Arquivos da etiqueta: Xosé Carlos López Bernárdez
Vigo: conferencia Nacemento e renacemento da pintura galega, de Carlos López Bernárdez
O xoves 3 de abril, ás 20:00 horas, no Hotel Los Galeones (Avenida de Madrid, 21) de Vigo, Xosé Carlos López Bernárdez impartirá unha conferencia baixo o título de Nacemento e renacemento da pintura galega, nun acto organizado polo colectivo cultural Pertenza.
Vigo: conferencia de Xosé Carlos López Bernárdez sobre A evolución cara á modernidade do retrato galego
A Coruña: inauguración da exposición O bodegón oculto, comisariada por Xosé Carlos L. Bernárdez
Cambados: conferencia de Carlos L. Bernárdez sobre Plácido Castro e a arte galega do seu tempo
O luns 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Pazo de Torrado (Rúa Príncipe, 10) de Cambados, terá lugar a XV Conferencia Anual Plácido Castro, coa intervención de Carlos L. Bernárdez, que falara sobre Plácido Castro e a arte galega do seu tempo.
Vigo: palestra De Castelao a Seoane, de Carlos L. Bernárdez
A quinta feira 28 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel de Vigo (Avenida das Camelias, 102, baixo) de Vigo, Carlos L. Bernárdez impartirá a palestra De Castelao a Seoane.
Ferrol: inauguración da mostra Imeldo Corral, pintor das Irmandades, comisariada por Carlos L. Bernárdez
A cuarta feira 9 de outubro, ás 20:00 horas, Fundación Novacaixagalicia de Ferrol (Praza da Constitución, s/n), inaugúrase a mostra Imeldo Corral, pintor das Irmandades, comisariada por Carlos L. Bernárdez. Poderá ser visitada até o 12 de xaneiro de 2014. Aquí pode descargarse o folleto da exposición: Imeldo Corral. Exposición comisariada por Carlos L. Bernárdez.
Goián (Tomiño): presentación da mostra Antonio Fernández, pintor de tres mundos, comisariada por Carlos L. Bernárdez
A sexta feira 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro Goianés, en Goián (Tomiño), preséntase a mostra Antonio Fernández, pintor de tres mundos: Brasil, Italia e Galiza, comisariada por Carlos L. Bernárdez, e que poderá ser visitada até o 20 de outubro. Aquí pode descargase o folleto da exposición: Antonio Fernández. Pintor de tres mundos.
Vigo: mesa redonda sobre Galicia: 35 anos de transformacións nas artes plásticas
O sábado 8 de xuño, ás 12:00 horas na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), de Vigo, terá un novo acto da xeira de Sábados Culturais organizados pola Fundación Premios da Crítica Galicia. O acto consistirá nunha mesa redonda co título Galicia: 35 anos de transformacións nas artes plásticas, na que participarán Xosé Carlos L. Bernárdez e Antón Castro, profesores e críticos de arte, e Antón Pulido, pintor e vicepresidente da Fundación Premios da Crítica Galicia. Os tres ponentes debaterán sobre cuestións como: O novo artista; a evolución do mercado da arte; o papel da crítica de arte; o coleccionista e o coleccionismo; os museos e as institucións; as exposicións; e o novo espectador. Ao remate do acto, servirase na Cafetaría Cosmos (Praza da Princesa) un viño galego.
Vigo: inauguración da mostra Espiñas coroadas de Lito Portela, comisariada por Carlos L. Bernárdez
O 10 de maio, sexta feira, ás 20:00 horas, na Fundación Laxeiro de Vigo, terá lugar a inauguración da mostra Espiñas coroadas de Lito Portela, comisariada por Carlos L. Bernárdez, e organizada pola Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo. Alén do artista Lito Portela, a exposición conta coa colaboración do escritor Manuel M. Romón (textos), do músico Julián Hernández e dos deseñadores Iria Sobrino e Rai Iglesias.