Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: recital de Carlos Negro e Hinemoana Baker no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 24 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Carlos Negro e a poeta de Nova Zelandia Hinemoana Baker.
Cambados: actos destacados do 22 de xuño na Feira do Libro 2019
O
22 de xuño finaliza a Feira do Libro de Cambados (no Paseo Calzada, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 11:30 h. Ramón Caride asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
– 12:30 h. Antonio Magariños asina A escola do convento na caseta da Libraría Ramón Cabanillas.
– 18:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta da Secretaría.
– 19:00 h. Presentación-recital de Street Poems, de Fran Alonso, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación de Memoria da represión franquista en Cambados, publicado polo Concello de Cambados. Participan Víctor Caamaño, Tino Cordal e Quico Paz Antón.
– 21:00 h. Mesa redonda O Cambados da miña obra. Con Miguel Anxo Fernández, Sabela Pillado e Xosé María Vila Ribadomar.
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz, con Amauta Castro, Suso Bahamonde e Patricia Meira
Ribadeo: III Ventos poéticos. Un Nordés cantábrico
Actividades da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2019
Carral: entrega do Premio do Certame de poesía Concello de Carral a Xurxo Alonso, e presentación de As bicis, de Xabier Cid
Guitiriz: charla-coloquio “A importancia da muller galega no rural como biblioteca da oralidade”
Celanova: actividades destacadas do 23 de maio na Feira do Libro 2019
O
23 de maio ten lugar a Feira do Libro de Celanova (na Praza Maior), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 10:00 a 20:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para ese día:
– 12:00 h. Pregón a cargo de Xosé Benito Reza.
– 13:00 h. Lectura conxunta do poema “Aí ven o maio” a cargo do alumnado do CPR Pablo VI da Rúa e do IES Indalecio P. Tizón, de Tui, que visitan Celanova para participar no programa de Concertos didácticos de órgano.
– 17:30 h. Espectáculo infantil: A música da auga, por Servando Barreiro
– 19:30 h. Tertulia sobre os alcumes de Celanova e Vilanova.
– 20:15 h. Presentación do catálogo da exposición de Baldomero Moreiras, O eco das amazonas.
Literatura galega en Roma
O
Instituto
Cervantes, en colaboración co Centro de Estudos Galegos de Roma acubillado na Università La Sapienza, organiza tres xornadas dedicadas á lingua e a literatura galegas. O martes 21 de maio terá lugar unha performance a cargo da poeta Yolanda Castaño e o músico Isaac Garabatos.
Seguiralle un coloquio o día 28 de maio da man de Marco Paone e Attilio Castellucci, profesores da Universidade de Perugia e a Universidade da Sapienza e directores dos Centros de Estudos Galegos de ambas universidades, baixo o título “Il galego, origini di una lingua e della sua letteratura” (“O galego, as orixes dunha lingua e da súa literatura”).
Poralle fin a estas xornadas Suso de Toro o día 5 de xuño, autor con obra traducida ao italiano como dá conta o Uomo senza nome publicado pola editorial Gran Via en 2008.”










