Arquivos da etiqueta: Kalandraka Editora
Compostela: presentación de Ferramentas básicas para ser artista, de Blanca Millán
Presentación de Ferramentas básicas para ser artista, de Blanca Millán, en Compostela
Bueu: presentación de Peixes de luz, de Míriam Ferradáns
Presentación de Peixes de luz, de Míriam Ferradáns, en Bueu
Xosé Ballesteros, cofundador de Kalandraka, homenaxeado en LIBER 2026 pola súa traxectoria editorial
Desde Nós Diario:
“A Xunta Directiva da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) decidiu que LIBER 2026 homenaxee o galego Xosé Ballesteros Rey, cofundador e director xeral de Kalandraka Editora, polo seu percorrido profesional e pola súa contribución ao sector editorial. A federación salienta especialmente o seu traballo no ámbito da literatura infantil e xuvenil, así como o seu compromiso coa edición de calidade, a creación literaria, a tradución e a promoción da lectura.
A homenaxe terá lugar o 30 de setembro no Museu Nacional d’Art de Catalunya (MNAC), en Barcelona, durante a Gala LIBER. O acto forma parte da programación da 44ª Feira Internacional do Libro, LIBER 2026, que se desenvolverá do 29 de setembro ao 1 de outubro.
Xosé Ballesteros Rey é editor, escritor, tradutor e especialista en literatura infantil e xuvenil. Cofundador de Kalandraka Editora en 1998, exerce desde entón como director xeral da editorial, que recibiu en 2012 o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial. Ao longo da súa traxectoria desenvolveu un catálogo centrado na edición de calidade e na difusión da literatura para públicos de todas as idades. Tamén dirixe os selos Cuatro Lunas e Faktoría K de Libros, integrados na estrutura de Kalandraka, cuxo catálogo supera os 800 títulos. Algúns destes libros recibiron recoñecementos tanto no Estado como a nivel internacional.
Como autor, publicou obras como Talego, gañadora do Premio Manuel García Barros de Novela en 1993. Na literatura infantil destacan títulos como O coelliño branco, Tío Lobo e Imaxina Animais, traducidos e publicados en diferentes países. A súa actividade tamén está ligada á tradución. Entre outros traballos, editou numerosos libros para a infancia e, no ámbito da literatura para adultos, unha antoloxía poética de Fernando Pessoa que recibiu en 2015 o terceiro Premio Nacional ao Mellor Libro Editado.
Ballesteros mantivo ademais unha ampla actividade institucional en representación do sector editorial. Foi presidente da Asociación Galega de Editoras entre 2016 e 2020 e vogal da Xunta Directiva da FGEE entre 2018 e 2021. Así mesmo, formou parte do xurado do Premio Princesa de Asturias das Letras en varias edicións. Con esta homenaxe, LIBER 2026 pon en valor unha traxectoria estreitamente vinculada á edición, á creación literaria e á difusión da lectura, especialmente entre o público infantil e xuvenil.”
A Coruña: actividades do 7 de agosto na Feira do Libro 2026
A Coruña: actividades do 5 de agosto na Feira do Libro 2026
A Coruña: actividades do 2 de agosto na Feira do Libro 2026
Feira do Libro da Coruña 2026
O programa pode consultarse aquí.















