Miguel Anxo Fernán Vello intervén na Feira Internacional do Libro de México D. F.

DesdeMiguel Anxo Fernán-Vello Sermos Galiza:
“Convidado polo Goberno da Cidade de México, Miguel Anxo Fernán Vello representou a Galiza o sábado 17 de outubro na XV Feira Internacional do Libro no Zócalo, unha feira na que participan tamén autores do Reino Unido como Ben Brooks, Sean O’Brien e Michael Hofmann e os españois Almudena Grandes, Ángel Petisme e Luis García Montero, amais dun bo número de autores e autoras de Latinoamérica.
Ademais, a instancias do Seminario de Cultura Mexicana e da Universidade Autónoma de México (UNAM), Fernán-Vello participará como poeta no XVII Encontro de Poetas do Mundo Latino, que terá lugar entre o 22 e o 28 de outubro en México D.F. e tamén en Aguascalientes e San Luis de Potosí. Neste encontro cultural estarán presentes poetas como o peruano Eduardo Chirinos, a italiana Cinzia Marulli, o colombiano William Rouge, o venezolano Antonio Trujillo e a hondureña Mayra Oyuela, xunto poetas mexicanos e doutros países americanos.”

Santiago de Compostela: A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, no Ciclo Nexos

cabe_nexos2016_orpheu_0O sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, na Biblioteca e Arquivo de Galicia, terá lugar unha nova sesión do Ciclo Nexos, organizado pola Cidade da Cultura de Galicia, coa colaboración do Instituto Camões e a Rede Internacional de Universidades Lectoras, co título A literatura portuguesa despois da revista Orpheu, que propón unha viaxe ao último século da literatura portuguesa, con parada en dous nomes aplaudidos pola crítica e por varias xeracións de lectores. O programa é o seguinte:
12:00 h. | Relatorios: Antonio Cardiello, doutor en filosofía, investigador, editor e consultor da Casa Fernando Pessoa, mostraranos o nacemento e acollida da revista Orpheu; Rosa Maria Martelo, profesora da Facultade de Letras da Universidade do Porto, investigadora, ensaísta e poeta, achegaranos ao universo creativo e vital de Herberto Helder; Lídia Jorge, un dos nomes máis relevantes da prosa portuguesa (condecorada en Portugal coa Gran Cruz da Orde do Infante Don Henrique e en Francia como Dama das Artes e das Letras) falará da súa escrita e das súas lecturas; finalmente Carlos Quiroga, profesor de literaturas lusófonas da Universidade de Santiago de Compostela lerá, nos intersticios, textos da revista Orpheu, de Herberto Helder e de Lídia Jorge (nomeada Escritora Galega Universal pola AELG en 2013).
13:30 h. | Proxección da curtametraxe: As deambulações do mensageiro alado (12’). Rareza audiovisual realizada en 1969 por Edgar Gonsalves Preto. Un anxo deambula por Lisboa cando encontra nun café a Herberto Helder con A colher na boca, iniciando así unha parodia do poeta e dos seus títulos de máis sona.
A reserva para poder acudir ao acto pode realizarse aquí.”

Yolanda Castaño, a un paso do Premio Nacional de Poesía, desde Canadá

“FinalistaYolanda Castaño Canadá do Premio Nacional de Poesía, A Segunda Lingua (Premio Fundación Novacaixagalicia, 2014), a última entrega poética da compostelano-coruñesa Yolanda Castaño, quedaba recentemente ás portas do máis alto galardón do Estado. Logo de pasar oito de nove roldas de votación, na última delas o xurado decantábase por Luis Alberto de Cuenca, deixando a Castaño sen acrecentar o único nome galego que conta a historia deste recoñecemento poetico: Manuel Álvarez Torneiro no ano 2013.
A escritora estivo estes días no Canadá, facendo parte do XXXI Festival Internacional de Poesía de Trois-Rivières. A pesar de ser o máis lonxevo de Norteamérica e terceiro do mundo, este encontro mundial de autores nunca contara cun/a poeta de Galicia nas súas trinta anteriores edicións. Entre outros e outras participantes dos catro continentes, Castaño ofreceu máis de vinte recitais en galego e en tradución ao francés neste festival francófono que se celebra durante dez días de outubro cada ano no Quebec.”

Allariz: II Festival de poesía Poemagosto

Poemagosto Allariz

Vigo: edición do Círculo Poético Aberto de outubro de 2015

O Círculo Poético Abertosábado 10 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo recital do Círculo Poético Aberto. Trátase dun espazo en galego e/ou portugués; aberto á poesía, música, performance… Organizado por Penúltimo Acto, con entrada libre.

A Coruña: presentacións de Eli Ríos, Francisco A. Vidal e Uxío-Breogán Diéguez

12063388_623809494388683_1036840348208747061_n

Manifesto da NPG, por Armando Requeixo

DesdeArmando Requeixo Criticalia, de Armando Requeixo:
“Existe un lugar no mundo onde todo se derruba en lus, onde o Tempo desorballa os prados, as estrelas arden sobre o medo e o mal e treman as bágoas nos budios escuros. Existe esa xeografía escolleita por un anxo e salvada nalgún intre de amor desesperado. Existe e chámase os Vilares.
Esta terra trapaceira entretece fías de soños e palabras. Aquí o leite, o centeo e a lus da aurora nutren o berce dos poetas para que oian pacer canto hai. Por iso non causa estrañeza que no Vilariño, pé do río do Requeixo, medrase un neno capaz de domear a verba, de infundir co seu alento o drama cheo que as cousas precisan, darlles rostos pra que se conozan e palabras para que se entendan.
Ese reino de Terra Verde e Mar de Orballo é o que herdaron Mar Beres, Luz Campello, Xosé Antonio Cascudo, Fátima Fernández, Judiña de Lea e Jaki Quintela. Algúns por seren estas terras ou as contiguas as que coñeceron as súas andainas infantes e mozas, outros por radicar nestas landas a memoria do seu sangue, tamén a mandorla á que regresan sempre e mais despois.
Este sexteto non é unha xeración literaria, non precisa selo. Nin sequera é un colectivo formalmente constituído. É, iso si, un grupo que sente o vencello da terra, o urro telúrico do sangue dos devanceiros comúns, a lentor da chaira que lles agabea polo peito e os reclama para a tribo guitirica, poetas párracos, xente de ollada longa e largacío sentir, envisos nas lombas de Arxán cando o solpor oculta Lourenzo. (…)”