Vigo: visita guiada á exposición de orixinais de O paso do noroeste, de Xavier Queipo e Primitivo


Este sábado 14 de outubro, ás 18:00 e ás 20:00 horas, en Riolagares (Rúa Falperra, 16), en Vigo, terá lugar unha visita guiada, da man do guionista, Xavier Queipo, á exposición O Paso do Noroeste: etapas da elaboración dunha novela gráfica.

A Coruña: VI Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Colorín colorado, faladoiro ilustrado, o 17 de outubro

A AELG colabora coas VI Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria: Colorín colorado, faladoiro ilustrado, actividade da Universidade da Coruña, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A actividade terá lugar o 17 de outubro, ás 17:00 horas, no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, con entrada libre e gratuíta. As profesoras coordinadoras da actividade son Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire e Patricia Carballal Miñán, da Facultade.

O obradoiro-coloquio conta coa presenza de:
– Bea Gregores.
– Óscar Villán.