Vilaboa, Culleredo: presentación do libro Mazás vermellas
O
mércores 26 de xaneiro, ás 20:00 h., na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), preséntase o libro Mazás vermellas, editado por Espiral Maior e a Concellaría de Cultura de Culleredo, froito do II Taller de Poesía dirixido en 2010 por Miguel Anxo Fernán-Vello. No acto, que contará coa participación de Celestino Poza e o director do Taller, haberá un recital dos poemas recollidos na publicación, acompañado do Dúo de Guitarra e Voz do Conservatorio de Música de Culleredo.
Novos membros na Real Academia Galega
Oito obras en galego optan ó Premio Edebé
Galiza Cultura homenaxeará en varias cidades a Castelao
(Xornal)
“O idioma estándar”
Publicada Kriseiluaren argipean, Á lus do candil en éuscaro
(Galaxia)
Sotelo Blanco publica as obras premiadas no Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta do 2010
A
Editorial Sotelo
Blanco publica os libros premiados na edición do 2010 do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey: As horas rotas, de Chelo Suárez Muíños, e A pregunta perfecta (O caso Aira-Bolaño), de Juan Tallón, finalista do Premio.
Concursos para o manifesto e de banda deseñada para o Correlingua 2011
– Concurso para o Manifesto Correlingua 2011. A partir do lema Somos galego, o alumnado de Secundaria, en grupos, poderá elaborar o manifesto para o Correlingua 2011. Descargar aquí as bases.
– Concurso de Banda Deseñada Correlingua 2011. Os/as alumnos/as de Infantil e Primaria poden participar, en grupo, neste concurso de banda deseñada, tamén a partir do lema Somos galego. Descargar aquí as bases.
Nos dous casos, o prazo remata o 1 de febreiro de 2011.
Ignacio Silva: “Publicar nestes tempos xa é un premio”
Entrevista en La Voz de Galicia, a través de Xerais.
