Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“‘Penso que nunca volverei embarcarme nun proxecto de tan longo alento. Xa non son, penso, o escritor que escribiu esta novela’. Da Vilagarcía de comezos do século XX e da de hoxe. Marcos Calveiro presenta O xardineiro dos ingleses, a obra coa que gañou o García Barros. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
Arquivos da etiqueta: Marcos Calveiro
Rianxo: presentación de O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro
Marcos Calveiro e O xardineiro dos ingleses
Entrevista
de María Solar a Marcos Calveiro en Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Pepe Carreira le un cachiño de O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro, editado por Galaxia. Entrevistamos o autor, que gañou con este libro o premio García Barros. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Vilagarcía: presentación de O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro
O
martes 19 de decembro, ás 20:30 horas, no Salón García de Vilagarcía de Arousa (Rúa Alcalde Rey Daviña), preséntase O xardineiro dos ingleses, a novela coa que Marcos Calveiro se fixo co Premio García Barros 2017, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor estarán Sonia Outón, concelleira de cultura, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
A Estrada: acto de entrega do XXIX Premio García Barros a Marcos Calveiro
Tabela dos libros (decembro 2017)
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Cos primeiros do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Antonio Manuel Fraga, Marcos Pérez Pena, Programa Conciencia, Luís Emilio Batallán, Marisa Sobrino, Flor Maceiras, Festival S8 e Grupo Nove, Premios da Crítica de Galicia 2017
“No
Hotel Os Escudos de Vigo deuse a coñecer no decurso dun xantar do sábado 4 de novembro o ditame da cuadraséxima edición dos Premios da Crítica de Galicia nas súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica. (…)
Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga, Premio de Creación Literaria
O xurado da modalidade de Creación Literaria, formado por María do Cebreiro Rábade Villar, poeta, gañadora da edición 2016; Diana Pastoriza Espasandín, blogueira, asesora CAFI Santiago; Armando Requeixo Cuba, crítico; Mario Regueira Fernández, crítico; Manuel Forcadela, profesor da UDV; Marcos Calveiro, escritor e Eulalia Agrelo Costas, que actuou como secretaria, en representación de Premios da Critica Galicia, acordou declarar finalistas as obras De catro a catro. Manuscrito inédito de Manuel Antonio (Alvarellos); Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga (Alcaián, Urco) e Nordeste de Daniel Asorey (Galaxia). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio á obra de Antonio Manuel Fraga Querido H.P. Lovecraft editada por Alcaián Urco.
O xurado salientou da obra gañadora que “constitúe un enxeñoso acercamento ao estraño, mesturando brillantemente o sobrenatural co fantástico, onde sobrancea a habil creación de ambientes perturbadores que nos acaban afectando do mesmo xeito que ao ficticio Lovecraft”. O xurado sinalou que “alén diso, fai unha descrición dos personaxes cun par de expertas pinceladas breves que lle outorgan unha personalidade claramente única e fascinante”. Rematou sinalando que “coma nos textos de Lovecraft, acompañamos a Robert na súa caída libre no abismo da culpa, ficando envoltos no misterio engadindo a peza que completa o círculo lovecraftiano”.
A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena, Premio de Investigación
O xurado da modalidade de Investigación, formado por Blanca Roig Rechou, catedrática USC, gañadora da edición 2016; Vanesa Valdeiglesias, profesora UDC; Carme Adán Villamarín, catedrática de Filosofía; Uxío Labarta Fernández, investigador, Instituto de Investigacións Pesqueiras; Xurxo Mariño Alfonso, neurocientífico, profesor UDC; Xavier Senín, profesor e tradutor e María Xosé Porteiro García, que actuou como secretaria en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou declarar como finalistas a María Xosé Agra; ao proxecto de Secuenciación xenética do rodaballo (USC-CSIC,CENAG); e ás obras A prensa en Galicia na Transición de Marcos Pérez Pena (Xerais) e A nosa terra é nosa. A xeira das Irmandades 1916-1931 de Emilio Xosé Ínsua (Baía edicións). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por unanimidade o premio a A prensa en Galicia na Transición de Marcos Pérez Pena, editado por Xerais.
O xurado destacou que “valoraba moi positivamente a cantidade, calidade e diversidade das propostas presentadas que reflicten o auxe da investigación científica e do pensamento en Galicia”. Sigue lendo
Entrevista a Marcos Calveiro sobre O xardineiro dos ingleses
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Marcos Calveiro fálanos d´O xardineiro dos ingleses, a obra coa que gañou o Premio de novela Manuel García Barros. Pode accederse á entrevista aquí.”
Marcos Calveiro regresa para gañar o García Barros cunha novela protagonizada por Vilagarcía
Entrevista
a Marcos Calveiro en Sermos Galiza:
“O xardineiro dos ingleses, que verá a luz en Galaxia a finais de ano, nace -segundo o autor- dunha nova de xornal: “Hai uns anos as autoridades británicas condecoraron en Vilagarcía un home que durante 50 anos coidou desinteresadamene do Cemiterio dos Ingleses que hai na recta de Rubiáns, onde se soterraban os mariñeiros ingleses de Vilagarcía, cando alí atracaban as escuadras inglesas antes da I Guerra Mundial. E a partir desa anécdota nimia que eu vin no xornal construín toda unha historia sobre por que alguén coida desinteresadamente dun xardín onde están soterrados os mariñeiros. Hai un misterio e iso foi o que me puxo na pista da novela”.
Marcos S. Calveiro (Vilagarcía, 1968) considera que a súa cidade natal é a protagonista desta novela. “Vivo en Vigo e xa me considero de Teis, pero os primeiros anos da miña vida paseinos en Vilagarcía, e tiña unha débeda que saldar. A novela reflicte un pouco a historia de Vilagarcía, as cousas que eu escoitei cando eu era rapaz”, explica.
A primeira protagonista é Vilagarcía, defende, “e logo unha muller, da que conto a vida desde que é unha mociña a comezos do século XX até o 36, pero por extensión tamén se conta o relato do seu fillo e dun escritor que investiga o pasado do seu avó, que ten algunhas contas familiares que axustar. Está Vilagarcía, está Londres, Turquía, é unha novela bastante viaxeira”.
Esta é a súa cuarta novela para adultos, a primeira que ve a luz desde que anunciara o seu adeus á literatura. Esta historia, afirma é a última que tiña gardada na gaveta. “Quédame unha pequena obra infantil e nada máis. Todo está escrito antes de que decidira abandonar. A versión definitiva desta novela é de 2012″. (…)”



