival Alguén que respira!

Máis información aquí.

Compostela: actividades do 20 de marzo no Festival Alguén que respira!

Máis información aquí.

María Pilar Casal Valiño gaña o XXIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Ser humanos

Desde Galaxia (foto publicada pola editora):
“Na cidade de Santiago de Compostela, o 26 de decembro, reunido o xurado da XXIV edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, no Centro Ramón Piñeiro, convocado pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega, decidiuse por unanimidade outorgar o galardón á obra titulada Ser humanos, de María Pilar Casal Valiño.
O xurado, composto por Grial Parga, Rocío Carolo, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, como secretario con voz e voto; destacou deste ensaio o seu carácter actual e o seu valor humanista nun contexto como o existente, no que é necesaria e imprescindible a convivencia coas novas tecnoloxías por parte dos seres humanos.
Así mesmo, valorou esta achega, que se apoia en textos de autoridade diversa, dende os máis clásicos ata os máis actuais; abrirá un diálogo fructífero respectó da cuestión tratada dende a transversalidade.
Finalmente o xurado tamén loou a súa arquitectura impecable e a prosa áxil e fluída que convida a múltiples lecturas.”

Compostela: presentación de O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros, de Rosalía Morlán

Vigo: conferencia O oficio de escribir para xente nova, con Ramón Caride

O oficio de escribir para xente nova é o título da conferencia que ofrece Ramón Caride o 17 de outubro, a partir das 10:30 horas, ao alumnado da Escola Universitaria CEU de Maxisterio (Estrada de Madrid, 8, en Vigo).

A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2024. Lecturas dende a diversidade. Érica Esmorís, o 18 de outubro

A AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Lecturas dende a diversidade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.

O Ciclo é coordinado por Isabel Mociño, Carla Míguez e María González Cerdeira (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).

Desenvolverase os días 27 de setembro e os 4, 18 e 25 de outubro de 2024, ás 11:00 horas, na aula 1.4 da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.

As persoas interesadas poden inscribirse, de balde, aquí.

Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso).

O programa é o seguinte:

18 de outubro
Érica Esmorís
Entre patios e libros: creando espazos de lectura

25 de outubro
Antonio García Teijeiro
Crear poemas paso a paso e ler poesía comprometida

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2024. Lecturas dende a diversidade. Antonio García Teijeiro, o 25 de outubro