Arquivo da categoría: Entrega de premios
Brión: acto de entrega do III Premio Laudamuco para textos teatrais a Francisco A. Vidal, o 16 de maio
Roberto Rodríguez gaña o Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro 2020
“O gañador da edición 2020 do Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro é o poemario Teimas dun ninguén, de Roberto Rodríguez González, natural de Ourense e que reside en Santa Cruz de Tenerife, o que lle impediu recoller o premio de 700€ en persoa. O outro finalista foi Francisco Javier Fernández Davila, de Nigrán, coa obra Microrretratos, cun premio de 300€. É a decisión do xurado presidido por José Antonio Ponte Far, xunto con Xulio López Valcárcel; María Rey; María López Sández e Diana Varela.
Participou na entrega Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira, e Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura (Xunta de Galicia), contando coa actuación musical do dúo Minguante. A obra gañadora será editada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais coa entrega de 300 exemplares á persoa gañadora. Esta foi a edición de maior concorrencia de poemarios con 34 traballos presentados.”
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2020 (III)
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) para someter á consideración da Asemblea Xeral recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2020 respectivamente a Batuko Tabanka e a Emilio Españadero.
A Asemblea aprobou as propostas, e a entrega destas distincións tivo lugar na V Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria celebrada no Salón de Actos da Deputación de Lugo, co apoio do Concello de Lugo o 23 de outubro.
No acto, conducido Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, do que se pode ler o discurso aquí, Bernardo Penabade, quen leu a laudatio a Batuko Tabanka, con resposta de Nilda Borges en representación de Batuko Tabanka, e Xurxo Souto, quen fixo o propio coa laudatio a Emilio Españadero.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Laudatio de Xurxo Souto a Emilio Españadero:
– Entrega do Premio Mestre da Memoria e agradecemento de Emilio Españadero:
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2020 (II)
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) para someter á consideración da Asemblea Xeral recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2020 respectivamente a Batuko Tabanka e a Emilio Españadero.
A Asemblea aprobou as propostas, e a entrega destas distincións tivo lugar na V Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria celebrada no Salón de Actos da Deputación de Lugo, co apoio do Concello de Lugo o 23 de outubro.
No acto, conducido Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, do que se pode ler o discurso aquí, Bernardo Penabade, quen leu a laudatio a Batuko Tabanka, con resposta de Nilda Borges en representación de Batuko Tabanka, e Xurxo Souto, quen fixo o propio coa laudatio a Emilio Españadero.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Laudatio de Bernardo Penabade a Batuko Tabanka:
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2020 (I)
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) para someter á consideración da Asemblea Xeral recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2020 respectivamente a Batuko Tabanka e a Emilio Españadero.
A Asemblea aprobou as propostas, e a entrega destas distincións tivo lugar na V Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria celebrada no Salón de Actos da Deputación de Lugo, co apoio do Concello de Lugo o 23 de outubro.
No acto, conducido Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, do que se pode ler o discurso aquí, Bernardo Penabade, quen leu a laudatio a Batuko Tabanka, con resposta de Nilda Borges en representación de Batuko Tabanka, e Xurxo Souto, quen fixo o propio coa laudatio a Emilio Españadero.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Apertura da Gala, por Antonio Reigosa:







