Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Faleceu o escritor Miguel Suárez Abel
Desde
Xerais:
“O escritor e psicólogo Miguel Suárez Abel faleceu na tarde de onte en Pontevedra e o seu funeral terá lugar este mércores 19 de abril ás 18:00 horas en Santo Estevo do Campo, Arzúa.”
Desde a AELG lamentamos o seu pasamento e enviamos o noso apoio á súa familia e amigos/as.
Carlos Callón: “O mérito do galego é estar aínda vivo”
Desde
Sermos Galiza:
“O escritor Carlos Callón apresentou esta segunda feira o seu novo libro, Galegocalantes e galegofalantes (Xerais), na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Manuel Bragado, editor da obra, estivo presente no acto ao que tamén acudiu a prensa.
Nun momento no que as estatísticas revelan que o número de galegofalantes é cada vez menor, Callón realiza, en palabras de Bragado, unha crónica do acontecido no panorama lingüístico na Galiza entre os anos 2009 e 2016. Galegocalantes e galegofalantes acusa as administracións de frear o noso idioma realizando ao mesmo tempo “un chamado ás autoridades, pero tamén ao conxunto da sociedade”.
Carlos Callón resalta que cos datos actuais “o mérito [de o galego] é estar vivo” e anima as persoas galegofalantes a defender a nosa lingua ao tempo que convida as non falantes a se uniren a esta loita. Aínda así, o autor móstrase esperanzado. “Esta obra”, afirma Callón, “pretende activar o debate social sobre a lingua galega dende unha perspectiva optimista”.
A cuberta do libro, unha imaxe de Xan Muras, é tamén un reflexo desta mensaxe. Unha fotografía dunha manifestación pola lingua en Santiago que, en palabras de Callón, poderíamos titular como “o trunfo da esperanza”.
Este libro constitúe a última parte da triloxía ensaística que comezou Callón con En castellano no hay problema e Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Outra obra salientábel do autor é Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
Galegocalantes e galegofalantes apresentarase o próximo 2 de maio de novo en Santiago de Compostela e o 10 do mesmo mes na Coruña.”
Ourense: presentación de Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz
O
mércores 19 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Eixo (Rúa Cardenal Quevedo, 48), en Ourense, terá lugar a presentación do libro Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Delfín Caseiro, X. Luís Álvarez e Manuel Bragado.
Raúl Gómez Pato: “Cando escribes poesía para nenos, tes que entrar no seu universo e amoldarte”
Entrevista
a Raúl Gómez Pato en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que sentiu ao escoitar os seus poemas musicalizados por primeira vez [Cousas de papá]?
– Raúĺ Gómez Pato (RGP): Cando vou recitar un poema sempre digo que a música de Héctor o mellorou sustancialmente. Ao escoitalo por primeira vez, pensei que o poema estaba moi mellorado. Se a iso lle unimos as ilustracións, a sensación que tes como escritor é o dobre de gratificante.
– LVG: É profesor. ¿Len os nenos menos do que deberían?
– RGP: Na actualidade hai moitas actividades vinculadas coa lectura como os contacontos, que acostuman a estar cheas. Ao que non están acostumados, sen embargo, é a poesía. É curioso porque os nenos quédanse moito mellor cos versos. Pode verse nas cancións, facilítalles moito a tarefa de memorizar.
– LVG: ¿Son un público esixente?
– RGP: Para min e moito máis difícil escribir para o público infantil. Se escribes para adultos falo pensando no teu propio universo pero cando escribes poesía para nenos tes que introducirte no seu universo e amoldarte. A maiores, os nenos teñen moi claro o que lles gusta e o que non. (…)”
Entrevista a Anxo Fariña no Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista a Anxo Fariña, escritor, autor de 4 xinetes, publicado en Xerais. Pode accederse aquí.”
Xabier Paz presenta Aníbal e a Pintora
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“En Aníbal e a Pintora, Xabier Paz rescata a memoria dunha das grandes artistas do século XVII, Artemisia Gentileschi, esquecida pola historia oficial da arte. Pode accederse á entrevista aquí.”
Hector Cajaraville publica Once portas
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Héctor Cajaraville publica Once portas, a obra coa que gañou o Premio Ánxel Fole de Narración curta do Concello de Lugo. Pode accederse á entrevista aquí.”


