Bases da convocatoria para o VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal

As Xornadas da Sección de Literatura Dramática da AELG naceron con vocación de poñer en foco unha das manifestacións artísticas máis senlleiras e estratéxicas dun sistema literario e dunha cultura de seu.
Desde sempre, as artes vivas, especialmente o teatro e tamén a danza, utilizan o movemento, a emoción e, en moitos casos, a acción verbal, a palabra, para contestar, reivindicar, apuntar ou interrogar á comunidade que congregan sobre aspectos fundamentais da actualidade.
Co paso do tempo, démonos conta de que o impulso necesario debía poñerse no apoio e fomento de novos proxectos escénicos a través dunha convocatoria e mostra dos mesmos, dentro dunha xornada para compartir, analizar e debater. Así naceu, no seo das xornadas, o Festival Pezas dun Teatro do Porvir: Galiza + Portugal. Trátase dun festival único en Galiza para impulsar e analizar pezas que están en proceso de creación e que buscan abrir e compartir ese proceso con outras persoas, cun público, e con especialistas en artes escénicas. Ao mesmo tempo, tamén se procura tender pontes, dentro do Eixo Atlántico peninsular, coa veciña Portugal.
En todas as edicións deste evento sempre puxemos especial atención en dedicar un espazo para traer algunha personalidade relevante do mundo das artes escénicas que nos brinde o seu coñecemento sobre algún aspecto candente ou de actualidade. Ademais, esa personalidade tamén é convidada a ver e, se así o considera, intervir nas conversas de análise sobre cada un dos proxectos escénicos seleccionados, participando, incluso, no Xurado que vai valorar a posibilidade de premiar cunha estrea nun teatro un dos proxectos presentados no Festival.
Por tanto, dentro do programa incluímos unha Masterclass sobre un tema relevante. Para esta edición de 2023 propoñemos o tema “A descentralización na programación de artes escénicas en Portugal, o caso do Teatro Diogo Bernardes”. Sempre se considerou que as artes escénicas son un fenómeno metropolitano, para cidades grandes. A oferta maior sempre está nas capitais, incluso no que atinxe aos teatros públicos que non moven as súas producións. Isto xera unha periferia marxinada no que se refire ao acceso ás artes escénicas. Queremos convidar a unha directora ou director artístico de algún teatro portugués que estea a traballar neste ámbito para que nos conte os retos. A persoa que a vai impartir é Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima (Portugal).

VI FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2023: GALIZA + PORTUGAL
Estímulo para as creadoras e creadores que, nestes momentos, están a escribir ou a bosquexar algún tipo de peza para os escenarios. Cómpre facilitar, visibilizar, abrir espazos de encontro para compartir eses procesos de creación e para encontrar unha complicidade e un diálogo que poida potenciar esas pezas en construción. Ademais, queremos procurar o diálogo coas inquedanzas que, neste ámbito, podemos compartir coas dramaturgas e dramaturgos de Portugal, reforzando os lazos de irmandade que se remontan á orixe común da nosa lingua.
Nesta sexta edición do festival propoñémonos acoller 7 proxectos (4 galegos e 3 portugueses), que serán amosados e compartidos en público.
Desa selección, logo das presentacións no VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal, a comisión organizadora da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Célia Guido Mendes, en representación do CCP en Vigo do Instituto Camões, e o director convidado para a Masterclass, Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, contando co voto emitido polos propios participantes, premiarán un proxecto coa posibilidade da súa estrea. Non obstante, este premio podería quedar deserto, se o xurado así o considerase.
Terá lugar o 18 de novembro de 2023 no Forum Metropolitano da Coruña (Rúa Río Monelos, 1).

