O
venres 24 de febreiro, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha homenaxe a Rosalía de Castro, en conmemoración do 175º aniversario do seu nacemento. A partir das 20:00 horas, Pilar García Negro dará unha charla sobre a súa figura e César Morán rematará o acto lendo poemas da autora.
Arquivos da etiqueta: Pilar García Negro
A Coruña: presentación de Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano
O
xoves 26 de xaneiro, ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, no que participaron os seguintes autores: María Pilar García Negro, Xosé Antón Pena Beiroa, Victorino Pérez Prieto, Justo Beramendi, Engracia Vidal Estévez, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e David Otero. A obra foi publicada pola propia Asociación. O acto será presentado polo editor do libro, Xosé Manuel Sánchez Rei.
A Coruña: presentación de Cartografías do derrubo, de Carme Adán
O
mércores 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12) da Coruña, preséntase Cartografías do derrubo, de Carme Adán, publicado por Difusora. No acto, acompañando á autora, participan Lucía L. Bayo, Xabier P. Docampo, Pilar García Negro e Xavier Paz.
Ferrol: presentación de Prisciliano na cultura galega, de Victorino Pérez Prieto
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución, s/n.) de Ferrol, preséntase o libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Elia Rico, presidenta da Asociación Cultural Medulio, Xaime Bello e Pilar García Negro.
A Coruña: mesa redonda O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións
O
xoves 1 de decembro,
ás 20:30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar, dentro dos actos de conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha mesa redonda baixo o título O xogo das cadeiras e outras invisibilizacións, en que participarán Mercedes Queixas, Ana Pontón, Pilar García Negro e Ana Rúa.
Santiago: debate sobre O discurso de promoción do galego, entre Henrique Monteagudo e Pilar García Negro
O l
uns 24 de outubro, ás 18:00 horas, na Aula 10 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar un debate sobre O discurso de promoción do galego, problemática e propostas de futuro, en que participarán Henrique Monteagudo e María do Pilar García Negro. O acto está organizado pola Liga Estudantil Galega Filoloxía.
A Coruña: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa
O xoves
29 de setembro, ás 20:00 horas, no local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) na Coruña, preséntase o libro de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa, publicado en Edicións do Castro. No acto, xunto á autora, participan Felipe Senén López e Pilar García Negro, acompañados pola actuación musical de Xurxo Souto.
Carballo: Curso de verán Traballando en lingua: (Re)pensando o discurso, do 20 ao 22 de xullo
O
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL), convocan a sétima edición do curso de verán Traballando en lingua que este ano ten como eixo temático o de (Re)pensando o discurso.
As liñas temáticas son as seguintes:
– Reflexionar sobre a incidencia do(s) discurso(s) lingüístico(s) na situación social da lingua.
– Analizar os argumentos a respecto da diversidade lingüística.
– Revisar termos e conceptos sociolingüísticos en transformación.
– Avaliar as ideas forza e os conceptos chave do discurso normalizador sobre o galego, así como a súa actualidade e/ou necesidade de reformulación.
– Presentar propostas de actuación que permitan intervir no imaxinario social sobre a lingua.
Realizarase no Pazo da Cultura de Carballo (Rúa do Pan, s/n.) entre o mércores 20 e o venres 22 de xullo. Hai un total de 70 prazas, e a matrícula pódese formalizar aquí, cos seguintes prezos: 30 euros comunidade universitaria, persoas desempregadas e socios/as da CTNL (colectivo especial de matrícula no Xescampus); 50 euros xeral.
O programa é o seguinte:
* Mércores 20 de xullo:
– 11:00 h. (Re)pensando o discurso: propostas integradoras para a normalización lingüística. J. M.ª SÁNCHEZ CARRIÓN.
– 13:00 h. A dignificación das palabras que nos pertencen. O caso da normalización. PILAR GARCÍA NEGRO
– 16:30 h. Impoñemos galego ou queremos galego? Breve panorámica verbo dos marcos e discursos (erróneos?) sobre a lingua galega. IVÁN MÉNDEZ LÓPEZ.
– 18:30 h. Grupos de traballo: Reconstruíndo os discursos sobre a lingua. Coordinados por Olga Patiño Abeixón e Dores Sánchez Alegre.
* Xoves 21 de xullo:
– 10:30 h. Para a hegemonia social do galego: discursos, prácticas e políticas lingüísticas. CELSO ÁLVAREZ CÁCCAMO.
– 12:30 h. Grupos de traballo: Reconstruíndo os discursos sobre a lingua. Coordinados por Rosa Moreiras Cuñarro e Nuria Seoane Bouzas.
– 17:00 h. Marcos ideolóxicos, estrutura social e lingua na sociedade galega actual. FERMÍN BOUZA ÁLVAREZ.
– 19:00 h. Obradoiros simultáneos:
+ Obradoiro de espazo lingüístico persoal. GEMMA SANGINÉS.
+ O português simples (OPS!): socializando a estratégia luso-brasileira para o galego. VALENTIM R. FAGIM.
– 21:00 h. Pelos na lingua. Representación teatral de TALÍA TEATRO.
* Venres 22 de xullo:
– 10:00 h. Obradoiros simultáneos:
+ Obradoiro de espazo lingüístico persoal. GEMMA SANGINÉS.
+ Prexuízos lingüísticos: estratexias de combate. MANUEL NÚÑEZ SINGALA.
– 12:00 h. Lectura e debate das conclusións xerais.
– 13:00 h. Unha guía de estilo para a política lingüística. É posíbel?. NEL VIDAL BARRAL.
Lugo: Encontro Escritor@s polo territorio
O
sábado 11 de xuño, no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar o Encontro Escritor@s polo Territorio, convocado por ADEGA, no que os escritores convidan a toda a cidadanía interesada a participar neste encontro, enriquecendo deste xeito o debate, e achegando novas visións dos temas tratados, ofrecendo un lugar de participación para todas aquelas persoas con inquedanzas sobre o territorio que habitan. O programa é o seguinte:
– 09:30 h. Inauguración da xornada, por Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA e Antón Bao, Vicepresidente 1º da Deputación de Lugo.
– 10:00 h. Mesa de debate: A literatura oral do territorio. Nesta mesa analizarase a literatura e tradición oral, a importancia da súa conservación, a súa defensa e o seu vencellamento ao territorio. Con Ana Carreira e Xoán Ramiro Cuba. Modera: Antonio Reigosa.
– 11:00 h. Coloquio – Debate.
– 11:30 h. Actuación do coro LUGH dirixido por Fernando García Jácome.
– 12:30 h. Mesa de debate: Os nomes do territorio. A Toponimia. Aquí abordarase o tema dos cambios producidos na Toponímia galega; cidades, pobos, parroquias….a súa deturpación e a desfeita cultural que isto supón, desde o punto de vista da Tradición Oral, a Arqueoloxía ou a Historia. Con Xulia Marqués e Gonzalo Navaza. Modera: Xosé Miranda.
– 13:30 h. Coloquio – Debate.
– 16:00 h. Mesa de debate: Cambios no uso da Cidade. Por medio da narración das experiencias vitais de tres escritores pertencentes a diferentes xeracións (1940, 1951, 1975), dos seus recordos do uso da cidade para o xogo o traballo, a vida cotiá, obteremos unha visión do cambio producido no territorio urbano nos últimos 75 anos. Con Paco Martín e María Reimóndez. Modera: Isidro Novo.
– 17:00 h. Coloquio – Debate.
– 17:30 h. Actuación de música galega.
– 18:00 h. Mesa de debate: O meu territorio na miña literatura. A través de diversos autores, faremos un percorrido polas diferentes percepcións que teñen e tiveron das cidades onde se sitúa a súa obra literaria tendo deste xeito unha visión de como se manifestan os cambios das cidades na literatura. Con Pilar García Negro e Adela Figueroa Panisse. Modera: Xurxo Souto.
– 19:00 h. Coloquio – Debate.
– 19:30 h. Conclusións e Clausura do Encontro. Os moderadores; exporán as conclusións de cada unha das mesas de debate. Posteriormente procederase á clausura do Encontro.
Reseña posterior en Galicia Hoxe.
Premios AELG 2011
Estes
son
os gañadores/as dos Premios AELG 2011, fallados na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que premian as mellores obras editadas en 2010 nas modalidades de:
Alén destas categorías, entregáronse outros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
Recollido en Xornal, Galicia Hoxe, Faro de Vigo, La Opinión, A Nosa Terra, Xerais, Cultura Galega e Fervenzas Literarias.