Desde a Deputación da Coruña:
“O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o 26 de marzo os proxectos que se desenvolverán nas Residencias Artísticas Mariñán 2026, convocadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Na modalidade de literatura participarán Javier Humberto Rodríguez Alonso, co proxecto ‘Nunca morreramos tan xuntos’, e Petra Iglesias Gallego, con ‘Disforia: unha mancha de pel allea’; mentres que na de pensamento estarán Cristina Rodríguez Barrado, con ‘PIM PAM PUM: un entroido!’, e Carlos Fernández López, con ‘Curvas e pregos. Escuma ou Crinas’.
As residencias de música corresponderanlle O Xoán Faiado (Xoán Fórneas), Gallaecia Ensemble Barroco (María José Pámpano López, Mario Braña Gómez, Elena Vázquez Ledo, Saúl Puga Amoedo, Roberto Alonso Álvarez e Marta López Fernández), Tránsito (Daniel Pardo Maroño e Carlos Guerrero Bullejos) e PAVA (Lucía Aldao, Diego Delgado, Pablo Silva e David Santos).
Pola súa banda, na área de creación de contidos socioculturais en redes sociais desenvolveranse os proxectos ‘CienciA: catro pioneiras galegas’, de Yeray Folgar Cameán; ‘Cultura ao descuberto’, de Candela Lola Battiato Miñones; ‘Tradi 2.6’, de Miguel Barbazán Lesta; ‘Reportando na Zona’, de Irene Rouco Táboas; ‘carlotaghatos’, de Carlota Casal Ramos; ‘Séculos Escuros’, de Laura Villar Loureiro; e ‘Adochinto’, de Leticia Mayán Rodríguez.
As residencias desenvolveranse entre o 13 e o 24 de abril. No caso da música e da creación de contidos socioculturais en redes sociais, terán unha duración de seis días e organizaranse en dúas quendas: do 13 ao 18 e do 19 ao 24 de abril. Pola súa banda, as residencias de literatura e pensamento estenderanse durante doce días, ao longo de todo o período. As quendas concretas serán asignadas polas persoas comisarias das distintas áreas, en coordinación coas persoas responsábeis dos proxectos seleccionados, o Pazo de Mariñán e o Servizo de Cultura da Deputación da Coruña. (…).”
Arquivos da etiqueta: Lucía Aldao
Compostela: actividades do 21 de marzo no Festival Alguén que respira 2026
Actividades do 21 de marzo no Festival Alguén que respira 2026, en Compostela
Samuel Merino recolle o premio de poesía Lueiro Rey
Entrevista de María Solar a Samuel Merino no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“En novembro entregouse o premio de poesía Manuel Lueiro Rey. Un premio que coñecemos en xaneiro, e que desde xuño xa está editado pola editorial Xerais.
Samuel Merino, que recolleu o premio de poesía Manuel Lueiro Rey, tamén gañaba o VII Premio Nacional de Poesía Viva de El Corte Inglés, e participaba na gala poética do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, pero amais anda en marcha cun espectáculo poético-musical con Lucía Aldao.
A entrevista pode verse aquí.”
