BASES DA CONVOCATORIA PARA O VI FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2023
Convocatoria aberta a 7 proxectos de artes escénicas que utilicen textos en galego/portugués, individuais ou colectivos, para un espectáculo en calquera das modalidades e xéneros das artes escénicas. Debe tratarse dunha peza ou proposta escénica que estea en proceso de creación/realización.
Un comité de selección, formado pola comisión organizadora da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, e Célia Guido Mendes, en representación do CCP en Vigo do Instituto Camões, baseándose en criterios artísticos, escollerá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para ser (re)presentadas no VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal.
Unha vez (re)presentadas, as/os creadoras/es de cada proxecto presentado deberán emitir un voto secreto polo proxecto que consideren mellor, excluíndo na papeleta de votación o propio proxecto. Estes votos e os da comisión organizadora, presidida por Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, e Célia Guido Mendes, en representación do CCP en Vigo do Instituto Camões, concederán o II PREMIO VI FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2023, que consistirá na estrea da peza. É importante sinalar que, unha vez (re)presentados os proxectos, o xurado pode considerar que ningún deles reúne as características ou condicións necesarias e, por tanto, deixar o premio deserto.
O funcionamento deste festival consta dunha exposición ou mostra dun fragmento da peza ou da peza enteira, no caso de ser breve, dentro dunha duración máxima de 15 minutos. Xusto despois, haberá un tempo complementario para unha breve análise, debate ou conversa ao seu respecto, dentro dunha duración máxima 15 minutos.
No breve debate posterior ás presentacións buscaríase coñecer a reacción do público, nun diálogo que, quizais, poida servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturxia, o acabado desas pezas en proceso.
As (re)presentacións faranse no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturxia considere máis axeitado. Privilexiaranse as presentacións que reforcen ou indaguen no escénico, máis do que na simple lectura dun texto.
Aínda que o nome deste evento é “Festival”, non posuímos as infraestruturas nin a capacidade de produción dun festival de artes escénicas ao uso. Neste caso trátase dun espazo diáfano, cunha luz xeral e con mínimas posibilidades no que atinxe a equipamento técnico. Tampouco hai tremoias nin persoal técnico ao servizo das (re)presentacións dos proxectos. Por tanto, é necesario que as/os creadoras/es amosen o seu traballo, ou o bosquexo do seu traballo, dentro das súas propias capacidades para facelo.

Condicións:
– Asígnase un orzamento total de 350 euros para cada proxecto seleccionado desde Galiza e 450 euros para cada proxecto seleccionado desde Portugal, onde se entenden incluídos todos os custos (desprazamentos, etc.).
– Prazo para a presentación de propostas: 3 de novembro de 2023.
– A selección dos proxectos será realizada por parte da organización (Sección de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director dos teatros municipais da Coruña, o director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, Luís Miguel Franco da Silva, e Célia Guido Mendes, en representación do CCP en Vigo do Instituto Camões) en función de:
+ Descrición e formulación do proxecto.
+ Breve mostra da peza.
+ Currículum das/os dramaturgas/os.
Estes materiais deberán ser enviados en formato dixital, antes das 24 h. do 3 de novembro de 2023, a: oficina@aelg.org
As/os creadoras/es seleccionadas/os para (re)presentaren os seus proxectos escénicos deben comprometerse a estaren presentes durante toda a xornada que dura o Festival e participaren nos debates dos proxectos (re)presentados polas/os súas/seus colegas, de tal xeito que poidan, ao final da xornada, emitiren o voto correspondente para o II Premio VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal.

PREMIO VI FESTIVAL PEZAS DUN TEATRO DO PORVIR 2023/2024
Ademais do orzamento asignado a cada proposta para a súa (re)presentación no VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal, un comité, encabezado polo director do Teatro Rosalía Castro da Coruña, Xosé Paulo Rodríguez, o director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, Luís Miguel Franco da Silva, e Célia Guido Mendes, en representación do CCP en Vigo do Instituto Camões, e contando cos votos das/os creadoras/es participantes, seleccionará unha das propostas para ofrecerlle a posibilidade de ser estreada. O xurado tamén podería decidir deixar o premio deserto se os proxectos (re)presentados non reunisen as características e condicións necesarias.

