Arquivos da etiqueta: Ismael Ramos
Compostela: presentación de A parte fácil, de Ismael Ramos
Vigo: “Un canto do común”
Compostela: presentación de Un amor antigo, de Luisa Castro
Ditame do XXII Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
Cangas: presentación de Lixeiro, de Ismael Ramos e conversa con Míriam Ferradáns
Pontevedra: Culturgal 2022, do 24 ao 27 de novembro
Vídeo do acto de entrega dos Premios Xerais 2022
A festa dos Premios Xerais volveu ao Museo do Mar
Ismael Ramos gaña o Premio de Poesía Miguel Hernández
Desde Nós Diario:
“Ismael Ramos vén de ser galardoado co Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández, correspondente ao ano 2022, pola súa obra Lixeiro, (Xerais), a proposta do xurado. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.
O xurado destacou a súa obra “pola potencia da súa imaxinación poética, capaz de emprender un canto xeracional entoado desde un desencanto reconciliado que conxuga ironía e nostalxia”.
Aliás, o xurado sinalou que, como “bo coñecedor da tradición poética contemporánea, Ismael Ramos ofrece unha proposta desprovista de afectación e moi depurada lingüisticamente que conforma unha sorte de épica vivencial de ton á vez transcendente e lixeiro”.
Ismael Ramos, nado en Mazaricos en 1994, é autor dos poemarios Os fillos da fame (XVII Premio Johán Carballeira de Poesía; Xerais, 2016), Lumes (Apiario, 2017) e posteriormente Lixeiro (Xerais, 2021).
En 2019 publica en La Bella Varsovia a primeira tradución ao castelán da súa obra Lumes, pola que recibiu en 2020 o Premio Javier Morote de ‘As Librarías Recomendan’.
Os seus poemas foron versionados tamén ao catalán, finés, francés, húngaro, inglés e portugués, e incluídos en numerosas revistas e antoloxías.”