Entrevista
en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Xa está na rúa o libro Hei de entrar no meu povo. Como se xestou o traballo?
– Resposta (R): Dous dos coordinadores do volume, con moitas outras persoas, colaboramos hai corenta anos con Medulio (organizador en decembro de 1981 da primeira homenaxe da sociedade galega a Carvalho), e logo con Artábria, co Concello de Ferrol (nomeadamente no 1990 e no 2010) e outras entidades na reivindicación da súa figura, un dos grandes vultos, sen dúbida, da vida intelectual e cultural da Galiza do século XX, malia que algúns e algunhas pretendesen, e aínda pretendan, negalo. Nós os catro e media ducia máis que asinamos este libro envorcamos moito máis esforzo de 2013 en diante, con ciclos de divulgación da obra e figura de Ricardo Carvalho, mais certos protagonismos e o nulo éxito na RAG da demanda de Letras galegas para el (sempre apareceu algunha pexa absurda que lle opór) foron deixando xente polo camiño, de xeito que no 2017 ficamos só nós os catro, que de febreiro a maio do 2018 argallamos actividades para lembrar Carvalho. A tal obxecto decidimos editar un libro que recollese as actividades do 2018, especialmente o acto final (coordinado por Xosé Manuel Pazo e Vítor Santalha) e tres das ponencias desenvolvidas: o historiador Bernardo Máiz dá conta en “Carvalho Calero e a política (1926-1990)” de como, despois de 1936-1939 e do silencio obrigado para quen estaba en liberdade vixiada, Carvalho seguiu manifestándose politicamente até no último dos seus escritos e actitudes. En “Ricardo Carvalho Calero, o estudioso da literatura”, Henrique Dacosta afirma que “representou todo para as nossas letras: Nom houvo faceta que nom tivesse chegado a cultivar”; e o profesor Xosé María Dobarro Paz en “Lingüísta por mor dunha causa”, expón como Carvalho “desde mediados da década de 70 pasou a defender publicamente unha aproximación e reintegración da lingua galega na portuguesa”.
– SG: Hai varios colectivos, nomeadamente en Ferrol, a súa cidade natal, que levan moitos anos reivindicando un recoñecemento para Carvalho Calero. Como se sobrelevou o feito de que moitas das campañas organizadas para obter ese recoñecemento institucional -e tamén social- non acadasen os resultados propostos?
– R: Con Artábria tamén andaron en Ferrolterra nesta reivindicación Medulio, o Ateneo Ferrolán, o Toxos e Froles, a Sociedade Artística Ferrolana, a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e un longo etcétera; o Concello ferrolán tamén armou un congreso sobre Carvalho no 2010, e aí estivemos sempre nós. Porén, como sinalabamos antes, foi medrando o cansazo, a decepción e o desleixo. Con todo, seguiron pola súa conta algunhas entidades. Nós, con posturas lingüísticas e políticas próximas mais diferentes, mantivemos a unidade de acción. (…)
– SG: Que destacarían de Carvalho Calero? Que importancia ten para a lingua e a literatura galegas?
– R: A súa figura vai alén do debate normativo. Como escribimos no libro, don Ricardo foi un galeguista que, ao longo de case sete décadas, desenvolveu un inmenso labor poético, narrativo, ensaístico, xornalístico, investigador, académico, docente, político… Unha persoa de honestísima traxectoria vital e profesional, desenvolvida en circunstancias adversas, marcada sempre por un profundo e permanente amor á súa terra, ao seu idioma e á súa cultura. Asemade, da súa man moitas galegas, galegos e foráneos puideron por vez primeira achegarse ao coñecemento científico do idioma propio da Galiza e da súa literatura. (…)”
Arquivos da etiqueta: Edicións Embora
Viveiro: actividades destacadas na Feira do Libro 2019 para os 17 e 18 de agosto
O
18 de agosto finaliza a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 17
– 18:00 h. Esther López Castro asina María na busca da liña do horizonte na caseta da Libraría Cortizas.
– 19:00 h. Presentación de Talasonimia da Mariña Lucense, de Francisco Rivas, publicado por Edicións Embora.
– 20:00 h. Presentación de Matar o heroe, de Adolfo Caamaño, publicado por Galaxia. Con María Loureiro.
Domingo 18
– 13:00 h. Concerto-presentación de Cantamos, de Luís Vallecillo, publicado por Guindastre Edicións. Posterior sinatura na caseta de Secretaría.
– 20:00 h. Presentación de Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, de Xulio Pardo de Neyra, publicado por Embora.
Feira do Libro da Coruña 2019: actividades literarias destacadas do 8 de agosto
O
8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Presentación de Bergan, de José Lorenzo Tomé, publicado por Baía Edicións. Participan Xosé Manuel Fernández Costas e Belén López.
– 18:00 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Vieitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.
– 19:00 h. Presentación de Sementes viaxeiras, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, publicado por Embora.
– 19:00 h. Conversa arredor de Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao, publicado por Apiario. Con Dores Tembrás.
– 19:30 h. Anxo Tarrío e Ana Cristina Vasconcelos asinan O mundo en que vivín, publicado por Hércules de Edicións.
– 19:30 h. Eduardo Pérez Baamonde asina Cadernos de viaxe, na caseta de Lume.
– 19:45 h. Presentación de Hei de entrar no meu povo. Reivindicarmos Carvalho Calero, con Bernardo Máiz e Xosé María Dobarro, publicado por Embora.
– 19:45 h. 10 Tips para Booktubers (maiores de 14 anos). Por Illa Bufarda e booktuber Nubes baixo ti. Obradoiro de creación para booktubers.
– 20:30 h. Presentación O último barco, de Domingo Villar, publicado por Galaxia.
Monterroso: presentación de Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, de Xulio Pardo de Neyra
Cedeira: presentación de Guadi Galego. Pola beira da canción, de Pepe Cunha
Carballo: actividades destacadas do 13 e 14 de xullo na Praza dos Libros 2019
Finaliza
a edición de 2019 da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 11 ao 14 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para este fin de semana, destacamos os seguintes:
Sábado 13
– 11:00 h. Un paseo entre viñetas, obradoiro de iniciación á banda deseñada a cargo de Manel Cráneo. Prazas limitadas.
– 11:30 h. Presentación de Diario sen datas dunha aborixe galega, de Diana Varela Puñal, publicado por Laiovento. Presentada por Fernando Cabezas Quiles.
– 12:30 h. Concerto-presentación do libro-disco Cores, contos e Rock’N’Roll, de Pakolas, publicado por Kalandraka. Coa colaboración de Laura Romero.
– 19:30 h. Sinatura de libros a cargo de Alberto Varela Ferreiro (Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, Xerais); Xan Fraga (Carballo na memoria, Phottic/Galaxia); e Isabel Villanueva (O galego mola, Hércules).
– 20:00 h. Sinatura de libros a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz e Laura Tova (Música no faiado, Xerais); Fernando Calvo Trincado (O vello dos chupetes, Círculo Rojo); e Xabier Maceiras (Antoloxía das Confidencias de Picadillo).
Domingo 14
– 11:00 h. Presentación de Nas cortinas do tempo, de José Antonio Andrade, publicado por Embora. Acompañado por Santiago Pazos e Xosé Manuel Varela.
– 12:00 h. Manuel Rivas presenta Contra todo isto e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, publicados por Xerais. Participa, xunto ao autor, Xosé Ameixeiras.
– 13:00 h. Sesión vermú con Aldaolado (Lucía Aldao e María Lado): Cría fama e bótate a correr.
– 18:30 h. Concerto-presentación do libro-disco As viaxes de Paio e Aurelio, de Oviravai, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. Presentación de As ramonas, de Ana Cabaleiro, publicado por Galaxia. Participa xunto á autora Mercedes Queixas.
– 21:00 h. Presentación de Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Xerais. Participa Xurxo Chapela.
Ribadeo: Feira do Libro Letras no Campo 2019
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2019 para o 29 e 30 de xuño
O
30 de xuño continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 29
– 12:00 h. Isabel Villanueva asina O galego mola, na caseta da Libraría Don Papel.
– 13:00 h. Cantos de traballo das mulleres do mar, banda sonora da novela A gran travesía de Chiruca Macallás, espectáculo musical de Xurxo Souto.
– 13:00 h. Raquel Castro estará asinando exemplares de A formiga fóra do carreiro, publicado por Galaxia, na caseta da Libraría Pedreira.
– 17:30 h. Presentación de Sementes viaxeiras, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, publicado por Embora.
– 18:00 h. Marcos Viturro Gómez asina Patadas na boca, na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.
– 18:15 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Viéitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.
Domingo 30
– 18:00 h. Gabriel G. Esteves asina Matrioskas na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.
– 18:00 h. Concerto de presentación de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Héctor Cajaraville asina na caseta da Libraría Pedreira.
Gres (Vila de Cruces): presentación de Detrás dos perdidos, de Pedro Rielo
Lugo: presentación de Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, de Xulio Pardo de Neyra
O
13 de xuño, ás 19:00 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), Xulio Pardo de Neyra presenta o libro Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única, publicado por Edicións Embora. No acto, xunto ao autor, participa María Victoria Carballo-Calero Ramos.