BASES DA CONVOCATÓRIA PARA O VI FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR, GALIZA + PORTUGAL 2023
Convocatória aberta a 7 projectos de artes cénicas que utilizem textos em galego ou português, individuais ou colectivos, para um espectáculo em qualquer das modalidades e géneros das artes cénicas. Deve tratar-se de uma peça ou proposta cénica que esteja em processo de criação/realização.
Um comité de seleção, formado pela comissão organizadora da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Corunha, Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, e Célia Guido Mendes, em representação do CCP en Vigo do Instituto Camões, baseando-se em critérios artísticos, escolherá 4 propostas de Galiza e 3 propostas de Portugal, para serem (re)presentadas no VI Festival Peças de um Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal.
Uma vez (re)presentadas, as/os criadoras/es de cada projecto apresentado deberão emitir um voto secreto pelo projecto que consideren melhor, excluindo na papeleta de votação o próprio projecto. Estes votos e os da comissão organizadora, presidida por  Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Corunha, Luís Miguel Franco da Silva, director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, e Célia Guido Mendes, em representação do CCP en Vigo do Instituto Camões, concederão o II PRÉMIO VI FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2023, que consistirá na estreia da peça. É importante indicar que, uma vez (re)presentados os projectos, o júri pode considerar que nenhum deles reúne as características ou condições necessárias e, portanto, deixar o prémio deserto.
O funcionamento deste festival consta de uma exposição ou mostra de um fragmento da peça ou da peça inteira, no caso de ser breve, dentro de uma duração máxima de 15 minutos. Imediatamente a seguir, haverá um tempo complementar para uma breve análise, debate ou conversa ao seu respeito, dentro de uma duração máxima de 15 minutos.
No breve debate posterior às presentações procuraria-se conhecer a reacção do público, num diálogo que, se calhar, possa servir para enriquecer, por parte da/o dramaturga/o ou equipa de dramaturgia, o acabado dessas peças em andamento.
As (re)presentações fazer-se-ão no formato que cada dramaturga/o ou equipa de dramaturgia considerar mais acaído. Privilegiar-se-ão as apresentações que reforcem ou indaguem no cénico, mais do que na simples leitura de um texto.
Embora o deste evento é “Festival”, não possuímos as infraestruturas nem a capacidade de produção de um festival de artes cénicas ao uso. Neste caso trata-se de um espaço diáfano, com uma luz geral e com mínimas possibilidades no que atinge a equipamento técnico. Também não há tramóias nem pessoal técnico ao serviço das (re)presentações dos projectos. Portanto, é preciso que as/os criadoras/es mostrem o seu trabalho, ou o rascunho do seu trabalho, dentro das suas próprias capacidades para fazê-lo.

Condições:
– Atribui-se um orçamento total de 350 euros para cada projecto seleccionado desde a Galiza e 450 euros para cada projecto seleccionado desde Portugal, onde se entendem incluídos todos os custos (deslocamentos, etc.)
– Prazo para a apresentação de propostas: 3 de novembro de 2023.
– A selecção dos projectos será realizada por parte da organização (Secção de Literatura Dramática da AELG, Xosé Paulo Rodríguez, director dos teatros municipais da Corunha, o director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, Luís Miguel Franco da Silva, e Célia Guido Mendes, em representação do CCP en Vigo do Instituto Camões) em função de:
+ Descrição e formulação do projecto.
+ Breve mostra da peça.
+ Currículo das/os dramaturgas/os.
Estes materiais deverão ser enviados em formato digital, antes das 24 h. do 3 de Novembro de 2023, a: oficina@aelg.org
As/os criadoras/es seleccionadas/os para (re)presentarem os seus projectos cénicos devem comprometer-se a estarem presentes durante toda a jornada que dura o Festival e participarem nos debates dos projectos (re)presentados pelas/os suas/seus colegas, de tal modo que possam, ao final da jornada, emitirem o voto correspondente para o II Prémio VI Festival Peças de um Teatro do Porvir 2023: Galiza + Portugal.

