Compostela: Xornada “Pioneiras”: María Xosé Porteiro. Activista das palabras, o 30 de outubro

Máis información e inscrición aquí.

Eugénio Outeiro, Cláudia Morán e Manolo Broa gañan os Premios Johan Carballeira do Concello de Bueu

Desde o Concello de Bueu:
“Eugénio Outeiro Lojo, Cláudia Morán e Manolo Broa son os gañadores dos Premios Johan Carballeira convocados polo Concello de Bueu. Os xurados, reunidos este sábado 4 de outubro pola mañá, acordaron conceder o premio na categoría de poesía a Eugénio Outeiro Lojo coa obra Réquiem; e a Cláudia Morán e Manolo Broa coa reportaxe ‘Convivir co lume. O baleiro que arde: un territorio a mercé do lume’, publicada orixinalmente no suplemento Sermos Galiza do Nós Diario.
O xurado do premio na modalidade de poesía compuxérono Xosé Luís Mosquera, poeta e gañador da edición anterior, Silvia Penas, poeta, e Manuel Forcadela, crítico literario, escritor e profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Da lectura dos 44 poemarios presentados, o galardón concedeuse á obra de Outeiro Lojo, da que se sobranceou que “está ben artellada e moi acaída para o significado do premio convocante, cunha estrutura e arquitectura poética traballada, delicado no tratamento, nada panfletario que engancha por unha musicalidade evidente, de vocación trobadoresca e que conecta coa oralidade”. Así mesmo, trátase dunha poética máis clásica e diferente da cultivada na actualidade e que formula unha proposta de verdadeiro acto de memoria histórica.
Pola súa banda, o xurado na categoría de xornalismo estivo composto por Lois Pérez, gañador da anterior edición, Diana López Varela, xornalista pontevedresa, e Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira. De entre os dezaseis traballos presentados ao certame, a gañadora foi a reportaxe de Cláudia Morán e Manolo Broa, de cuxo traballo o xurado valorou “a análise das aldeas sen case veciñanza, cunha perspectiva orixinal sobre os tópicos do lume”. A reportaxe establece a correlación entre o despoboamento e os incendios, e o contraste entre o urbano e o rural, así como as distintas vagas de lumes. Atópase, ademais, a análise entre a responsabilidade cidadá e política e o impacto sobre o territorio, ofrecendo unha visión directa do conflito e establecendo unha progresión eficaz no contido da reportaxe. A perspectiva trasloce un proxecto máis global, no que se achegan datos e contexto a un problema non sinxelo como é o despoboamento do rural e os incendios. Chama á reflexión dun xornalismo que reivindica o valor fundamental como elemento democratizador e emancipador da cidadanía contribuíndo á súa autonomía e conformador do espírito crítico.
O xurado desta categoría ademais fixo unha mención especial do traballo presentado por Míriam Ferradáns Ferradás titulado Altri e a erosión da identidade galega: cando o monocultivo enterra a memoria, publicado no Nós Diario.
A entrega dos premios vai ter lugar nun acto público que se celebrará ao longo deste ano. (…)”

A Coruña: actividades do 3 de agosto na Feira do Libro 2025

Vigo: actividades do 5 de xullo da Feira do Libro 2025

Lugo: actividades do 16 de maio na Feira do Libro 2025

Crónica fotográfica do Roteiro As Colunas de Luísa Villalta e a música ao fondo, con César Morán e Cláudia Morán

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro As Colunas de Luisa Villalta e a música ao fondo, con César Morán e Cláudia Morán, celebrado o pasado 22 de decembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

A Coruña: Roteiro “As Colunas de Luísa Villalta e a música ao fondo”, con César Morán e Cláudia Morán, o 22 de decembro

O Roteiro “As Colunas de Luísa Villalta e a música ao fondo”, guiado por César Morán e Cláudia Morán, iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, achegaranos ao pensamento de Luísa nos seus artigos xornalísticos e o valor musical da súa obra.

Terá lugar o domingo 22 de decembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída é a Praza de Pontevedra, diante do IES Eusebio da Guarda. Non é necesaria inscrición previa.


Información sobre protección de datos

A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Acta do xurado dos V Premios Mil Primaveras

Francisco Castro gaña o XIX Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

Desde Afundación:
“O Café Moderno Afundación de Pontevedra celebrou o acto de entrega do XIX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego o martes 25 de outubro, outorgado a Francisco Castro polo seu artigo «Coiden da música» publicado en La Voz de Galicia.
Acompañaron o premiado, ademais das outras dúas persoas finalistas, Cláudia Morán e Diego Giráldez, todas as persoas que conformaron nesta edición o xurado: Víctor Freixanes, presidente do xurado; Carlos Valle, secretario; Fina Casalderrey, vogal; Míriam Ferradáns, vogal; e Gloria Rodríguez López, vogal.
Tamén Camiño Noia, escritora, filóloga e profesora emérita da Universidade de Vigo, participou do acto, facendo unha introdución sobre a sobranceira figura de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedicará o Día das Letras Galegas no vindeiro 2023. A raíz desta homenaxe, convocamos a vixésima edición do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, que presentará as súas persoas finalistas no mes de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.”