Carballo: actividades do sábado 8 e domingo 9 na Praza dos Libros

Finaliza esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 6 ao 9 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para os días 8 e 9, destacamos os seguintes:

Sábado 8
11:00 h. Ruta urbana polos murais dos proxectos de arte urbana carballeses, coa participación de escritores e escritoras autores/as do libro Derrubando muros con pintura (Engaiolarte), que falarán dos seus relatos nos distintos murais sobre os que escribiron.
11:30 h. Brinca vai, concerto infantil de Paco Nogueiras (sobre o libro-CD homónimo publicado por Kalandraka).
13:00 h. Fernando Cabeza Quiles presenta Galicia, o galego e os galegos, publicado por Toxosoutos.
19:30 h. Rosalía Fernández Rial e Diana Varela Puñal asinarán exemplares das súas últimas obras.

Domingo 9
11:30 h. Presentación do proxecto Phottic e das súas publicacións Mar de invernía, de Héctor Pose e De Arsenio a Arsenio, de Xan Fraga. Con Manuel Pan.
18:30 h. O contador de contos: Alba Bermúdez representa unha peza infantil baseada en relatos do escritor Carlos Casares.
20:00 h. Presentación de Devalar sen pel, de Modesto Fraga, publicado por Espiral Maior, que acadou o 19° Premio de Poesía Concello de Carral. Acompañarao o tamén poeta e editor Miguel Anxo Fernán-Vello.
21:00 h. Atesourando a palabra. Homenaxe poética e musical ao benquerido Paco Souto, poeta, axitador cultural, político e percebeiro, recentemente falecido.

Carballo: actividades do xoves 28 na Praza dos Libros

ChegaPraza-dos-Libros-de-Carballo-2014 unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o xoves 28, destacamos os seguintes:

12:30 h. Inauguración da Praza dos Libros, con pregón a cargo de Xan Fraga Rodríguez. No acto participan tamén Mar Eirís, Evencio Ferrero e a Banda de Gaitas.
19:30 h. Presentación de A toponimia celta de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles, publicado en Toxosoutos. Participa, xunto ao autor, Xosé Manuel Varela.
20:30 h. Presentación de Salseiros, de Suso Lista, publicado en Embora.

Carballo: actividades do sábado 27 de agosto na Praza dos Libros

Dentro da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve entre o xoves 25 e o domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o sábado 27 de agosto:

12:30 h. Presentación de Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga, publicado en Baía Edicións. No acto participan, co autor, Marcos Trigo e Manolete, ex-xogador do Deportivo da Coruña.
20:30 h. Presentación de In vino veritas, de Francisco Castro, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por María Canosa.

O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.

A Coruña: presentación de Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga

O sábado 4 de decembro, a partir das 19:00 h., no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, preséntase a biografía Luís Suárez. Fútbol de seda, de Xan Fraga, publicado en Baía. No acto participarán, alén do autor e Luís Suárez, Arsenio Iglesias, prologuista da obra, e o concelleiro de Deporte, Xan Martínez Caxigal.

Santiago: presentación de En defensa do poleiro

O martes 16 de novembro, a partir das 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase En defensa do poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e no que participaron máis de 60 escritores galegos. No acto estarán presentes Xoán Carlos Domínguez Alberte, coordinador do volume, con David Otero, Mariña Pérez Rei, Xan Fraga, Lourdes Maceiras, Xosé Manuel Lobato e Baldo Ramos. Tamén se proxectará o audiovisual: O Iesplicable.

Santiago: presentación de libro e concerto de Miro Casabella

Mañá xoves 12 de marzo no local da Asociación Cultural O Galo (Patio de Madres, 15, Baixo, Santiago) presentarase o libro Miro Casabella e a Nova Canción Galega, de Xan Fraga, editado pola Editorial Galaxia. No acto participará o autor e o propio Miro Casabella, que logo amenizará a velada cun concerto acústico no que fará un repaso dos seus éxitos e nos sorprenderá con novas versións e temas do seu amplo repertorio. Será a partir das 21:30, con entrada libre.