PRÉMIO VI FESTIVAL PEÇAS DE UM TEATRO DO PORVIR 2023/2024
Para além do orçamento atribuído a cada proposta para a sua (re)presentação no VI Festival Peças de um Teatro do Porvir 2023, Galiza + Portugal, encabeçado pelo director do Teatro Rosalía Castro da Corunha, Xosé Paulo Rodríguez, o director do Teatro Diogo Bernardes de Ponte de Lima, Luís Miguel Franco da Silva, e Célia Guido Mendes, em representação do CCP em Vigo do Instituto Camões, e contando com os votos das/os criadoras/es participantes, seleccionará uma das propostas para oferecer-lhe a possibilidade de ser estreada. O júri também poderia decidir deixar o prémio deserto de os projectos (re)presentados não reunirem as características e condições necessárias.

Entrevista a Xavier Rodríguez Baixeras sobre Onde ferve a memoria

Entrevista a Xavier Rodríguez Baixeras no Diario Cultural da Radio Galega:
“Morcegos e anguías protagonizan o novo libro de poemas de Xavier Rodríguez Baixeras, Onde ferve a memoria. “O libro ten un carácter alegórico. Son símbolo de marxinación, escuridade, pavor e morte” . A entrevista pode escoitarse aquí.”

Yolanda Castaño: “A poesía é crítica, non pode estar para confortar aos confortados”

Entrevista de Héctor J. Porto a Yolanda Castaño en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Que encerra Materia para ter dado tantas satisfaccións?
– Yolanda Castaño (YC): É un poemario no que me ispo moito. No que conecto con algo tan íntimo como os vínculos familiares, xa sexan pretéritos como proxeccións de futuro. A poesía é o terreo máis axeitado non para os dogmatismos senón para os claroscuros, as ambigüidades e certas contradicións. Todo iso amósase cheo de vulnerabilidade, e con esa vulnerabilidade me expoño ante o lector. Tamén con algunha temeridade, como a de mostrar, como adoito, esa visión cuestionadora e crítica, neste caso, sobre a institución da familia. (…)
– LVG: Adoita dicir que a poesía debe ser sempre pensamento crítico. Non concibe a poesía doutro xeito?
– YC: Non a concibo doutra maneira. A poesía non pode estar para confortar aos confortados, senón para desconfortar aos confortados e confortar aos desconfortados. Está para incomodar o estatus quo, as verdades herdadas que nos veñen de segunda man, as consignas, que se fan con palabras que é o mesmo material con que traballa a poesía… Consignas que se herdan e van pasando de man en man, e deglutímolas, e creo que é hora de que as combatamos con actitude crítica. Para o cuestionamento nada hai mellor que a poesía, que é esa linguaxe que pode reordenar as palabras doutra maneira, crear sintaxes alternativas, novas relacións entre as palabras, e mediante esas novas relacións crear novas maneiras de dicir e con iso novas formas de pensar a vida.
– LVG: Como lectora quere outra poesía?
– YC: A lectura é algo tan dinámico, amplo, diverso, elástico que admite moitas actitudes. Ás veces precisamos unha lectura inmediata, rápida, mesmo lixeira, que nos faga pasar o rato. Iso pode acontecer, pero non me gusta que esa sexa a única posición. Gústame que haxa outras, que nos cuestionen, que tiren da nosa intelixencia, que nos propoñan retos.
– LVG: Que lle pasa á poesía galega, tan recoñecida agora fóra?
– YC: Só está demostrando que se este recoñecemento fóra tardou en acontecer era porque o contexto histórico era máis hostil. Estase vendo que é unha poesía que non era a sucursal galega dunha metrópole, senón que nela funcionan coordenadas propias, respondendo a unha tradición secular, valiosísima. E que, non sei se pola desatención que tivo que padecer tanto tempo, se esforzou en sacar o seu mellor eu, intentar ir un paso máis alá, poñerse ao límite… E goza duns estándares de altísima calidade, enorme vangarda, ambición creativa, orixinalidade e valentía. E por fin chegan os froitos. (…)”

