A
NPG Nova Poesía Guitirica lanza a súa web, presentada como unha revista poética dixital aberta a outros grupos poéticos de base e coa vocación de ser nun futuro tamén revista en papel.
A web conta xa con unha primeira colaboración como exemplo de Antón de Guizán (NPG) e Toño Núñez e a sección ESTRAPERLO de publicacións dixitais para descargar gratuitamente.
En proximos días estrearemos cabeceira con deseño da artista Luz Darriba.
O consello Editorial está constituido por unha persoa de cada grupo poético (Poesía galega ceibe da Costa da Morte, Moraima de Ferrolterra, In Nave Cívitas da Coruña e NPG da Terra Chá). Ao Consello Editorial iranse incorporando tantas persoas como grupos se adiran no futuro, dos que se prevén novas incorporacións nos próximos días. A coordinación corresponde ao poeta Moncho Bouzas (NPG).
A debuxante vilalbesa Isabel Pardo é a encargada das ilustracións, que comezaron xa cos retratos dos poetas participantes.
A NPG GaZeta será on soporte básico dos certames futuros, tanto para as convocatorias como para as publicacións e tamén o motor de colaboración entre diferentes colectivoa poéticos de base.
Este novo paso consolida o camiño comenzado o 23 de outubro de 2015 pola NPG, que en pouco máis de tres anos se ten convertido en referente da actividade poética chairega e mesmo alén da comarca polo dinamismo e orixinais propostas de participación aberta. Vilariñas, Poemas pendurados de farolas, publicacións dixitais, recitais, concertos, xornadas… teñen convertido á NPG nun dos grupos poéticos máis activos do país.
Ao éxito do facebook con máis de 3000 aderid@s, a Nova Poesía Guitirica suma agora plataforma web para sumar cualitativamente na difusión da poesía galega dun xeito directone en rede.
Arquivo da categoría: Poesía
Ferrol: Ricardo Carvalho Calero. Homenagem no XXXIV aniversário do seu passamento
Compostela: II Festival de poesía para Corpo Principal, Alguén que respira!
Vilagarcía: presentación de No interior do vento, de Xurxo Alonso
Vídeo da presentación na Coruña de Antídoto, de Emma Pedreira
Vigo: homenaxe á Libraría Andel
A Coruña: Homenaxe da Real Academia Galega a Salvador García-Bodaño
Vídeo da presentación na Coruña de Linguaxes dixitais, de Clara Vidal
Compostela: presentación-recital de Versos noctámbulos, de Ricardo Seixo
A Coruña: recital de Gonzalo Hermo e Andrew McMillan no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda feira 18 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Gonzalo Hermo e o poeta inglés Andrew McMillan (as versións en galego dos textos recitados son autoría de Isaac Xubín). Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2019.









