Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Pontedeume: presentación de O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio Manuel Fraga
Mugardos: presentación de O soño e a serpe, de Antonio Seijas
A Coruña: presentación de Agni e a chuvia, de Dora Sales
Monforte: presentación de O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa
A Coruña: presentación de Remexido de patacas, de Eli Ríos
Compostela: presentación de Agni e a chuvia, de Dora Sales
Celanova: actividades destacadas do 23 de maio na Feira do Libro 2019
O
23 de maio ten lugar a Feira do Libro de Celanova (na Praza Maior), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 10:00 a 20:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para ese día:
– 12:00 h. Pregón a cargo de Xosé Benito Reza.
– 13:00 h. Lectura conxunta do poema “Aí ven o maio” a cargo do alumnado do CPR Pablo VI da Rúa e do IES Indalecio P. Tizón, de Tui, que visitan Celanova para participar no programa de Concertos didácticos de órgano.
– 17:30 h. Espectáculo infantil: A música da auga, por Servando Barreiro
– 19:30 h. Tertulia sobre os alcumes de Celanova e Vilanova.
– 20:15 h. Presentación do catálogo da exposición de Baldomero Moreiras, O eco das amazonas.
Conversa con Antonio Reigosa sobre O raposo aviador que voa sen motor
Desde
Xerais:
“O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C. M. Riveira. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”
Vilalba: presentación de A gotiña viaxeira, de Toño Núñez
O
16 de maio, ás 19:30 horas, na Libraría Nube de Papel de Vilalba (R/ Xosé María Chao Ledo, 20), preséntase o conto infantil A gotiña viaxeira, de Toño Núñez, publicado por Edicións Fervenza. No acto, que estará aberto ao público ata completar aforo, o autor estará acompañado de Lorena Lagüela, por parte de Nube de Papel, e do escritor e administrador de Culturalia GZ, Martiño Maseda. Ademais, na presentación contarase coa actuación especial do grupo poético-teatral Corredores de Sombra.