Rafa Vilar gaña o XXI Premio de Poesía Afundación

Desde a Xunta de Galicia:
“O escritor Rafa Vilar fíxose co XXI Premio de Poesía Afundación, promovido por Afundación, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia co fin de reforzar a produción poética en galego e contribuír ao enriquecemento da creación cultural galega actual.
No marco do fallo deste galardón, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicitou o gañador por pasar a formar parte “dun selecto grupo formado polos mellores nomes da poesía galega contemporánea como Ledicia Costas, galardoada na pasada edición, ou Yolanda Castaño, que acaba de ser recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2023”. Neste senso, desexoulle a Rafa Vilar “máis éxitos no futuro porque isto sempre será unha boa nova para a nosa literatura e porque reflicte o bo momento que está a vivir o noso sector cultural”.
Rafa Vilar, nado en Cee no ano 1968, gañou coa obra Os lugares da memoria, escollida polo xurado entre as 34 propostas que se presentaron este ano e que dan mostra da boa acollida deste certame e de gran calidade literaria das novas xeracións galegas. (…)
O galardón, que implica a publicación do libro na colección Arte de trobar e unha dotación económica de 6000 euros.”

A Coruña: Roteiro (íntimo) poético, con Xoán Abeleira, o 21 de outubro

O Roteiro (íntimo), guiado na Coruña por Xoán Abeleira, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Terá lugar o sábado 21 de outubro, a partir das 12:00 horas, tendo como punto de saída a Escola Pablo Picasso (Rúa Pelamios, 2). Neste roteiro o autor fará un percurso persoal por varios espazos vinculados á súa extensa traxectoria de vinculación á poesía como forma primordial de coñecemento e indagación na Realidade.

Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Tiago Alves Costa: “Uma espécie de sismógrafo do espírito contemporâneo”

Entrevista a Tiago Alves Costa en Novos Livros:
“- Novos Livros (NL): O que representa, no contexto da sua obra, o livro Žižek vai ao Ginásio?
– Tiago Alves Costa (TAC): Não considero que tenha uma “obra” no sentido tradicional. Este foi o meu quarto livro, e todos os meus livros não seguem um plano prévio. Escrevo normalmente para investigar e, por isso, gosto muito de que os meus livros sejam um espaço inventivo que de alguma forma me surpreenda, um organismo vivo em busca de tudo o que é novo, tudo aquilo que supõe uma ruptura com a ordem das coisas. Para mim, cada livro representa sempre um novo começo, e, como tal, assume um lugar especial e deve, de alguma forma, ser capaz de afectar a minha percepção do mundo. Como afirmava o Ludwig Wittgenstein “As minhas dúvidas formam um sistema”.
– NL: Qual a ideia que esteve na origem deste livro?
– TAC: Žižek vai ao Ginásio tenta ser uma espécie de sismógrafo do espírito contemporâneo, a aceleração cada vez mais histérica dos acontecimentos que vivemos, que se estende a todos âmbitos da nossa vida. A filósofa Maria Zambrano defendia que todos os tempos são de crise, e a crise, ou as crises que vivemos actualmente, estão a introduzir novas formas de poder que parecem querer reclamar esse domínio sobre novos territórios, até agora inexplorados do humano, forças impulsionadas por novos imperativos económicos anulando inclusive e perigosamente direitos sociais que são imprescindíveis em sociedades ditas democráticas. Simultaneamente, este livro também reflecte a experiência de uma geração, como a minha, altamente qualificada, que enfrenta diversos desafios, desde empregos precários até aluguéis hiperinflacionados, além do cansaço e o esgotamento digital que permeiam toda uma geração, levando-nos a questionar se os nossos pais não teriam vivido melhor do que nós. Nesse sentido, as personagens que pululam neste livro vivem nesse constante adiar do futuro, uma espécie de depressão generalizada que consiste em perceber que sempre que o alcançam, o futuro, não os convence. Servindo-me muitas vezes da ironia, obviamente, que é também uma forma de justiça, uma verdade poética também, dessa atávica relação que temos com a dificuldade, ou com a impossibilidade, e que se combate com engenho, com criatividade, com a habilidade de reconduzir situações difíceis e suscitar a inteligência de saber rir do próprio absurdo. Apesar do pessimismo generalizado, gostaria que o livro pudesse afetar o outro, a alteridade do outro, e servir como ponto de partida para uma revolução dos afectos.
– NL: Pensando no futuro: o que está a escrever neste momento?
– TAC: No último ano, coordenei uma antologia de poesia em língua portuguesa intitulada A Boca no Ouvido de Alguém – Corpo-Identidade-Língua, que foi publicada em fevereiro passado pela Através Editora. Continuo também a trabalhar no teatro e em mais duas obras de ficção que espero lançar em breve.”

