Arquivos da etiqueta: Xosé María Álvarez Cáccamo
O diálogo entre Pepe Cáccamo e Baldo Ramos, Cara Inversa, preséntase en Culturgal na exposición Do papel ao xesto
Xosé María Álvarez Cáccamo reúne dous poemarios no libro Tempo de cristal e sombras que publica Espiral Maior
Imaxes e palabras en CaRa inversa, o último libro de Baldo Ramos e Pepe Cáccamo
Vigo: presentación de Cara inversa, de Xosé María Álvarez Cáccamo e Baldo Ramos
Compostela: presentación de Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo
Pontevedra: presentación de Poemas da Mariña, de Miguel Anxo Mouriño
O
mércores 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás de Pontevedra (Rúa de Don Filiberto, 9-11), o Ateneo desta cidade organiza un relatorio arredor do libro autoeditado Poemas da Mariña, de Miguel Anxo Mouriño. O autor estará acompañado por Xosé María Álvarez Cáccamo.
Moaña: presentación de Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo
O
mércores 1 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Moaña, preséntase Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Xosé María Álvarez Cáccamo, Víctor F. Freixanes e José Fervenza Costas.
A xornalista Lara Rozados gaña o Premio de Poesía Victoriano Taibo con O caderno amarelo
Desde
Sermos Galiza e o Instituto de Estudos Miñoranos:
“Con O caderno amarelo, a xornalista Lara Rozados resultou gañadora da sétima edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns, dotado con 3.000 € e que será entregado, como cada ano, nun acto cultural que se desenvolverá no mes de novembro.
As escritoras e escritores Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Rexina Vega, Ramón Sandoval e Miguel Anxo Mouriño formaban parte do xurado que escolleu a obra de Rozados entre as catro que foran seleccionadas como finalistas. Será o primeiro libro publicado desta autora que, sen embargo, cona xa cunha ampla traxectoria no mundo cultural e literario. (…)”



