A Coruña: recital de Xiana Arias e Víctor Rodríguez Núñez no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 26 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Xiana Arias e o poeta cubano Víctor Rodríguez Núñez. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos novembro 2018.

Lugo: crónica fotográfica da Homenaxe a Isidro Novo

Estas son algunhas das fotografías da Homenaxe a Isidro Novo que tivo lugar en Lugo o pasado sábado 3 de novembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.