O
xoves 27 de decembro, ás 20:00 horas, na Asociación de Veciños do Burgo de Pontevedra, proxéctase a película e preséntase o libro Dúas letras, de Eloy Varela e Fina Casalderrey, publicada en Galaxia.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Ribeira: presentación de A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar
O
mércores 26 de decembro, ás 20:00 horas, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, preséntase A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Francisco Castro, Quico Cadaval e Tonhito de Poi.
A Antoloxía da literatura galega achega ao inglés as letras máis recentes
“Logo
dun ano e medio do primeiro volume, as editoras Galaxia e Xerais lanzan unha segunda entrega da Anthology of Galician Literature / Antoloxía da literatura galega. Coordinada, como no caso do anterior tomo por Jonathan Dunne, esta obra bilingüe achega ao inglés unha selección de obras da nosa literatura, desta volta publicadas entre 1981 e 2011. Na maior parte dos casos os autores recollidos seleccionaron eles mesmos os seus textos. O volume de 400 páxinas sae á venda a un prezo de 30 euros.” Desde Cultura Galega.
A Coruña: presentación de O peizoque Roque, de Dores Tembrás
O
venres 14 de decembro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Infantil e Xuvenil (Rúa Durán Loriga, 10) da Coruña, preséntase O peizoque Roque, de Dores Tembrás, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participa o ilustrador do libro, Xosé Tomás.
Santiago: presentación de Queer-emos un mundo novo, con Teresa Moure
Xosé Monteagudo: “Asumir o punto de vista de Agapito Pazos para esta novela foi un reto como escritor”
Entrevista
a Xosé Monteagudo en Diario de Pontevedra:
“(…) – Diario de Pontevedra (DP): Como coñeceu a historia de Agapito Pazos?
– Xosé Monteagudo (XM): Pois como moita outra xente, cando faleceu e apareceu nos xornais. Máis tarde escoitei dicir que, en realidade, se levara con moita discreción o que foi a súa estancia no Hospital Provincial, o que eran as súas circunstancias particulares, para non perturbarlo con interferencias do mundo exterior na súa rutina.
– DP: E quedou impactado.
– XM: Dende o primeiro momento. Pareceume absolutamente sorprendente, conmovedor, que unha persoa pasase 77 anos da súa vida nun hospital, metido nun cuarto e vendo a vida pasar, dende que era un cativiño ata que morreu, nese espazo. Empecei a reflexionar inmediatamente sobre que perspectiva histórica podía ter esa persoa cunha existencia tan impresionante.
– DP: Precisamente di a editorial (O curioso mundo das persoas normais, publicado en Galaxia) que fai «un repaso a boa parte do século XX». Sen saír dun cuarto?
– XM: Claro. Agapito Pazos seica ingresou arredor do ano 33. O meu personaxe faino un pouquiño antes porque quería que tivese certa consciencia a mediados desa década, que puidese percibir cousas que pasaban digamos por exemplo no 36, ao comezo da Guerra Civil. Con el o lector vai vivir todos os cambios sociais e históricos que se produciron ao longo de todo o século XX, que foron brutais. E sen saír á rúa. O reto para min era tamén este: ser quen de contar a historia sen resultar… (…)”
Pontevedra: sinatura de libros de Xosé Monteagudo
O
martes 11 de decembro, ás 20:00 horas, na Librería Cronopios (Rúa Frei Xoán de Navarrete, 5) de Pontevedra, o escritor Xosé Monteagudo asinará exemplares da súa nova novela, O curioso mundo das persoas normais, publicado en Galaxia.
Concertos de presentación de Bicos de música no seguinte mes
O
libro-CD-DVD Bicos de música, de Mamá Cabra, publicado en Galaxia, será presentado con varios concertos durante as seguintes datas:
– Sábado 8 de decembro, ás 19:00 horas, na FNAC (Praza de Lugo), da Coruña.
– Xoves 27 de decembro, ás 18:00 horas, en Cangas.
– Venres 4 de xaneiro, ás 19:00 horas, en Ribeira.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o domingo 2 de decembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, remata esta edición no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:
Domingo, 2 de decembro
– 12:00 h. Redelibros: novos camiños para a edición. NO SALÓN.
– 12:00 h. Cine e literatura: A Esmorga de Blanco Amor na gran pantalla. NO GARAXE.
– 12:30 h. Eloy Varela e Fina Casalderrey: Dúas letras. A curta que arrasa nos festivais galegos, publicada en Galaxia. NO GARAXE.
– 13:00 h. Conversa de María Solar con José Domingo, Xavier Alcalá e dos lectores/as de Espazo Lectura con Agustín Fernández Paz. NO SALÓN.
– 13:00 h. Mesa redonda: O teatro para nenos e nenas en Galicia. Organizada por Escena Galega. NO ESTUDIO.
– 16:30 h. Camilo Franco: Dez obras na vida de Vidal Bolaño. NO SALÓN.
– 17:00 h. Francisco Pillado (coord.): Banqueiros, publicado en Laiovento. O teatro tamén ten algo que dicir ante a imposición da crise. NO SALÓN.
– 17:30 h. A máquina do tempo. Un disco-libro ilustrado que fala da memoria. NO PATIO.
– 17:30 h. Manuel Rivas: As voces baixas. Lectura dun fragmento. Participa, xunto ao autor, Manuel Bragado. NO SALÓN.
– 18:00 h. Presentación da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño, publicada por Positivas, e da Asociación Roberto Vidal Bolaño. NO SALÓN.
– 18:00 h. Sinatura no stand de Xerais da triloxía Dragal, de Elena Gallego.
– 18:30 h. Presentación a xeito de recital do libro Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, acompañado por Ledicia Costas.
– 19:00 h. Conversa de Belén López con Manuel Lourenzo, Teresa González Costa, Teresa Moure e María Reimóndez, sobre Escrita teatral. NO SALÓN.
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o venres 30 de novembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2012, comeza este venres 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2012, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para o seu primeiro día:
Venres, 30 de novembro
– 11:30 e 12:30 h. Conversa con Marcos Calveiro. Con centros educativos. NO SALÓN.
– 17:00 h. Aurora Marco: María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana. NO SALÓN.
– 17:30 h. María López Sández: A forma das nubes, publicada en Galaxia. Premio Repsol de Narrativa Breve. NO SALÓN.
– 18:00 h. Ramón Caride: Sarou/Louzós, publicado en Xerais. A crónica de sucesos na literatura, no xornalismo e na fotografía. NO SALÓN.
– 18:30 h. Lorena López Cobas: Historia da música en Galicia. NO SALÓN.
– 19:30 h. Gustavo Pernas Cora: Tres Logomonos: Colgados, Pisados, Snakizados, publicado en Laiovento. Dándolle a volta aos monólogos. NO SALÓN.
– 20:00 h. Conversa de Alberto Ramos con Ignacio Escolar, Xosé Monteagudo e Rexina Vega. NO SALÓN.
