
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Lugo: presentación de Adelina, de Sandra Lodi
A Coruña: presentación de A vida a arder, de Abraham Pérez, o 16 de xaneiro
A Coruña: conferencia e repichoca de Xurxo Souto: “Amaro, o Santo Navegante que atopou a Illa do Paraíso”
Compostela: presentación de Somos, de Luís Valle
Vigo: presentación de A cohesión da auga, de Ramona Giráldez Domínguez
Vigo: conferencia de Mohamed Safa, autor de Gaza. Un xenocidio televisado
A Coruña: presentación do fotolibro Os ollos que ven o tempo, de Carmen de Miguel e Emma Pedreira
Madrid: acto de conmemoración do centenario do nacemento de Mariano Tudela
Os Premios Alfredo Iglesias entregan en Teo os recoñecementos á cultura e ao compromiso social
Desde Xornal de Compostela:
“A quinta edición dos Premios Alfredo Iglesias celebrarase o venres 16 de xaneiro, ás 20:30, no hotel Congreso, no concello de Teo, nun acto no que se recoñecerá o labor cultural e o compromiso social de persoas e entidades vencelladas ao país. Os galardóns están impulsados polo teense Álex Regueiro en lembranza do creador Alfredo Iglesias.
Nesta edición, o xurado acordou conceder o premio de Escrita a Paula Carballeira, mentres que o recoñecemento en Música recae en Wöyza. O apartado de Acción Patrimonial distinguirá ao Museo do Pobo Galego, e o de Comunicador a Tareixa Navaza.
No eido da Moda, o premio será para Katuxa Platero, mentres que en Gastronomía recoñecerase o proxecto La Central Heladera. A Promoción da Lingua distinguirá a Esther Estévez, e o apartado de Ilustración a Kiko da Silva.
A Acción Cultural será recoñecida coa distinción á Casa Museo Rosalía de Castro, mentres que o premio de Ciencia recaerá en Jorge Mira. No ámbito das Artes, o galardón será para Fuco Reyes.
En canto ao compromiso social, o premio de Acción Solidaria distinguirá a Leila Nachawati, e o de Acción Social á Fundación Dawn Compostela. O recoñecemento en Artesanía recaerá en Idoia Cuesta.
Pola súa banda, Maca Reimóndez e Carmen Fernández, produtoras da Radio Galega, serán recoñecidas co premio á Traxectoria.
O Premio á Memoria será concedido a José Luis Míguez Abucide, mentres que o galardón de Artista Revelación distinguirá a Eiris Makencíe e o de Personaxe Revelación a Marisa Prisa.
Segundo a organización, estes premios procuran afondar “nas traxectorias persoais e na relación que teñen co país as súas gañadoras e gañadores, salientando o valor da cultura e a súa promoción”, así como “o compromiso social”.”







