Arquivos da etiqueta: Deputación da Coruña
Sada: lectura teatralizada de Un ollo de vidro, de Castelao
Presentación de Víctor F. Freixanes. Sinfonía de conversos, videoensaio de Laura Guizán e Ricardo Araújo, en Compostela
Lectura teatralizada de Un ollo de vidro, de Castelao, en Sada
A creación cultural galega na diáspora, con Arturo Lezcano e Xurxo Souto, na Coruña
A Coruña: A creación cultural galega na diáspora, con Arturo Lezcano e Xurxo Souto
Roteiro literario por Carballo, con Rosalía Fernández Rial, o 22 de novembro
O Roteiro literario por Carballo, guiado por Rosalía Fernández Rial, é unha iniciativa da AELG, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
– O roteiro presencial terá lugar o domingo 22 de novembro de 2026, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de encontro inicial o cruzamento da rúa da Lagoa coa rúa Vila de Negreira en Carballo. Mudouse a data inicialmente prevista do sábado 21 ao domingo 22 polas condicións meteorolóxicas adversas previstas para o sábado.
A asistencia como público é libre e gratuíta, non precisando inscrición previa.
Xunto á autora, participarán tamén no roteiro o escritor e editor Miguel Anxo Fernán-Vello, a investigadora Laura Barral e a regueifeira Lupe Blanco. En palabras de Rosalía Fernández Rial: “Tratarase por tanto dun percorrido coral que intentará transformar a visión que os paseantes teñen sobre o Anllóns, co fin de concibir o río como un suxeito con dereitos coma un igual e superando as visións antropocéntricas do mundo que tanto mal fixeron á natureza.”
A autora elaborará un texto escrito máis completo sobre o roteiro, que estará dispoñíbel na páxina web da AELG nos seguintes meses.
Entrevista extensa a José-Maria Monterroso Devesa
Pode verse aquí a entrevista extensa sobre a súa traxectoria a José-Maria Monterroso Devesa.
A obra ‘Semente de dramón’, producida polas compañías Ancoraxe e Morraoconto, gaña o Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
Desde Nós Diario:
“O Espazo Cultural Manuel María da cidade da Coruña, recentemente aberto ao público, serviu de escenario para a entrega do premio correspondente á quinta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A iniciativa está organizada pola Fundación e Casa-Museo Manuel María coa colaboración das Deputacións da Coruña e Lugo, o Centro Dramático Galego (CDG), as Mostras de Teatro de Ribadavia e Cariño e 34 concellos galegos. Nesta edición, o xurado outorgou o galardón por unanimidade á proposta Semente de dramón, presentada conxuntamente polas compañías Ancoraxe Escénicas e Compañía Morraoconto sobre o texto de Manuel María Semente de dramón dos medios de comunicación, baixo a dirección de Sara Rey e Rafa R. Martínez.
A montaxe “revisita a farsa de Manuel María botando man de referentes actuais, tanto estéticos como conceptuais, que afondan no bombardeo informativo ao servizo dunha sociedade na que a masa dilúe as individualidades e o capitalismo acaba sendo esa Pantasma Famenta que nos devora na súa arela globalizadora”.
O tribunal –presidido por Quico Cadaval e composto por Paula Carballeira, Cristina Domínguez e con Alberte Ansede, Presidente da Fundación Manuel María, exercendo de secretario con voz mais sen voto– valorou o uso dunha linguaxe artística contemporánea e de ferramentas escénicas como música, cancións e coreografías.
Así mesmo, salientou que “as dúas compañías asociadas, fascinadas pola actualidade da mensaxe do autor, indagan no “como”, “onde” e “quen” controla o relato nos mass media, servíndose dunha linguaxe artística anovadora e contemporánea”.
Este certame bienal para compañías profesionais galegas combina unha axuda financeira de 19.200 euros para produción (4.200 euros da Fundación e 15.000 euros do CDG) cunha ampla xira garantida de 40 representacións por vilas e cidades galegas. Na entrega do premio, recollido por Sara Rey, Laura Pouso e Miguel Gendre, Alberte Ansede destacou que a difusión é o mellor recoñecemento para o teatro, mentres que Francisco Javier Núñez, director do CDG, louvou a colaboración entre compañías. O espectáculo estrearase nun prazo máximo de 10 meses e estará en cartel cando menos até finais de 2028.”







