Oseiro, Arteixo: Rimando e Xogando con Manuel María na Biblioteca do Froxel, por Lisístrata

Rimando e xogando Lisístrata Manuel MaríaO martes 19 de abril, ás 18:50 horas, na Biblioteca Francisco Vidal do Froxel (Oseiro, Arteixo), terá lugar a actividade Rimando e Xogando con Manuel María, levada a cabo por Ana Hermida (Lisístrata Asociación). Unha maneira de achegar ao público infantil o traballo e a figura de Manuel María, nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí se acheguen. Haberá pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e outras nas que interactúan coa contadora.

Obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016

AGala do Libro Galego 2016 Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia convocan os Premios Gala do Libro Galego 2016, a celebrar o sábado 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, na que se darán a coñecer as obras gañadoras.

(A Coruña, 15 de abril de 2016) Con esta convocatoria preténdese recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas das tres entidades convocantes.

Obras finalistas do Premios Gala do Libro Galego 2016

Ensaio

Narrativa

Literatura infantil e xuvenil

Libro ilustrado

Iniciativa bibliográfica

Tradución

Poesía

Teatro

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

  • Culturgal.
  • Espazo Lectura (Gondomar).
  • Fundación Manuel María de Estudos Galegos.
  • Praza das Letras – Concello de Carballo.

Proxecto literario na rede

Xornalismo Cultural

  • Diario Cultural.
  • Montse Dopico.
  • Sermos Galiza.

A Gala do Libro Galego 2016 conta co apoio do Concello de Santiago, Consellaría de Cultura, Deputación da Coruña, Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) e AGADIC.

Manuel Núñez Singala: “Ían ser quince páxinas, pero a historia tirou de min e son 300”

EntrevistaManuel Núñez Singala a Manuel Núñez Singala en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que aporta de diferente [Camiños na auga] ao resto das súas obras?
– Manuel Núñez Singala (MNS): Esta é unha novela extensa, o que xa é unha certa diferenza. Nas outras, ademais, a lingua, Galicia, a maneira de ser dos galegos tiñan unha certa importancia e, esta vez, é unha historia que transcorre en África na súa totalidade. O protagonista é un negro albino, co cal non aparece a palabra galego en toda a novela.
– LVG: ¿Por que este xiro?
– MNS: As historias teñen que ser interesantes, pero non teñen que transcorrer aquí. Hai temas que son universais que se poden proxectar dende aquí ou non, e na literatura galega pódense tratar temas propios e doutros sitios.
– LVG: ¿Por que escolleu África como referente?
– MNS: -Lin nun xornal unha nova dun albino que chegou a Canarias e que, ademais, conseguiu asilo porque os albinos en África están moi perseguidos. El chegou a Canarias, pero os emigrantes están chegando a todas as partes, e quería reflexionar un pouco sobre eses periplos, que pensa esa xente, de onde ven, que é o que busca, para ir máis alá desa percepción que algúns teñen de que veñen a quitarnos o traballo. Eles buscan o mesmo que buscabamos os galegos hai anos en América ou Europa. É xente moi valiosa, que ten iniciativa e nós mirámolos con certo desprezo, como se foran cidadáns de segunda clase, cando estou seguro de que son xente moi interesante. (…)”

A Coruña: recital de Isaac Xubín e Lorna Saughnessy no Ciclo Poetas Di(n)versos

OIsaac Xubín lunsLorna Saughnessy 18 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Isaac Xubín e a poeta irlandesa Lorna Saughnessy. As célticas notas do ‘whistle’ ou flauta irlandesa acompañarán os poemas de Isaac Xubín, hoxe residente no Reino Unido, mentres que os ingleses de Saughnessy irán seguidos de traducións ao galego lidas pola condutora do acto, Yolanda Castaño. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos abril 2016.

Pontevedra: actividades previstas para o Festival de Poesía Ponte Poética 2016, desde o venres 15

Ponte Poética 2016

Dez obras significativas da LIX galega, segundo Helena Villar Janeiro

DesdeHelena Villar Lermos.gal:
“(…) A grande escritora Helena Villar Janeiro proponnos unha listaxe dos 10 títulos máis significativos da LIX galega de todos os tempos.

A galiña azul, Carlos Casares.
A Marela Taravela, Xosé Neira Vilas.
Os soños na gaiola, Manuel María.
A expedición do Pacífico, Marilar Aleixandre.
Abracadabras, Marica Campo.
Contos por palabras, Agustín Fernández Paz.
O misterio dos fillos de Lúa, Fina Casalderrey.
A nena de auga e o príncipe de lume, Xabier P. DoCampo.
O segredo de Marco Polo, Francisco Castro.
O meu pesadelo favorito, María Solar.”