Ribeira: actos destacados na Feira do Libro para os 23 e 24 de xuño

O 24 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios durante o fin de semana de 12:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:

Sábado 23
– 20:00 h. Escritores de Ribeira na Feira do Libro. Lectura e coloquio con Carlos Callón (Galegocalantes e galegofalantes) e Carlos Lixó (As Casas). Modera Manuel Cartea, presidente da A. C. Barbantia. Posterior sinatura de libros.
– 21:15 h. Manuel Miragaia presenta Galeguia, publicado por Chiado Editora.

Domingo 24
– 13:00 h. Charla-coloquio sobre o libro O valor das palabras. A enfermidade como unha oportunidade, por ASEM Galicia.
– 19:00 h. Presentación de Camiños, de Magín Blanco, publicado por Fol Música.
– 21:00 h. Acto en lembnranza de Plácido Betanzos.

Compostela: presentación de Os Eidos, de Uxío Novoneyra, e a Biblioteca de Mesopotamia

O 22 de xuño, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego, Chan da Pólvora Editora cumpre dous anos e celébrao coa presentación en Compostela do selo Biblioteca de Mesopotamia e do seu segundo título, Os eidos de Uxío Novoneyra.

Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros 2018 para o 22 de xuño

O 22 de xuño comeza a Festa dos Libros 2018, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:

– 12:30 h. “Pontevedra si ten quen lle escriba”. Rafael L. Torre, Rafael Fontoira Surís e Xosé Fortes. ESCENARIO. Presenta Miguel Ángel Rodríguez.
– 12:30 h. Blanca Millán, Lola e as 21 vacas. Editorial Triqueta verde. La Nube de Papel.
– 12:30 h. Loli Veloso, Siro cos nenos; Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nenos; Isaac Díaz Pardo para as nenas e os nenos galegos. Beneficios da venda destes libros destinados á investigación do cancro en pro da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e apoio a crianzas de Nicaragua. Clip.
– 13:30 h. Rosa Espiñeira, Elerre e Marta Purriños, Certezas alumeadas de Luís Seoane. Figurandorecuerdo(s)Edicións. ESCENARIO.
– 13:30 h. Rafael Fontoira Surís, Xan do Arrabaldo. Edicións Laiovento. Paz.
– 18:30 h. Adrián Morgade, Xinfu na maldición guauchuky. Xerais. Aviones de papel.
– 18:30 h. Elerre, STOP. Figurandorecuerdo(s)Edicións. Metáfora.
– 19:00 h. Manuel Lourenzo González, Ceiba de Luz. Xerais. ESCENARIO. Presenta Manuel Bragado.
– 19:30 h. Montse Fajardo, Invisibles. Luna Nueva.
– 19:30 h. Montse Pena, A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida de Xerais e Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia de Laiovento. Libraría Paz.
– 20:00 h. Poesía e edición. Galicia e Portugal. Genaro da Silva, Antón Blanco Casás, António Sá Gué, da editorial Lema d’Origem e César Lorenzo Gil. Aira Editorial (Allariz). ESCENARIO.
– 20:00 h. Carlos Taboada, A biblioteca de Pedrarcana. Xerais. Espazo Lector Nobel.
– 20:15 h. Manuel Lourenzo González, Ceiba de Luz. Xerais. Libraría Paz.
– 21:00 h. Mesa redonda sobre María Victoria Moreno. Interveñen Eli Ríos, Fina Casalderrey, Montse Pena, Xavier Senín, Montse Fajardo e Ánxela Gracián. Modera Manuel Bragado. ESCENARIO.
– 22:00 h. Proxección do documental. María Victoria Moreno. Galega por amor. ESCENARIO.
– 22:00 h. Fina Casalderrey, A muller que durmía pouco e soñaba moito. Xerais. Seijas.

Ribeira: acto destacado na Feira do Libro, 22 de xuño

O 22 de xuño continúa a Feira do Libro de Ribeira (na Praza do Concello), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa para este día:

– 21:00 h. Escritores de Ribeira na Feira do Libro. Lectura e coloquio con Antonio Tizón (Un home estraño), Francisco Sánchez Fraga (Corrubedo en prosa e verso) e Xosé Antonio Ventoso (Un vento furioso que pasa de repente).

Pilar Pallarés: “Todo é arrasado neste tempo no que vivimos”

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Pilar Pallarés publica Tempo fósil na editorial Chan da Pólvora. Hai un xardín primeiro de flores inútiles. Tamén a dor é a mais inservíbel. A autora sobreponse ao hendecasílabo e rexistra o tempo fósil, nel a demolición toma forma de restos. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Fariña prohibida

Artigo de Armando Requeixo en Criticalia:
“Estes días correu como a pólvora a nova de que o libro de Nacho Carretero Fariña, publicado pola madrileña Libros del K.O., ficaba secuestrado como medida cautelar por orde dunha xuíza de Collado Villalba. A maxistrada respondía deste xeito a unha demanda do exalcalde do Grove, José Alfredo Bea, quen acusa a Carretero e a súa editorial dun delito de “inxurias e calumnias”.
Principiaba así un novo episodio de interdición literaria que non só está a conseguir que o conxunto social se posicione a prol de Carretero e a libre circulación da obra, senón que está logrando convertela nun bestseller cunha moi exitosa proxección televisiva.
Porque a Historia da Humanidade está chea de exemplos de libros que foron prohibidos. (…)
A medida cautelar promulgada contra o libro Fariña de Nacho Carretero ten paralizada tamén a saída en galego do libro por Xerais, que agarda poder lanzala ao mercado caso da resolución xudicial permitilo.
E é que a prohibición de textos polos xulgados non é tampouco unha historia nova entre nós. Abondará con recordar un exemplo: o procesamento de Manuel Curros Enríquez por “atentar contra do libre exercicio dos cultos” cos versos de Aires da miña terra (1880), que lle reportou unha condena de dous anos, catro meses e un día e unha multa de duascentas cincuenta pesetas, da que o librou Serafín Temes, o demócrata ourensán que pagou a súa fianza, sendo absolto o poeta despois mercé á defensa do xurista Luciano Puga. (…)”