O venres 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume de Lalín (Rúa B, 20, baixo) Xosé Duncan presenta a súa triloxía de As Crónicas de Bran e Hostal Norte, publicadas por Urco Editora. No acto, xunto ao autor, participa David Cortizo.
Vigo: Círculo Poético Aberto de novembro
Sigüeiro (Oroso): presentación de Elos de cinza, de Xosé M. Lobato
No acto participa, xunto ao autor, Miro Villar.
Entrevista a Basilio Losada no Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O programa ZigZag-Eirado conta coa presenza do profesor, tradutor e investigador lucense Basilio Losada, primeiro catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona e nomeado recentemente membro de honor da Real Academia Galega. Con esta distinción, a institución recoñeceu o seu labor incansable na defensa e na difusión da cultura galega tras emigrar cando era un neno a Cataluña, onde desenvolveu unha produción versátil que vai da investigación e o ensaio á crítica literaria, a tradución e a creación. A entrevista completa pode verse aquí.”
Compostela: Viño e narrativa 1: Suso de Toro
O venres 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural Vide Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10, baixo) de Santiago de Compostela, a A. C. O Galo comeza Viño e…, un ciclo con actividades que no momento da súa realización requiren da colaboración dos asistentes, quen ao remate de cada unha participarán gratuitamente nunha cata a cegas.
A primeira actividade será Viño e narrativa 1: Suso de Toro:
“Dando por sabidos os males do alcolismo e tamén os bens que o uso intelixente do alcol proporciona é evidente que hai un recendo a viño e augas ardentes na historia da literatura, un recendo que ás veces é mesmo un cheiro ben forte.
Non sei dicir se a literatura que publiquei ole moito a esas bebidas, teño a idea de que non lle falta ese recendo moitas veces bravo. E podo confesar que tamén me acompañou na escrita, vai unha fotografía tirada de Polaroid na que aquel autor no ano 1984, como indica unha folla de calendario, escribía o libro nunha máquina “Underwood” acompañado dunha garrafa de líquido transparente.
Canto aos personaxes dos libros, a miña imaxinación tirounos do que vin e ouvín, tireinos das casas, dos campos, das rúas e dos bares. Ao Nano tireino das dúceas de bares que pasaron pola miña vida e polos que pasei en vida deles. Non lembro ben se especifiquei nalgún momento o que bebía o Nano…”
Roberto Salgueiro gaña o XVII Premio de Teatro Rafael Dieste con Como mil cachiños de vidro que a dor escurece
Desde a Deputación da Coruña:
“A obra Como mil cachiños de vidro que a dor escurece, de Roberto Salgueiro, é a gañadora do XVII Premio de Teatro Rafael Dieste que convoca a Deputación da Coruña.
O xurado composto polo autor, director e actor Cándido Pazó, as actrices Belén Constenla e Mónica García, o Profesor de Arte Dramático Óscar Codesido e o xornalista Alfonso Hermida co actor e dramaturgo Xoán Mexuto como comisario e presidido polo deputado responsábel da área de Cultura, Xosé Regueira, como presidente, sen voto, decidiu premiar a obra Como mil cachiños de vidro que a dor escurece na XVII edición do Rafael Dieste de obras teatrais.
O xurado, reunido na sede da Deputación este mércores 11 de novembro, destaca da obra de Roberto Salgueiro a “potencia da súa escrita, expresada no ambiente, ton e confección de personaxes, polo que constitúe unha aportación singular ao repertorio da literatura dramática galega”. Valora tamén o xurado no seu fallo que a obra é “absolutamente factíbel para a súa representación”.
Roberto Salgueiro é escritor e director teatral. Está á fronte da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Da súa ampla obra destacan títulos como O arce no xardín, Historia de Neera, Eliana en ardentia ou Bernardo destemplado, Matanza, Apnea, Molière final, Historia da chuvia que cae todos os días, Memoria de Helena e María, Valentino Rufini ou Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can). (…)”
A Estrada: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
A Guarda: lectura de poesía de Francisco Álvarez Koki
A Coruña: presentación de Xeixos, de Suso Lista
O xoves 12 de novembro, ás 19:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), preséntase Xeixos, de Suso Lista, publicado por Embora. No acto participa, xunto ao propio autor, o editor Miguel Toval.