Arquivos da etiqueta: Encarna Otero
Compostela: Xornada de formación para docentes arredor da memoria histórica Fai memoria!, o 18 de xaneiro
Compostela: actividades do 9 de xuño na SELIC 2024 (na Quintana)
Compostela: actividades do 2 de maio na Feira do Libro 2024
Ribadavia: conferencia: “Mulleres Pioneiras do Seminario de Estudos Galegos”, por Encarna Otero
Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela con Encarna Otero
Estas son algunhas das fotografías do Paseo Literario por Compostela con Encarna Otero, celebrado o pasado 16 de xuño, no marco da SELIC. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Compostela: faladoiro “O espírito do Seminario en Compostela”
Compostela: actividades do 16 de xuño na SELIC 2023
Paseos Literarios por Compostela 2023
Os Paseos Literarios por Compostela 2023 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
No marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2023, terá lugar unha nova edición deste Ciclo de percorridos literarios por Compostela, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
A participación nos paseos é libre e gratuíta, non sendo precisa inscrición previa.
O programa de Paseos Literarios é o seguinte:
– Morte no Campus Vida. Roteiro literario polas localizacións de Campus morte, unha novela universitaria ambientada en Compostela
Lito Vila Baleato
Data: 14 de xuño, 16:30 h. Balaustrada do parque da Alameda. Miradoiro Campus Vida.
– A Compostela gótica (ao redor de Trece badaladas). Memoria persoal
Suso de Toro
Data: 15 de xuño, ás 16:30 h. Igrexa de San Fiz de Solovio.
– Mulleres en Compostela
Encarna Otero
Data: 16 de xuño, ás 16:30 h. Praza 8 de marzo.
– #MáisAbadeBarroso
Arantza Portabales
Data: 17 de xuño, 16:30 horas. Comisaría da Rúa Rodrigo de Padrón.
A Asociación Galega de Editoras percorre os cen anos de edición moderna en Galicia no Simposio O libro e a lectura, o 22 de setembro
Desde a Asociación Galega de Editoras:
“100 anos de edición moderna en Galicia é o lema do XIX Simposio sobre o libro e a lectura que organiza en setembro a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia.
Celebrarase no Auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, o xoves 22 de setembro. O encontro reúne a diferentes representantes das editoras galegas e destacadas figuras da investigación e da docencia coa finalidade de percorrer os 100 de edición moderna en Galicia. O encontro profesional viaxará a través das distintas etapas da edición no país, desde os selos pioneiros Nós, Lar e Céltiga ata a edición dixital.
Hai xusto un século, editores como Xaime Quintanilla en Ferrol, e Ánxel Casal e Leandro Carré na Coruña e Compostela, puxeron en marcha, por vez primeira, innovadores proxectos editoriais. Tiñan como obxectivo conquistar amplos públicos lectores, para o que se deseñaban capas atractivas, se poñían en marcha coleccións temáticas, e se elaboraban estratexias de mercado e publicidade. Foi o nacemento do libro galego moderno. Unha época intensa e feliz que quedaría tronzada na guerra civil.
Dúas conferencias, e senllas intervencións vertebran un programa que se celebrará nunha única xornada, o xoves 22 de setembro. Na sesión da mañá, ás 10:30 horas, a historiadora e docente, Encarna Otero, encargarase da conferencia de apertura: “O libro galego moderno: Ánxel Casal”. Seguiranlle as intervencións presentadas por Ana Guerra (Obradoiro Edicións): “Os precursores: século XIX”, a cargo do filólogo, investigador e escritor, Xurxo Martínez (12:30 horas); o papel de Céltiga como precursora da edición moderna do país, por Miguel Toval, director de Embora Edicións; e X. M. Dasilva (revista Grial) e Charo Portela (Ediciós do Castro) falarán da edición no Franquismo e no exilio, respectivamente.
Na sesión da tarde, moderada por Paz Castro (Kalandraka), abordarase “A edición comercial nos anos 60: Xosé María Álvarez Blázquez e Castrelos”, a cargo do docente e editor, Manuel Bragado (16:30); Laura R. Herrera, directora de Hércules de Ediciones, analizará a etapa da Transición (17:00), e o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, “O papel do libro na revolución dixital”.
O sociolingüista e ensaísta, Xesús Alonso Montero, pechará o Simposio ás 18:30 coa conferencia de clausura: “Un libro clandestino sobre o franquismo e a represión en Galicia: Galicia Hoy (Ruedo Ibérico, París, Buenos Aires, 1966), deseñado e coordinado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane”.
As inscricións ata completar aforo faranse en s.tecnica@editorasgalegas.gal”















