O
venres 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Sala Azul do Edificio Liceo de Betanzos, preséntase a última obra de Xabier López, Cando Artur non era rei, publicada en Galaxia. No acto acompañan ao autor Gabriela Rodríguez, presidenta da A. C. Eira Vella, e Francisco Castro.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Doce editoras galegas na Feira do Libro de Guadalajara, México
“Doce
editores galegos amosarán as súas novidades editoriais na FIL, a Feira do Libro de Guadalaxara, México. A relación de editorias componse das seguintes empresas: Editorial Linteo, Editorial Ideas Propias, Kalandraka Editora, Biblos Clube de Lectores, Ediciones del Viento, Alvarellos Editora, OQO Editora, Everest Galicia, Editorial El Patito, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e MCSport. A Asociación Galega de Editores e a Consellería de Cultura participan con stand dende o ano 2008. (…) A edición deste ano non contará coa presenza de creadores e de representación institucional. A AGE conta cunha axenda de traballo propia destinada á promoción comercial da produción galega.” Desde a Asociación Galega de Editores.
A Coruña: entrega do Premio Repsol a María López Sández
O
xoves 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita, 17) da Coruña, terá lugar a entrega do Premio Repsol a María López Sández, pola súa obra A forma das nubes.
Na lembranza de Xoán González-Millán, por Dolores Vilavedra
Artigo
de Dolores Vilavedra en Galaxia:
“Hai dez anos falecía en New York, víctima dun accidente de tráfico, Xoán González-Millán. O 2002 foi un ano duro: recén encetado perdíamos Carlos Casares e, cando case lle puñamos cabo, veu mancarnos esoutro pasamento inesperado. Os camiños vitais de Xan e Carlos cadraron moito máis do que a simple vista poida parecer, e por iso quero lembralos hoxe aquí. Alén desa morte súpeta e prematura que disque o destino lle ten reservada aos eleitos, ambos eran moi semellantes no vital e no intelectual: moi amigos dos seus amigos e amantes incondicionais da tertulia, os parrafeos nocturnos na casa de Vilariño eran unha competición de enxeño, e para os convidados un espectáculo ver faiscar senllas intelixencias. Carlos foi o mellor cómplice que Xan puido atopar para botar adiante os seus proxectos, tanto tempo soñados, para unha Galicia mellor, máis culta, crítica, lúcida e competente. Procurar o talento alí onde estivese, e darlle ocasión de desenvolverse, foi tamén unha teima común, que axiña deu froitos logrados: se o Anuario de estudios literarios galegos se fixo realidade a partir de 1992 foi polo apoio incondicional de Carlos, que lle abriu a Xan, de par en par, as portas de Galaxia. Carlos e Xan combinaban un don singular que era a capacidade de exercer a crítica sincera cunha dose de cordialidade que anulaba calquera efecto colateral non desexado. Conscientes de que a este país lle sobraba compracencia e lle faltaba madurez cívica, ambos entenderon esa práctica crítica como unha faceta máis do seu compromiso íntimo con Galicia. Se no caso de Carlos ese compromiso se encarreirou máis polos vieiros institucionais (do Parlamento á dirección de Galaxia e logo á presidencia do Consello da Cultura), Xan concretouno nun mangado de libros que renovaron radicalmente os estudos literarios galegos, aínda moi ancorados nuns modelos historicistas que nin sequera o pulo estruturalista e as contribucións feitas nos 80 dende eidos como a narratoloxía conseguirán actualizar en plenitude. (…)”.
Vídeo da presentación de Verde oliva, de Xavier Alcalá, na Feira do Libro da Coruña de 2012
Vídeo da presentación na Feira do libro da Coruña 2012 de Verde oliva, de Xavier Alcalá, publicado en Galaxia. Acompañan o autor Víctor F. Freixanes, Vicente Araguas e Tati Mancebo. Desde o blogue do autor.
Lérez: proxección e presentación de Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey
O
venres 23 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Lérez, a Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez organiza a proxección da película e presentación do libro Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey, publicado en Galaxia.
Xavier Alcalá: “Hai moitísimas semellanzas entre Fidel Castro e Franco”
“O
titular é unha frase de Xavier Alcalá tirada da entrevista que publicou o Faro da Cultura e na que o autor de Verde Oliva conversa con Lourdes Varela. Entre outras cousas, sinala que escolleu o formato da novela para contar esta historia pola necesidade de protexer a persoas reais. Pódese descargar a conversa completa, en formato PDF aquí“. Desde Galaxia.
Allariz: actos literarios con Miguel Anxo Fernández
O
luns 19 de novembro, en Allariz, Miguel Anxo Fernández terá as seguintes actividades arredor do seu libro Lume de cobiza, publicado en Galaxia:
– De 10:30 a 12:00 h. Tertulia Literaria no Centro Social da rúa do Portelo, con clubes de lectura de Maceda, Xinzo e Allariz.
– De 12:30 a 13:30 h. Encontro do autor con todo o alumnado na Casa da Cultura.
Miami: presentación de Verde Oliva, de Xavier Alcalá, na Feira do Libro
O
xoves 15 de novembro, ás 19:00 horas locais, na Feira do Libro de Miami, Xavier Alcalá presenta a súa última novela, Verde Oliva, publicada en Galaxia.
Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, candidata ao Premio Casino de Santiago
“Xa
hai finalistas para a décima edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que recoñece as mellores novelas europeas do ano. Nesta edición, Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, atópase entre as seleccionadas. Terá que competir coas obras De vidas ajenas, de Emmanuel Carrère, editada por Anagrama, Con el agua al cuello, de Petros Márkaris, de Tusquets, La acabadora, de Michela Murgia, editada por Salamandra e Los enamoramientos, de Javier Marías, da editorial Alfaguara.” Desde Galaxia.