Arquivo da categoría: Narrativa
“Hoxe lemos: Furia, de María Reimóndez”
Entrevista a María Reimóndez no Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, Furia, premio Jules Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achegas sobre a triloxía de ciencia ficción feminista que Reimóndez comezou coa novela Cobiza e que culminará en 2024. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Vilagarcía: presentación de Contármonos, do colectivo Comadres das Letras
Vigo: presentación de Furia, de María Reimóndez
A Coruña: faladoiro con Concha Blanco e María Canosa
Compostela: presentación de A madriña, de Nones Araújo
Compostela: presentación de Oi, que dice mamá que volvas, de Miguel R. Monteavaro
Teresa Moure: “O meu propósito foi facer unha versión feminina e lixeiramente rebelde do Zeca”
Entrevista a Teresa Moure no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Cando era neno Zeca Afonso viviu en África, en Angola e en Mozambique despois. A pegada destes lugares, a súa relación con Galicia, as súas dúbidas, os artistas aos que el admiraba… os amigos que o coñeceron ben… por aí transita esta novela gráfica, moi documentada, pero de ficción. A guionista, Teresa Moure, acompáñanos hoxe para guiarnos por esta proposta orixinal e moi fermosa. A entrevista pode verse aquí.”