Arquivos da etiqueta: María Solar
Entrevista á escritora, poeta e tradutora Marilar Aleixandre
Desde
a Televisión de Galicia:
“A Real Academia Galega ten unha nova incorporación. A escritora, poeta e tradutora Marilar Aleixandre que ocupará a cadeira do finado Neira Vilas. Unha muller das ciencias e da investigación. Bióloga, catedrática da USC, escritora para todos os públicos. Muller de ciencias e letras. Da educación. Tremendamente activa en todos os eidos. É a sexta muller na Real Academia Galega. Á entrevista, feita por María Solar, pode accederse aquí.”
Artigos sobre Agustín de Ramón Nicolás, Manuel Rivas e María Solar
Estes
son os artigos publicados en La Voz de Galicia sobre Agustín Fernández Paz, por:
– Ramón Nicolás: Non cabe na morte.
“Un poeta venezolano con raíces portuguesas, Joaquín Marta Sosa, escribiu, cando soubo da morte doutro poeta chamado Manuel de Cabral, que este «non cabía na morte». Non se me ocorre outra afirmación que cadre, neste momento triste, para falar de Agustín Fernández Paz: non cabe na morte porque desde onte foi quen de facerlle un caneo colosal e, malia ser tanxible e dolorosa a orfandade na que nos deixa, reaparece poderosamente diante de nós para perdurar nunha nova dimensión. Todo cobra un sentido diferente que, talvez pola familiaridade que nos inspiraba, non eramos quen de ver con claridade e, ás veces, só sospeitabamos. (…)”
– Manuel Rivas: O fío do leite.
“(…) Este é un país envellecido demograficamente, máis cheo de crianzas da imaxinación. Semella que os eidos están abandonados de cultivos, que as vacas de hogano son as últimas, que hai seca nos depósitos da esperanza. Mais todo iso é un pesadelo pasaxeiro. O fío de leite escintilante co que escribía Agustín, ese activismo do soñar, enxerta presente e futuro, é unha transfusión liberadora. Grazas a Agustín este nunca será un país estéril. (…)”
– María Solar: O amor que nos deixa.
“(…) Agustín escribía para cambiar o mundo, para afianzar a fala, para facer pensar e sentir. Elixiu escribir principalmente para os máis novos e levou a literatura infantil e xuvenil en galego a metas que, ata el, parecían inalcanzables. Foi un daqueles mestres dos anos oitenta que decidiron actuar para renovar a escola e iso tamén implicaba darlles aos máis novos alimento escrito na nosa lingua. Desde aqueles colectivos comezou a publicar os primeiros textos narrativos pensados como parte das necesidades educativas, ata que o medio se converteu nun fin, e Agustín nun narrador de seu. «Eu empecei nisto de escribir ben serodio, xa tiña os corenta», contaba sorrindo (porque el sorría a miúdo). (…)”
María Solar publica As horas roubadas
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Trátase da súa primeira novela para adultos. Pode accederse á entrevista aquí.”
Compostela: presentación de Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 1
O
venres 1 de xullo comeza a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 12:00 h. Pregón de Antonio García Teijeiro. Ao remate o autor asinará exemplares da súa obra na caseta da secretaría da feira.
– 19:00 h. Presentación dos libros de teatro As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro, e Moito Morro Corporation, de Carlos Labraña, publicados por Galaxia. Haberá unha representación teatral dun fragmento das dúas obras.
– 19:30 h. Sinatura de As horas roubadas, de María Solar, publicado por Xerais, na caseta da secretaría da feira.
– 20:30 h. Presentación de O espello do mundo, de Ramón Nicolás, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Marga Romero, José Yuste Frías e Fran Alonso.
Pontevedra: presentación de As horas roubadas, de María Solar
Crónica videográfica da I Gala do Libro Galego (II)
O
sábado 14 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo lugar a I Gala do Libro Galego, convocada conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Entrega do Premio na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil (recolle María Solar):
– Entrega do Premio na categoría de Iniciativa bibliográfica (recolle Antonio García Teijeiro):
– Entrega do Premio na categoría de Iniciativa cultural ou de fomento da lectura (recolle Beatriz Núñez):
Entrevista a María Solar nos Premios Xerais 2016
Redondela: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 18 e domingo 19
O
domingo 19 finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario para os seus dous últimos días de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:
Sábado 18
– 18:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz. A actividade está promovida por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Manrique Fernández asina exemplares de Tres feridas, publicada por Belagua, na caseta da Libraría Molière.
– 20:00 h. Presentación de As horas roubadas, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, a autora estará acompañada por Manuel Bragado.
– 20:00 h. Jorge Rodrigues Gomesende asina exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
Domingo 19
– 19:00 h. Coloquio A muller na literatura, coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Iolanda Zúñiga, Fina Casalderrey e Ana Tierra.


