Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Din os organizadores que nesta mostra está a obra máis comprometida de Quessada. Que mesmo para pintar a represión tivo que botar man, do branco. A cor branca, esa que todos, cando eramos nenos, empregamos con certa decepción, porque O branco non pinta!. Cousa que non é certa… O branco deulle a Antía Otero e María Brenn o motivo e luminosidade para publicar este álbum ilustrado. Pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Antía Otero
Booktrailer de O branco non pinta!, de Antía Otero
A Coruña: presentación de O branco non pinta!, de Antía Otero
Compostela: presentación de O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, de Daniel Salgado
A sexta feira 15 de decembro, ás 20:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, Daniel Salgado presenta a plaquette O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, publicada por Apiario e deseñada por Numax. Estará acompañado por Antía Otero e Julio Vilariño.
Culturgal, Pontevedra: actividades literarias destacadas do venres 1
Do 1 ao 3 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e con horarios de 11:00 a 21:00 horas o venres 1 e sábado 2, e de 11:00 a 20:00 horas o domingo 3, terá lugar o Culturgal 2017. O prezo das entradas é o seguinte: “a entrada xeral por día ten un prezo de 2 euros, entregarémosche unha pulseira e entrarás e sairás do recinto cando queiras durante ese día. Se queres acceder máis de 1 día, tes unha pulseira de 3 euros coa que poderás entrar e saír durante os 3 días. Nenas e nenos até 12 anos (incluídos) pagan 1 euro por día e 2 euros pola pulseira bono. Menores de 3 anos non pagan entrada.”
As actividades literarias destacadas do programa para o venres 1 son:
– 18:00 h. Espazo infantil Deleite. A galiña azul. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Programa FalaRedes 2017. Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro.
– 19:30 h. Espazo Libro. Mesa redonda «Teatro nas escolas». Edicións Fervenza. Con Raquel Castro, Carlos Labraña, Xosé Lois García e José Luis Graña.
– 19:30 h. Espazo Infantil Deleite. O branco non pinta!. Apiario. Con Antía Otero, autora, que contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo.
– 20:00 h. Sinatura de Xabier P. DoCampo (stand Xerais).
– 20:30 h. Manuel Bragado conversa con Xabier P. DoCampo sobre A nena do abrigo de astracán, publicado en Xerais.
Compostela: presentación de Lumes, de Ismael Ramos
O venres 24 de novembro, ás 20:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase Lumes, o novo poemario de Ismael Ramos, editado por Apiario. No acto participan, xunto ao autor, Antía Otero e Montse Dopico.
Compostela: Poema(s) de outono [2]. Clube de lectura. O cuarto das abellas, de Antía Otero
Pontevedra: Eco-críticAs: Palabras e imaxes
Crónica fonográfica do Congreso de Poesía Nós tamén navegar: grupo de traballo Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades
Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega é o título do Congreso de Poesía organizado pola AELG, coa colaboración do Concello de Pontevedra, co que se pretendeu facer unha revisión da poesía galega nos últimos catro decenios, un exame da súa situación actual e do peso da poesía no sistema literario e na sociedade galega, tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que mostran as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro.
Aquí pode escoitarse a crónica fonográfica completa, da que destacamos hoxe os referentes ao sexto grupo de traballo, Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades.
– 6º grupo de traballo: Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Carlos Negro:
– 6º grupo de traballo: Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Antía Otero:
– 6º grupo de traballo: Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Celia Parra Díaz:
– 6º grupo de traballo: Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Fran Alonso:
– 6º grupo de traballo: Innovación poética, trans-xénero, novas modalidades. Coloquio: