Arquivos da etiqueta: Dores Tembrás
Ferrol: actos destacados na IX Semana da Poesía Salvaxe
Do
13 ao 16 de abril terá lugar en Ferrol a IX Semana da Poesía Salvaxe. Do seu programa destacamos os seguintes actos:
Venres 15:
– 12:30 h. No Mercado de Recimil, poemas de Lucía Aldao e María Lado. A continuación Silvia Penas e Dores Tembrás.
– 17:00 h. Na Lancha da Ría, recitarán Dores Tembrás e Silvia Penas, coa música de Miguel Neira.
– 22:30 h. No Manchita Cosa, entre outr@s, Serxio García e Leo Arremecághona, Dores Tembrás e Silvia Penas.
Sábado 16
– 13:00 h. Sesión Vermouth no Bar Cazadores, Manuel Rivas, precedido por Manolo Bacalhao e Cabe García.
Compostela: Acto de celebración do Banquete de Conxo
A Coruña: presentación de Follas novas, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira
O
xoves 17 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), na Coruña, preséntase a edición de Follas novas, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, participan, xunto ao autor do estudo crítico da obra, Pepe Barro e Dores Tembrás.
A Coruña: faladoiro O acontecemento creativo. Misterio e técnica, por Dores Tembrás
A Coruña: O fillo da furia. 20 voces por Lois
O domingo 28 de febreiro, ás 12:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar O fillo da furia. 20 voces por Lois, homenaxe a Lois Pereiro, froito dunha colaboración entre AELG e o Concello da Coruña.
Coa participación de Alfredo Ferreiro, Álvaro Antelo, Ana Romaní, Antía Otero, Dores Tembrás, Estibaliz Espinosa, Iolanda Zúñiga, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mario Regueira, Miguel Mato, O Leo i Arremecághona, Ramiro Torres, Rosalía Fernández Rial, Silvia Penas, Xavier Seoane, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Xulio Valcárcel e Yolanda Castaño.
Coa colaboración das actrices Manuela Varela e Sabela Hermida.
Produción: Xosé Manuel Pereiro, Mercedes Queixas e Lino Braxe.
Dores Tembrás: “Se algo podo dar, son as miñas palabras”
Entrevista
de Ana Abelenda a Dores Tembrás en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Dores Tembrás escribe sobre o que non di.
– Dores Tembrás (DT): Quizais sobre o que non se di. É a tensión coa linguaxe a que mantén ao poeta en vilo. Traballar nese gume, na senda do que non se pode dicir, é un desafío. Magnético.
– LVG: Dicir o que non se pode dicir é mesmo unha contradición.
– DT: O silencio é pura potencia en poesía. Pero o silencio non como ausencia de palabra, senón como presenza de silencio. Eu quero producir o silencio na escrita.
– LVG: Semella difícil…
– DT: Foi algo que aprendín cando fixen a tese [sobre Alejandra Pizarnik]. Pizarnik é unha das autoras que producen con éxito o silencio. Hai distintas maneiras de facelo. Unha pode ser cando remata a lectura dun texto. Cando traballo cos meus alumnos, digo «¿que perseguimos? Producir o sen alento. Iso». Despois conséguese ou non no poema, pero dende logo téñoo como luz.
– LVG: Sabe se o consegue?
– DT: O autor sempre sabe o que consegue no texto. Non sempre de modo inmediato. Ás veces tes que deixalo repousar e volver a el para saber se esa faísca que intuíches se conserva, para ver se o sen alento se produce.
– LVG: Todos os poetas son nenos, di.
– DT: Si! Porque son capaces de poñer a linguaxe do revés con total naturalidade. Non o perseguen, é algo natural… ata que se perde. Nalgún momento o fío se corta. Nótoo porque traballo con nenos de distintas idades. Non é mesmo unha nena de 11 que un rapaz de 14. Hai un momento no que esa vía de experimentación coa linguaxe se penaliza. Ou, máis que iso, deixa de alentarse.
– LVG: Descoida o sistema educativo potenciar o talento ou as calidades artísticas?
– DT: A arte é algo que non se asocia ao prestixio. O que se cotiza é a ciencia pura. Está en alza un enxeñeiro, alguén que fai informática, Camiños… Pero non hai interese en que se asocie a arte co prestixio.
– LVG: Por que?
– DT: Pode supoñer unha transformación a nivel profundo. Nun traballo artístico estás continuamente cuestionando. Como artista buscas o cambio, se non estás morto. Hai un proceso de desacomodación permanente. Pero é o que move o mundo. O que nos ten en procura permanente. Está na condición do artista ser inconforme permanentemente.
– LVG: Cal é o papel do artista na sociedade?
– DT: Ten tantos papeis…! Os artistas son os que van dez, vinte anos por diante. Eles amosan que non todo transcorre pola autoestrada asfaltada.
– LVG: É crear camiñar polo lado salvaxe?
– DT: … E ver a onde te leva. Podes non chegar a ningures. Podes chegar a un deserto. Podes chegar a un oasis.
– LVG: ¿Son as palabras importantes en si mesmas ou están ao servizo da mensaxe?
– DT: As palabras son sagradas. Di Octavio Paz: «Somos as nosas palabras». Cando lle pides a alguén que escolla unha palabra, é definitivo.
– LVG: Como descubrimos a verdade das nosas palabras, que ás veces menten?
– DT: Procurando. Eu persigo e persigo. Sen imposturas. Se algo podo dar son as miñas palabras. Un tarda tempo en atopalas. O resultado dese proceso de procura é a obra.”
A Coruña: presentación de O Deserto, de María do Cebreiro
A Coruña: actividades destacadas do sábado 19 e domingo 20 en Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura
Do
xoves 17 ao domingo 20 de decembro celébrase no Mercado de San Agustín da Coruña Abecedari@. I Salón do Libro e a Lectura, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 horas, e con entrada libre e gratuíta para o público interesado, evento organizado pola Asociación de Editores Coruñeses. Estas son as actividades destacadas para o sábado 19 e domingo 20 dentro do seu programa: Abecedari@ 2015:
Sábado 19
– 12:00 h. Carlos Callón e Paulo Filgueiras asinan exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 18:00 h. Presentación do libro Parar o mundo, de María Canosa e Marcos Viso, publicado por Trifolium.
– 18:00 h. Rocío Leira asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 19:00 h. Mesa redonda: Novas voces na poesía galega. Con Marcos Abalde, Charo Lopes, Eduard Velasco e Diana Varela (coordinadora).
– 19:00 h. Xosé Duncan asina exemplares das súas obras no espazo da Livraria Suévia.
– 21:00 h. Grupo Ouriol: Manuel María: de Lume e Arxila. Voz: Eva Veiga. Músicos: Fito Ares e Bernardo Martínez.
Domingo 20
– 12:00 h. Mesa redonda: Editar en Galicia. Asociación de Editores Coruñeses.
– 12:00 h. Eli Ríos asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 13:00 h. Xosé Henrique Rivadulla Corcón asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 18:30 h. Andrea Maceiras asina exemplares da súa obra no espazo da Livraria Suévia.
– 19:00 h. Mesa redonda: A poesía de mulleres en Galicia. Con Luz Campello García, Oriana Méndez, Dores Tembrás e Eva Veiga (coordinadora).
Sae á luz Poesía hexágono
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Un libro para facer chegar a poesía ás aulas, a través da experiencia de seis escritores. A entrevista completa pode verse aquí.”