Silvia Penas: “As miñas propostas non van só de poesía, intento conxugalas con música e artes escénicas”

Entrevista de Laura Veiga a Silvia Penas en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Por que facer unha nova edición e por que agora?
– Silvia Penas (SP): O poemario xa ten uns anos, porque realmente foi xestado en 2019. Eu fora a Cabo Verde cunha especie de residencia e tamén para participar no festival que se fai na illa de São Vicente. Estiven arredor de 20 días e dese encontro coa cultura e coa xente xurdiu isto. Non diría que é un poemario sobre Cabo Verde, senón que recolle certas vivencias que, estando alí, me trasladaban a outras que tiña aquí e á necesidade de reflexionar.
Por momentos, foi un poemario case epistolar, atopábame soa escribíndome unha carta a min mesma e reconfigurando o que estaba vendo aí. O caso é que cando me convidaron ao Festival Voix Vivers (Toledo) me preguntaron se tiña algún poemario bilingüe. Eu non tivera nunca esa inquedanza porque sempre escribín en galego, mais si que pensei nesa posibilidade con este libro.
Escribín a maior parte en portugués, aínda que había algúns textos e palabras polo medio en galego, polo que na miña cabeza xa soaba así e tomei a decisión de publicalo nesta lingua. Con todo, nunca quedara totalmente convencida, polo que sacar esta nova edición era unha oportunidade de publicalo tamén en galego. Para min é un pouco raro porque estamos falando de galego e portugués, mais si que moitas persoas me comentaran que, sendo a poesía máis críptica ou un xénero ao que lles custaba achegarse, utilizar outra grafía coa que non tiñan tanta relación facía que lles custase máis ler o poemario. Finalmente, propúxenlle esta idea a Branca Trigo, editora en Malafera, e a verdade que foi un traballo rodado.
– ND: De que maneira esas vivencias a trasladaban a reflexionar sobre o que vivía na Galiza?
– SP: Pois é algo que di tamén Quico Cadaval no prólogo: chegas aí e parece moi similar a Europa, mais ao rascar un pouco ves que non. Eu xa estivera en Senegal, mais por algún motivo esta viaxe tivo outro impacto. Todo iso que sempre pensamos de maneira teórica sobre o eurocentrismo e o privilexio que temos… Velo e palpalo é completamente diferente. Non sei explicalo moi ben, mais tamén é algo que me aconteceu co conflito lingüístico.
Eu estudei filoloxía e estou máis que farta de saber os motivos polos que a xeración dos meus pais lle falou ás súas crianzas en castelán. Aínda así, cando cheguei alí e vin a relación que ten o crioulo co portugués foi cando entendín perfectamente por que a miña nai me falou en castelán. Digamos que entendelo, de maneira racional, xa o entendera, mais alí foi como que vivín unha revelación tras outra. Eran cousas que xa pensara moitas veces, mais que de súpeto vía con moita máis claridade. (…)”