A
sexta feira 15 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Fariña (Praza de Azcárraga, 6) da Coruña, preséntase Ningún precipicio, de Olalla Cociña, publicado en Toxosoutos. No acto, xunto á autora, participan Iago Martínez e Dores Tembrás.
Arquivos da etiqueta: Olalla Cociña
Frank Eumer (Francisco Cortegoso) gaña o XXVI premio Pérez Parallé
Frank Euner (Francisco Cortegoso) obtivo a XXVI edición do Premio Pérez Parallé. Foi un interesante debate entre o xurado composto por Marisol Gándara, Ramón Blanco Fernández e Olalla Cociña Lozano. O sábado 9 de novembro, ás 20:00 horas, na sede do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene tivo lugar a entrega do premio, onde o autor estivo representado por Gonzalo Hermo.
Tabela dos Libros de novembro, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a Tabela dos Libros do mes de novembro. Nela figuran seleccionados os volumes que, ao ver d@s crític@s participantes (Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo), son estimados como os máis recomendables de entre os publicados nas últimas semanas. Boas lecturas!»
Taboleiro do libro galego (XVI), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí unha nova entrega das novidades editoriais en lingua galega máis vendidas segundo os datos obtidos, nesta ocasión, destas trece librarías galegas: Biblos, Sisargas, Torga, Couceiro, Casa do Libro de Vigo, Trama, Aira das Letras, Suévia, Paz, Cartabón, Carricanta, Libros para Soñar e Librouro.”
NARRATIVA
1º-. Cadeas, de Xabier López López, Edicións Xerais.
2º-. Acordes náufragos, de Antón Riveiro Coello, Editorial Galaxia.
3º-. Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, Galaxia.
4º-. O corazón da Branca de Neve, de Francisco Castro, Editorial Galaxia.
5º-. Faneca brava, de Manuel Portas, Edicións Xerais.
POESÍA
1º-. Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, Faktoría K de Libros.
2º-. Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure, Através.
3º-. Presente continuo, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
4º-. Ningún precipicio, de Olalla Cociña, Toxosoutos.
5º-. Na lingua que eu falo, de Najla Shami e Rosalía de Castro, Editorial Galaxia.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Historia de Galicia, Anselmo López Carreira, Edicións Xerais.
2º-. Historia da Literatura Galega. I, de Xosé Ramón Pena, Edicións Xerais.
3º-. O valego, de Xosé-Henrique Costas, Edicións Xerais.
4º-. Outra idea de Galicia, de Miguel Anxo Murado, Debate.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Dragal III. A fraternidade do Dragón, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
2º-. Ámote, Leo A., Rosa Aneiros, Edicións Xerais.
3º-. O cullarapo Croque, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións-A porta verde do sétimo andar.
4º-. O poder de Amabel, de Érica Esmorís, Sushi Books.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Pan de millo, de Migallas, Kalandraka.
2º-. Nicomedes o pelado, Pinto & Chinto, Kalandraka.
3º-. Cocorico, Marisa Núñez & Helga Bansch, OQO editora.
BANDA DESEÑADA
1º-. Asterix e os Pictos, René Goscinny (autor), Albert Uderzo (ilustrador), Jean-Yves Ferri (autor), Didier Conrad (ilustrador), Xavier Senín e Isabel Soto López (tradutores), Edicións Xerais.
2º-. Cartas de inverno. Novela gráfica, Antonio Seijas (autor, ilustrador), Agustín Fernández Paz (autor), Edicións Xerais.
3º-. Vida de nai, por Gemma Sesar e Ramón Marcos Ferreiro, El Patito Editorial.
4º-. Oink, varios autores, Agalip.
¿E elas como nos ven?, conversa entre Ana Abelenda, Olalla Cociña, Antía Otero e Dores Tembrás en La Voz de Galicia
Entrevistas e reportaxes destacadas do Diario Cultural da Radio Galega, do 14 ao 18 de outubro
Deixamos
aquí as ligazóns ás máis destacadas entrevistas e reportaxes da semana do 14 ao 18 de outubro no Diario Cultural da Radio Galega relacionadas coa literatura. Agradecemos a Ana Romaní a información:
– Obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador.
– Publícase o primeiro tomo da Historia da literatura galega.
– Crítica literaria de Chus Nogueira / Ningún precipicio, de Olalla Cociña.
– Páxina de narrativa desta semana: O corazón da Branca de neve, de Francisco Castro.
– María Reimóndez presenta tres novos poemarios.
– Páxina de poesía desta semana: A guerra, de María do Cebreiro e Daniel Salgado.
– De Cantares hoxe. Susana Sánchez Arins.
– De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI.
Viveiro: actos do xoves 15 na Feira do Libro do 2013
O
xoves 15 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, con horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas). Dentro dos actos para ese día, destacan a asinatura de libros, a partir das 19:00 horas, de Olalla Cociña, e a presentación, a partir das 20:30 horas, de Bágoa de Lúa, de Sabela González, publicado en Galaxia, coa presenza da autora, acompañada por Bernardo Penabade. Finaliza a xornada coa presentación de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, publicado por Redelibros.
Previamente, o mércores 14, ás 19:30 horas, preséntase o libro-DVD Morreu o demo, acabouse a peseta, publicado por Urco Editora, coa participación de Comba Campoy e Anxo García.
Casa da Matanza, Padrón: 128 aniversario da morte de Rosalía de Castro
A
Fundación Rosalía de Castro organiza o luns 15 de xullo, a partir das 20:00 horas, na Horta de Rosalía, na Matanza, Padrón, un acto en conmemoración do 128 aniversario da morte de Rosalía. O programa é o seguinte:
– Presentación da edición do I Premio de poesía escolar Rosalía de Castro, José Manuel Blanco Aldariz.
– Vixencia de Cantares gallegos, Pilar García Negro.
– Descuberta nun exemplar único da primeira edición, Xosé Luís Axeitos.
– Recitados: María Vilas, Marcela Porto e Fátima Barros (gañadoras do concurso escolar), así como Ana Blanco, Belén Rico Prieto, Olalla Cociña, Daniel Salgado e Luz Pozo.
– Música para Rosalía, Alba María Rodríguez.
– Pecha o acto o Presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.
– Himno Galego.
Santiago: recital colectivo Ollando fóra
A Casa das Crechas (Vía Sacra, 3), en Santiago de Compostela, organiza dúas sesións de recitais Ollando fóra. Poesía galega para galeg*s de adopción, a partir das 20:00 horas.
– O martes 9 de xullo participan Branca Novoneyra, Olalla Cociña, Antía Otero, Lorena Souto, Mario Regueira, Ismael Ramos, Estevo Creus e Lucía Novas.
– O mércores 10 de xullo participan, na segunda sesión, Naír García Abelleira, Chus Pato, Francisco Cortegoso, Antón Lopo, Agustín Delicias, Alicia Fernández, María do Cebreiro, Alba Cid e Andrea Nunes.
Compostela: nova sesión do Picaversos, con Chus Pato, Baldo Ramos e Ana Romaní
O
martes 4 de xuño, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Líquidos, coa participación de Chus Pato, Baldo Ramos e Ana Romaní.


