O domingo 12 de abril, ás 12:00 horas, na Sala Ártika (Avenida Beiramar, 113) de Vigo, María Lado e Lucía Aldao presentan Sempre en Ibiza, un espectáculo con poesía e música que abre o ciclo de vermús do Colectivo Perverso. A entrada custa 5 euros para o público adulto.
Arquivo da categoría: Música
Vigo: presentacións de Muller de papel, de Rochi Nóvoa, (No) Meio (do) Oriente, de Artur Alonso, e nova edición do Círculo Poético Aberto
O sábado 11 de abril, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra Blues de Vigo (Rúa do Pracer, 19), terá lugar a presentación dos libros Muller de papel, de Rochi Nóvoa, publicado por Abooks e (No) Meio (do) Oriente, de Artur Alonso Novelhe, publicado por Círculo Edições. Despois das presentacións, haberá espazo para a poesía e a música nunha nova edición do Círculo Poético Aberto, organizado por Penúltimo Acto.
Vigo: Filo-café: a máscara
Monforte: 2015, ano Lois Pereiro
As actividades deste sábado 11 de abril en Monforte teñen a súa orixe nunha moción do grupo de goberno que foi aprobada na sesión plenaria celebrada pola Corporación Municipal o pasado 26 de xaneiro. Nesta proposta recollíase declarar o 2015 como Ano Lois Pereiro e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.
Os actos, abertos á participación da cidadanía, comezarán ás 11:45 horas coa recepción á familia de Lois Pereiro, e ás autoridades e invitados/as.
Ás 12:00 h. celebrarase o acto de nomeamento da Casa da Cultura de Monforte de Lemos como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO, dándose lectura á acta da sesión plenaria onde se recolle este acordo.
Ás 12:15 h. abrirase a Biblioteca Pública Municipal e realizarase o selado de diferentes libros de e sobre Lois Pereiro co novo selo coa súa imaxe.
A partir das 12:30 h., no salón de actos da Casa da Cultura, desenvolverase un acto aberto ó público no que participarán varios autores/as pertencentes á Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Este acto comezará co saúdo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e continuará coa lectura de textos de Lois Pereiro por parte, entre outros/as, dos e das escritores/as Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretará breves pezas musicais.
O Concello encargou unhas chapas con estrofas de poemas de Lois Pereiro, chapas que se repartirán entre as persoas que asistan ao acto.
A xornada conmemorativa rematará ás 21:00 h. cun concerto na Praza de España a cargo dos grupos VERA LYNN e OS TRES TREBÓNS.
Por outra banda, as portas de acceso á Biblioteca Pública Municipal serán rotuladas coa imaxe do poeta e o nome que a partir do sábado denominará a este centro de estudo e lectura.
Ademais das actividades programadas para este sábado, ó largo do ano 2015 desenvolveranse varios actos sobre a figura de Lois Pereiro. O primeiro deles levarase a cabo este xoves día 9 de abril e terá coma escenario os tres IES da cidade.
García, integrante do grupo Dios Ke Te Crew, e o cantautor punk O Leo, ofrecerán ao estudantado de bacharelato unha charla-actuación para divulgar e motivar á mocidade na participación dos actos do sábado día 11.
García e Leo teñen musicado varios poemas de Lois Pereiro, ademais Leo (filólogo e profesor de galego) é un erudito na obra do escritor e poeta monfortino.
As charlas serán ás 10:15 h. no IES Daviña Rey, ás 12:00 h. no IES Río Cabe, e ás 13:25 h. no IES A Pinguela.
Todas estas actividades contan co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
A Coruña: presentación de Cartografía do exilio, de Baldo Ramos
A Coruña: Alfabeto híbrido, con Aldaolado e Santiago Auserón
Outeiro de Rei: Pablo Díaz presenta Xente miúda moita fartura, o sábado 11 de abril
Redondela: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O martes 7 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela, dentro da Semana do Libro de Redondela, preséntase Océano para terrícolas, unha parolada-concerto para embarcarse nas mil travesías do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais.
Taboleiro do libro galego XXXII (marzo 2015), por Ramón Nicolás
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Nova entrega do “Taboleiro do libro galego”, correspondente ao mes de marzo de 2015, que se elabora nesta ocasión grazas á colaboración de once librarías galegas: Trama de Lugo, Lila de Lilith de Compostela, Libros para Soñar de Vigo, Suévia da Coruña, Andel de Vigo, Miranda de Bueu, Paz de Pontevedra, Pedreira de Compostela, Biblos de Betanzos, Casa do Libro de Vigo e Airas de Allariz.
NARRATIVA
1º-. Funambulistas, de Mercedes Leobalde, Xerais.
2º-. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, Xerais.
3º-. Cuarto minguante, de Bautista Álvarez, Xerais.
4º-. A diagonal dos tolos, de Santiago Lopo, Galaxia.
5º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
6º-. Amor en alpargatas, de Manuel Portas, Xerais.
7º-. Dende o conflito, de María Reimóndez, Xerais.
8º-. Ofrenda á tormenta, de Dolores Redondo, Xerais.
9º-. O ocaso da familia Portela, de Noa Pérez González, Barbantesa.
10º-. Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, Xerais.
POESÍA
1º-. Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, Xerais.
2º-. oso, mamá, si?, de María Lado, Xerais.
3º-. Celebración, de Gonzalo Hermo, Apiario.
4º-. O caderno amarelo, de Lara Rozados, Instituto de Estudos Miñoranos.
5º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
6º-. As paisaxes eléctricas, de Cristina Ferreiro, Sotelo Blanco.
ENSAIO-TEATRO
1º-. O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, Xerais.
2º-. Galicia encantada, de Antonio Reigosa, Xerais.
3º-. Escrita doada, de Benxamín Dosil, Xerais.
4º-. Medo político e control social na retaguarda franquista, de Lucio Martínez, Xerais.
XUVENIL
1º-. O veleno da risa, de Santiago Jaureguízar (ilustrado por Matalobos), Xerais.
2º-. O mundo secreto de Basilius Hoffman. A batalla por Avalon, de Fernando M. Cimadevila, Urco.
3º-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
4º-. As palabras poden matar, de Marcos Calveiro, Xerais.
5º-. Tes ata as 10, de Francisco Castro, Galaxia.
INFANTIL
1º-. O meu pesadelo favorito, de María Solar (ilustrado por María Lires), Galaxia.
2º-. Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas e ilustracións de Víctor Ribas, Xerais.
3º-. A vaca que puxo un ovo, Russell Ayto e Andy Cutbill (tradutoras: Laura Sáez e Mónica Pazos), Patasdepeixe.
4º-. Sanatoria. Historia dos nenos raros, de Francesc Grimalt, Baía Edicións.
LIBROS CD-DVD
1º-. Non hai berce coma o colo, de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (ilustracións de Mariona Cabassa), Kalandraka.
2º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras e ilustracións de David Pintor, Kalandraka.
3º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
4º-. Gatuxo, de Magín Blanco, Fol Música.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
3º-. Mar interior, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
Ramil, Agolada: II Aturuxo á Terra
Máis información aquí.