


Máis información e inscrición aquí.
Arquivos da etiqueta: Consello da Cultura Galega
Compostela: Concerto das Letras Galegas 2015
Compostela: Ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020



Máis información e inscrición aquí.
Compostela: Ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020, o 24 de marzo, 26 de maio e 16 de xuño



Máis información e inscrición aquí.
Pontevedra: mesa redonda Alimarias, estrelas e clons, coordinada por Marilar Aleixandre
O
venres 13 de marzo, ás 19:00 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar unha mesa redonda sobre Alimarias, estrelas e clons, organizada polo Consello da Cultura Galega, baixo a coordinación de Marilar Aleixandre. As ciencias son unha forma de contar o mundo, unha narración argumentada. Parte do traballo científico é comunicar estas narracións ou cambiar as que foron contadas. Por que chamar “alimarias” ao lagarto ou ao lobo? Que nos contan as estrelas? Existen os clons, fóra das novelas?
O teatro galego mira cara ao abismo
Desde
Cultura Galega:
“Non son cifras nada alentadoras. O teatro galego perdeu case un 50% das súas funcións no último lustro. Segue habendo os mesmos espazos escénicos pero menos espectadores malia que unha recadación case similar. O impacto dos espectáculos é moito menos reducido, pero é que Galicia é a última comunidade do Estado en consumo cultural dos fogares en espectáculos. Así son os datos que amosa o último documento de traballo do Observatorio da Cultura Galega.
O panorama xeral das artes escénicas en Galicia revela indicadores negativos en case todos os sectores, sendo o teatral o máis destacado. Así o revela o último Documento de Traballo elaborado polo Observatorio da Cultura Galega titúlase Panorama estatístico das Artes Escénicas Galegas. A nivel empresarial, as compañías profesionais de teatro e danza experimentaron unha evolución negativa dos seus ingresos de explotación, cun aumento das perdas e un endebedamento cada vez máis alto. (…)”
Presentadas as actas dun simposio sobre lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa
Desde
Cultura Galega:
“Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa é unha publicación que se achega a esta zona xeográfica desde a perspectiva histórica, antropolóxica pero sobre todo lingüística. O volume, foi presentado o xoves 29 de xaneiro por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ernesto González, director do Instituto da Lingua Galega (ILG) e Xulio Sousa un dos tres editores deste volume xunto con Rosario Álvarez e Marta Negro. A variación sintáctica, o léxico dialectal, a entoación e as percepcións así como as actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa son algúns dos temas tratados no volume. Nel tamén se analizan os camiños diverxentes de Galicia e Portugal a partir da Idade Media ou a permeabilidade bidireccional da raia, que a un tempo une e separa ambos os territorios.”
O feminismo recupera A Saia para a súa hemeroteca na rede
Desde
Sermos Galiza:
“De marzo de 1982 a xaneiro de 1983 publicouse en Compostela A Saia, a primeira revista feminista integramente en galego que botaban a andar desde o Colectivo Feminista Independente Galego. Máis de trinta anos despois, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega toma o mesmo nome para titular a Hemeroteca Feminista Galega que vén de poñer na rede na que se incorporan números íntegros de revistas de referencia no movemento como a propia A Saia ou Andaina e a Festa da Palabra Silenciada.
En colaboración co Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega recupera e difunde a través da rede relevantes materiais, de maneira especial as propias publicacións, do movemento feminista, nun proxecto coordenado por Helena González e Mariam Mariño. Recupéranse así textos, publicacións e debates esenciais para construír a historia do feminismo galego e do propio país ademais e textos e traballos descoñecidos de diversas autoras e protagonistas do movemento. (…)”
XI Simposio O libro e a lectura nos medios, o xoves 20 de novembro
A edición número once do Simposio anual O libro e a lectura, unha iniciativa da Asociación Galega de Editores organizada por vez primeira no 2003, terá lugar o 20 de novembro no auditorio do Consello da Cultura Galega. O prazo de inscrición estará aberto até o 17 de novembro. O libro e a lectura nos medios será o tema baixo o cal 14 relatores expoñerán as súas propostas e experiencias relacionadas coa realidade actual dos medios e a súa aportación e atención á lectura e o libro, cernes do coñecemento e a cultura. A entidade organizadora conta coa colaboración de CEDRO, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega.
Este é o programa:








