Arquivos da etiqueta: Susana Reboreda Morillo
Amoeiro: Festa Literaria do Premio Trasalba 2023
Allariz: presentación do número 6 da revista Mazarelos
Ourense: Laura Tato e Carme Fernández Pérez-Sanjulián participan no ciclo de conferencias Abril oteriano
Teresa Moure gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2011 con Queer-emos un mundo novo
“Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións é o título da obra coa que Teresa Moure acaba de levar o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. A escritora impúxose no certame, dotado con 6.000 euros, entre 12 orixinais, e fai un achegamento á lingua e á literatura galega desde a teoría queer. Na súa obra, Moure critica a construción das categorías home/muller e cuestiona mesmo os empregos inclusivos do xénero da linguaxe, que considera baleiran de contido o potencial transformador do feminismo. Galaxia editará o volume ao longo do vindeiro ano.” Vía Cultura Galega.
Vía Galaxia: “O ensaio de Teresa Moure, que presentou co pseudónimo de Ramón Agrelo en alusión ao cuestionamiento de xénero, “vai máis alá da tradición feminista para criticar a construción das categorías home/muller e desmontar tanto a tradición hetero-normativa como a do propio feminismo”. O ensaio de Moure foi premiado por maioría por un xurado formado por Ernesto González Seoane, María López Sández, Susana Reboreda Morillo, Anxo Tarrío Varela e Carlos Lema, director literario de Galaxia. O xurado destacou a calidade media dos doce orixinais presentados, así como a variedade de temas.”
Recollido tamén en Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, El Progreso e El País.