Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Novo poemario de Antón Patiño: Teoría do riso preséntase en Vigo. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Arquivo da categoría: Poesía
Historia do meu corpo en labaradas, de Rosa Enríquez
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“A tensión do control, os corpos das mulleres, a reflexión sobre o corpo no novo poemario de Rosa Enríquez. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Vigo: presentación de Teoría do riso, de Antón Patiño
O
martes 29 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12), de Vigo, terá lugar a presentación do libro Teoría do riso, de Antón Patiño, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Julián Hernández, Alberto González Alegre e Manuel Bragado.
Compostela: presentación de 6 poemas 6
Vigo: Autoreverse, con Aldaolado e Cintaadhesiva
Becerreá: 24 Noite Poética A Pipa 2015, con María Reimóndez
María do Cebreiro presenta O deserto
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“María do Cebreiro presenta O Deserto, un libro de meditacións e estampas publicado por Apiario editora. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Vigo: presentación de 6 poemas 6
A Coruña: presentación de Liberdade
O
sábado 26 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12), na Coruña, preséntase o obxecto-libro Liberdade, ideado polo Grupo Surrealista Galego e creado artesanalmente por Manchea a partir da versión galega do poema homónimo de Paul Éluard, traducido por Xoán Abeleira. Con gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro, Laura Sánchez e Tono Galán.




