Arquivos da etiqueta: Marta Dacosta
Gondomar: presentación de 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca
O venres 19 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala de conferencias do Instituto de Estudos Miñoranos, aula Ponte de Rosas, situada na Avenida da Feira, 10, baixo, de Gondomar, preséntase o libro colectivo 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, coordinado por Suso Díaz e Helena Villar Janeiro, e publicado por Biblos. No acto participan Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Ledicia Costas, Miriam Ferradáns e Irene Silva, que nos ilustrarán sobre a xestación deste orixinal e importante libro e recitarán algúns dos seus poemas.
Vídeo da presentación na Libraría Cartabón de Vigo de 6 poemas 6 Homenaxe a Federico García Lorca
Galería de fotos do Paseo polo Vigo Literario do 17 de outubro, con Marta Dacosta
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo polo Vigo Literario, da man de Marta Dacosta, que tivo lugar o pasado 17 de outubro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí. As fotos que se reproducen neste artigo son de Xosé Lois López Núñez.
A Coruña: Manuel María. Lúas de Outono 2015
III Feira do Libro de Ribadeo (do 3 ao 5 de xullo)
O Premio Fiz Vergara Vilariño descobre a poeta Charo Lopes
Desde Sermos Galiza:
“Ao abrir a plica da XV edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño ía aparecer un nome até o momento non vinculado á escrita literaria. O xurado composto por Marta Dacosta, Verónica Martínez e Miguel Anxo Fernán-Vello ademais da alcaldesa de Sarria, Pilar López, con voz e sen voto e a presidenta da Asociación Ergueitos -convocante- María Casar, en calidade de secretaria, escolleu por unanimidade o poemario de Charo Lopes como gañador dunha nova edición do premio que se fallou esta segunda feira.
“Vinme vivir para o rural e estou a ter unha vida máis saudábel que me permite escribir e ter unha vida mellor. O feito de ser premio con dotación económica tamén é importante xa que, malia ter horta e moitas actividades relacionados co agro, a miña situación é precaria”, explica a gañadora, Charo Lopes, licenciada en Xornalismo e con formación como fotógrafa mais asentada na comarca de Arzúa dedicándose á vida no agro. “Optei por esta vida por non querer emigrar e ter unha profesión que conta con poucas saídas de traballo”, explica ao tempo que considera un “luxo” poder dedicarse á escrita, agora de forma individual xa que, como explica, son moitos os textos nacidos en coautoría e sen sinatura. “Escribín moito desde o anonimato colectivo. Militei moitos anos en Ami mais aquel traballo de escrita non tiña o protagonismo que ten o ambiente literario”, anota. (…)”
Charo López Sánchez gaña o XV Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
Desde a A. C. Ergueitos:
“En Sarria a 22 de maio de 2015.
Reuniuse o xuri do XV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Marta Dacosta, Verónica Martínez e Miguel Anxo Fernán-Vello, actuando con voz e sen voto como Presidenta a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.
Por unanimidade acordouse conceder o XV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño á obra presentada baixo o lema De como acontece a fin do mundo, co seudónimo Morgana de Camelot. O xurado valorou especialmente o discurso e o carácter unitario do libro, que constitúe una “crónica vital”, na que se entrelazan a experiencia existencial e a tensión social, unido isto a unha linguaxe poética de gran efectividade expresiva.
Aberta a plica en acto público ás 18:00 horas a obra presentada baixo o lema De como acontece a fin do mundo resultou ser da autoría de Charo López Sánchez.”
Compostela: obradoiro de creación literaria con Marta Dacosta
Noia: presentación de dun lago escuro, de Marta Dacosta
O venres 29 de maio, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Noia, terá lugar a presentación do libro dun lago escuro, de Marta Dacosta, publicado en Xerais. No acto, organizado por A Lanzadeira de Alcor e Xerais, participa, xunto á autora, Manuel L. Rodríguez.