Migrant Shores – Irish, Moroccan & Galician Poetry
reúne escritoras e escritores de tres países do Atlántico, Marrocos, Galicia e Irlanda, que comparten a vivencia da dura experiencia da emigración e do exilio en diferentes momentos da historia.
O libro, que conta co apoio da AELG, conta coas achegas de Mohammed Bennis, Taha Adnan, Fatima Zahra Bennis, Imane El Khattabi, Mohamed Ahmed Bennis, Aicha Bassry, Mezouar El Idriss, Martín Veiga, Chus Pato, Eva Veiga, Baldo Ramos, Gonzalo Hermo, Marilar Aleixandre, María do Cebreiro, Paula Meehan, Máighrèad Medbh, Susan Connolly, Hugh O’Donnell, Catherine Phil MacCarthy, Sarah Clancy, Thomas McCarthy, Eiléan Ní Chuilleanáin, Lorna Shaughnessy, Maurice Harmon, Celia de Fréine, Keith Payne, Breda Wall Ryan e Mary O’Donnell.
Arquivos da etiqueta: Marilar Aleixandre
A Coruña: homenaxe literaria e musical a Luz Pozo Garza
Fisterra: presentación de No silencio dos lapis, de Branca Vilela
Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do venres 9
O
venres 9 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 23:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:
– 18:00 h. Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf. Celia Recarey Rendo e Antía Veres.
– 18:30 h. Recital de poesía: Charo Lopes, Lupe Gómez, Rosalía Fernández, Marga Tojo e Antía Otero.
– 19:00 h. Marilar Aleixandre presenta Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, publicado en Galaxia. Intervirán, xunto á autora, Ismael Ramos e Malores Villanueva.
– 19:00 h. Presentación cruzada das novas publicacións de Isidro Novo: David Cortizo, editor de Urco, quen presentará CO2, poemario publicado por Edicións Positivas, e Francisco Macías, editor de Positivas, presentará O tabú na traslenda, publicado no selo Alcaián de Urco.
– 20:00 h. Ariel Ninas e a sanfona: recital Entre baleas, poemas de Estevo Creus: Balea2, e Eduardo Estévez: Baleas.
– 20:00 h. Inma López Silva firmará exemplares de Aqueles días en que fomos malas, publicado por Galaxia.
Semana do Libro de Compostela (Selic), actos destacados do sábado 3 e domingo 4
O
sábado 3 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 23:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para estes días dentro do seu programa:
Sábado 3
– 12:00 h. Conversa entre Rita Acevedo e María do Cebreiro arredor de Correspondencias.
– 20:00 h. Fernando Cimadevila. “Claves para a escrita e a publicación dunha novela”.
– 21:00 h. Carlos Meixide presenta Cans.
– 22:30 h. Roteiro Inge e Robbie.
Domingo 4
– 12:30 h. Recital. Rosalía Fernández Rial, Noelia Gómez, Alicia Fernández e Ismael Ramos: No seu despregar (Apiario).
– 12:30 h. Enrique López: Vida sana dende a infancia para sempre e J. Julio Fernández: Clara e o rapto do solpor (Aenea).
– 18:00 h. X. A. Perozo e Antonio Seijas: Onde vai Carlos?.
– 18:00 h. Lucía Cobo: O soño do merlo branco e Bruxa e familia (Aenea).
– 18:30 h. Contacontos. María Lado. Onde vai Carlos? (↑5 anos).
– 19:30 h. Marilar Aleixandre: Desescribindo e Dores Tembrás: Auga a través (Apiario).
– 20:30 h. Martiño Suárez: Bestiario do Vestiario e concerto de Grampoder.
Víctor F. Freixanes, elixido novo presidente da Real Academia Galega
Desde
a Real Academia Galega (foto: RAG):
“O Pleno da Real Academia Galega, reunido o 28 de marzo en sesión extraordinaria, apoiou a candidatura á Presidencia da institución de Víctor Fernández Freixanes. O académico obtivo a maioría necesaria para saír elixido, con 18 votos a favor e 1 en contra.
No mandato que inicia, o décimo quinto presidente da institución estará acompañado por unha comisión executiva integrada por Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga, que continúan como secretario e vicesecretario, e Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, que ocuparán os cargos de tesoureira e arquiveira-bibliotecaria, respectivamente, desempeñados na executiva anterior por Rosario Álvarez e Margarita Ledo Andión. Mantense así a mesma proporción feminina, unha cuestión non menor, apuntou o novo presidente ante o Pleno no seu discurso, no que salientou que a RAG debe fomentar a incorporación de máis mulleres.
A candidatura de Víctor F. Freixanes, a única formalizada para optar á Presidencia, fora rexistrada o pasado venres, 24 de marzo, subscrita por Margarita Ledo Andión, Antón Santamarina e o seu predecesor na Presidencia, Xesús Alonso Montero, para quen tivo palabras de especial recoñecemento.
A executiva entrante márcase dúas grandes liñas de traballo, unha de carácter interno e outra centrada na proxección social da Academia. Canto á primeira, Víctor F. Freixanes defendeu a necesidade de manter un “clima de transparencia interna” para superar unha “etapa delicada”. Nesta liña, comprometeuse a “facer todo o esforzo posible para avanzar no camiño do encontro, na construción dese clima necesario para podermos compartir os proxectos de futuro, considerando a lexítima discrepancia unha riqueza”.
No tocante á proxección cara á sociedade, salientou que a RAG debe atender, de acordo cos seus propios estatutos, dúas dimensións principais: a do estudo da lingua, mantendo o “servizo á cidadanía” fornecéndoa de recursos, determinacións e traballos a prol do coñecemento e uso normalizado do idioma; e a dimensión da dinamización social, “levando a causa do idioma galego, a súa práctica e a súa estima a todos os estamentos sociais e a todos os ámbitos xeracionais”. (…)”



