Arquivos da etiqueta: Víctor F. Freixanes
Compostela: presentación de Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos
O
mércores 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Berta Dávila, Iago Martínez e Víctor F. Freixanes.
Vigo: presentación de A boneca de Blanco Amor, de María Xosé Queizán
O
xoves 15 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102, baixo) de Vigo, preséntase A boneca de Blanco Amor, de María Xosé Queizán, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Ledicia Costas e Víctor F. Freixanes.
Ourense: Xornadas Eduardo Blanco Amor no 35º aniversario do seu pasamento
Ourense: acto literario do Centro PEN Galicia en homenaxe a Eduardo Blanco-Amor
Desde
El Correo Gallego:
“Nesta XI edición, 35 aniversario do pasamento do ilustre ourensán, respondendo ó chamamento do Parlamento de Galicia que, por unanimidade dos grupos da Cámara, declarou 2014 como Ano Blanco-Amor, a actividade promovida polo PEN terá lugar o luns 1 de decembro, ás 12:00 h, no cemiterio de San Francisco, en Ourense. (…). Este é o programa:
– Saúdo e benvida: Luís González Tosar (Presidente do Centro PEN Galicia).
– Palabras de Siro López: Algúns aspectos do humor de EBA.
– Lecturas a cargo das alumnas e alumnos.
– Breves intervencións de:
– Víctor F. Freixanes (Director da Ed. Galaxia).
– Xesús Alonso Montero (Presidente da RAG).
– Ana Garrido (Concelleira de Cultura).
– Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación de Ourense).
– Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Cultura, Educación e Ord. Univ).
Finalizará cunha ofrenda floral.
Vigo: presentación do número 203 da revista Grial
Compostela: presentación de Raíñas do meu xardín, de Xosé Manuel G. Trigo
Vigo: presentación de Tes ata as 10, de Francisco Castro
O
martes 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa del Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), Francisco Castro presenta a novela Tes ata as 10, publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Inma López Silva e Víctor F. Freixanes







